SORTEO DAS PRAZAS DA CAMPAÑA DE ESQUÍ 2019
As prazas adxudicadas ao concello de Carral serán sorteadas o vindeiro luns 14, ás 9.30 h no salón de plenos do concello.
Unha vez terminado o prazo para anotarse na Campaña de Esquí 2019 e superadas as 4 prazas adxudicadas inicialmente pola Deputación da Coruña, o concello de Carral celebrará un sorteo o vindeiro luns 14 de xaneiro ás 9.30 h no salón de plenos municipal. Do mesmo sairán os 4 afortunados que gozarán da neve na estación invernal de Manzaneda.
A viaxe está incluído na Campaña de Esquí 2019 que organiza a Deputación da Coruña, na que nenos/ as da provincia achéganse e coñecen o deporte do esquí durante 4 días. O prezo da viaxe total da viaxe é de 85 €, que inclúen o transporte, estadía e manutención, clases de esquí, monitores, seguros, aluguer do material, forfait, etc.
Para todos aqueles interesados, poden informarse na Casa da Cultura de Carral, no 981.67.25.80 ou en deportes@carral.es.