CASE 70 ARQUEIROS/AS PARTICIPARON NO TORNEO DE CARRAL

O municipio  carralés celebrou este sábado a 11ª edición deste torneo do Nadal.

O sábado 22 de decembro, disputouse no pavillón do Espiño de Carral a undécima edición do Trofeo de Tiro con Arco  Concello de Carral. Este evento foi organizado polo club Arqueiros do  Adarve coa colaboración do Concello de Carral. O seu principal obxectivo é o fomento dunha práctica deportiva saudable entre os máis novos. Nel inscribíronse 68 porteiros/ as distribuídos en 12 escolas/clubs deportivas de diversos puntos da xeografía galega como A Coruña, Teo, Arzúa, Ordes, Laracha, Vimianzo, Betanzos, Corme, Ponteceso, San  Ciprian Lugo e, por suposto, o club de tiro con arco  Adarve de Carral.

O evento comezou sobre as 17.00  h. con porteiros de idades comprendidas entre os 7 e os 65 anos. A competición, cun formato por puntuación, constou de 7 categorías que agruparon a todos os arqueiros; Esquío,  Benxamíns, Alevíns, Infantís, Cadete, Noveis e  Sénior (todas elas masculino e feminino).

 

 

Despois dunha hora e media de competición, os resultados foron os seguintes:

Campión esquio……………………………. Nicolás Insua González – Vimianzo (297 ptos)

Campioa esquio……………………………. Nelia Illodo García – Teo (219 ptos)

Campión benxamín……………………….. Julián Santamaría López – Lugo (321 ptos)

Campioa benxamín………………………. Antía Perez Vicente – Laracha (291 ptos)

Campión alevín…………………………….. Hugo Piña Insua – Carral (242 ptos)

Campioa alevín……………………………. Lara Díaz Martínez – Guitiriz (285 ptos)

Campión infantil……………………………. Francisco Carballeira Vieites – Adarve (310 ptos)

Campioa infantil……………………………. Lourdes Loureiro Casás – Laracha (258 ptos)

Campión cadete…………………………… José Vázquez Blanco – Laracha (206 ptos)

Campioa novel feminina………………… Altair Piña Insua – Carral (262 ptos)

Campión novel masculino……………… José Manuel Piña Pena – Carral (300 ptos)

Campioa sénior feminina……………….. Ana Villar Fernández – Lugo (281 ptos)

Campión sénior masculino……………… Santiago Castro Fernández – Guitiriz (317ptos)

Ao terminar o acto, ao redor das 19.15  h, todos os participantes puideron degustar uns ” entremeses” ofrecidos polo club  Adarve, mentres os xuíces do acto ditaminaban as puntuacións finais. Unha vez aclarados os postos dos porteiros, o concelleiro de deportes, Rubén Regueira  Moar, fixo entrega dos trofeos aos mellores en cada categoría