AS PISCINAS MUNICIPAIS DE CARRAL VOLVEN A ABRIR AS PORTAS ESTE SÁBADO
O concello de Carral abrirá ao público o sábado 13 de xuño as piscinas municipais de Paleo, que o igual que en tempadas pasadas, terá un horario de apertura de 12 a 21 h, de domingo a luns. Estas instalacións, que datan de 1995, se encontran incluídas no Complexo Deportivo e Cultural de Paleo e están compostas de dúas piscinas, unha delas do tipo recreativo (de 25 m x 12,5 m) e outra do tipo chapuzadura infantil.
Os prezos este ano serán os seguintes:
PREZOS DAS PISCINAS EXTERIORES MUNICIPAIS:(BOP número 188, do venres 30 de setembro de 2011) | ||
Entrada libre diaria xeral | 1,50 € | |
Entrada libre diaria para menores de 18 anos, 3ª idade e minusválidos | 1,00 € | |
Abono individual tempada de verán. | 13,00 € | |
Abono familiar tempada de verán. | 22,00 € | |
Abono individual para menores de 18 anos, 3ª idade e minusválidos | 10,00 € | |
Aluguer de tumbonas. | 1,50 € | |
Aluguer de calles da piscina. | 10 €/calle/sesión | |
Descontos voluntarios de protección civil. | Entrada individual gratuíta | |
Menores de 3 anos | Gratis | |
Fianza pola tarxeta de acceso dos socios | 3,00 €/tarxeta | |
Nas piscinas, que contarán con varios socorristas para a súa vixilancia, os bañistas deberán usar roupa de baño e chanclas, sendo recomendable o uso de gorro. Ademais deberanse cumprir todas as normas relativas ás piscinas de uso público.
Por outra parte, en breve presentarase a programación de actividades deportivas cara o verán 2015, dentro do cal estarán incluídos os cursos de natación entre outras moitas actividades.