OS TÍTERES DO FESTIVAL GALICREQUES VOLVEN A CARRAL
Un ano máis, o festival Galicreques das Mariñas volve a Carral presentando dous espectáculos.
Os rapaces de Educación Infantil do colexio Vicente Otero gozarán da obra Cenicienta, da compañía madrileña La Mar de Marionetas. Será unha función escolar no local Xente Nova en Tabeaio o venres 27 de outubro.
Aberta a todo o público e recomendada para maiores de 6 anos de idade, a compañía galega A Xanela do Maxín, presentará no edificio Toñito Espiñeira o espectáculo As Aventuras de Gale. Será o sábado 28 de outubro, ás 18:00 h. A entrada é de balde e o aforo limitado. É necesario que as idades se axusten ao especificado pola compañía, e que se sexa puntual para non interrumpir a función unha vez comezada.