A COMEDIA “DESENCAIXADOS” PRESÉNTASE EN TABEAIO
A compañía O Aturuxo de Melpómene toma a quenda no ciclo Teatro de Outono que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Carral para presentar a súa comedia “Desencaixados”.
A obra, que se mergulla con humor na crise pola que pasa actualmente a nosa sociedade, está dirixida por Pablo Sánchez (Pablísimo) e protagonizada por Juanín Ares Gondell, Iván González, María Veiga, Agustín Bolaños, Óscar Manso e Tere Rúa. Esta última conseguiu pola súa interpretación os premios á mellor actriz na 3ª Edición do Certame Nacional de Teatro Afeccionado de Guardo (Palencia) e na 11ª Mostra de Teatro Afeccionado de Sada.
A función comeza ás 20:00 h. no local Xente Nova de Tabeaio. A entrada é de balde.
[kad_youtube url=”https://www.youtube.com/watch?v=C5BF-GpiEH0″]