FERNANDO DÍAZ REPITE TÍTULO NA CRONOESCALADA AO XALO

O corredor do club ciclista Betanzos repetiu a primeira posición do ano pasado, esta vez cun tempo de 20 minutos e 2 segundos.

Campión. Fernando Díaz

Un total de 56 ciclistas de distintos puntos de Galicia tomaron a saída o sábado na 5ª edición da Escalada Ciclista ao Monte Xalo. A proba, organizada pola Pena Ciclista Monte Xalo coa colaboración do Concello de Carral, empezou ás 17:13 h desde o campo da Feira de Carral, pasando polas poboacións de Cabrois e Castelo para terminar na urbanización do Monte Xalo.

O mellor tempo marcouno, do mesmo xeito que o ano pasado, Fernando Díaz Souto, do club ciclista Betanzos, que competía co dorsal 56 e parou o crono en 20 minutos e 2 segundos, 21 segundos por baixo da marca que el mesmo marcou o ano pasado pero lonxe, aínda do récord (19´44”) en mans do betanceiro Ramón Roel dende agosto do 2013. Con todo, este ano o título estivo máis disputado que nunca; o subcampión, Ginés López (20´08”), quedou a só 6 segundos, mentres que o terceiro clasificado, José Carlos Abellá (20´11”, que xa sabía o que era subir ao podio nesta proba (2º no ano 2014)), quedou a 9 segundos do primeiro e 3 do segundo.

Miguel Manteiga

 

A proba desenvolveuse con bo tempo e con vento de cola nos últimos quilómetros, o que deu un pequeno respiro á xa de seu dura ascensión de 8,5 km, con pendentes máximas do 14 % e 29º de temperatura. Esta é unha das probas máis duras e, pola beleza da paraxe natural no que se desenvolve, ao mesmo tempo una das máis atractiva do calendario ciclista do verán.