LISTAS DE ADMITIDOS NOS CURSOS DE PÁDEL DO MES DE XULLO
Rematado o prazo de inscrición nos cursos de pádel do mes de agosto, fanse públicas as LISTAS DE ADMITIDOS – HORARIOS E GRUPOS
INFORMACIÓN DOS CURSOS DE PÁDEL:
Datas e horario: do 1 ao 31 de xullo
Grupo 1: luns e mércores de 19:30 a 20:30 h
Grupo 2: luns e mércores de 20:30 a 21:30 h
Lugar: Complexo Deportivo de Carral
Destinatarios: A partir de 6 anos (preferencia empadroados/as).
Prezo: 22 € /mes
Observacións para a inscrición:
Prazo dende o 21 (09:00 h) ao 26 (12:00 h) de xuño.
Prazas limitadas / adxudicaranse por orde de inscrición
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:
– Por orde de inscrición ou ata esgotar a oferta
– Preferencia aos empadroados/as.
Publicación das listas de admitidos: 27 de xuño.
Prazo de pago: entre o 28 e 30 de xuño (ata ás 14:00 h). Se o interesado non fixera o pago nas datas sinaladas, perderá a praza en favor do primeiro inscrito en lista de espera se a houbese.
Máis info no Complexo Deportivo (678.33.88.47) ou en complexo.deportivo@carral.es