Entries by prensa

,

Carral activa un espazo web con toda a información sobre o Inventario de camiños e vías municipais

O Concello de Carral habilitou na súa páxina web oficial unha nova pestana en portada que recolle toda a información relativa ao Inventario de camiños e vías municipais, co obxectivo de facilitar o acceso á documentación por parte de todos os veciños e veciñas. Esta iniciativa púxose en marcha logo da publicación no Boletín Oficial […]

, , , , ,

O ALCALDE IMPULSA UN ORZAMENTO DE 7 MILLÓNS, O MÁIS ALTO DA HISTORIA DE CARRAL

O alcalde, José Luis Fernández Mouriño, elevará ao pleno do xoves os orzamentos de Carral do 2026. O documento do exercicio ascende a 6.921-901,26 euros, o que supón un crecemento de preto do 10% respecto ao último (de 6.321.018,87 euros). Trátase, como avanza o rexedor, dos orzamentos máis “altos da historia do municipio”. Con todo, […]

, ,

O CONCELLO DESPEXA O CAMIÑO PARA A IMPLANTACIÓN DO SANEAMENTO EN GOSENDE

O Concello avanza na implantación de saneamento naqueles puntos do termo municipal que aínda carecen deste servizo. Un dos próximos proxectos que se executarán será o de Gosende (parroquia de Tabeaio). Trátase dunhas obras que se financiarán co Plan Único da Deputación da Coruña e que supoñerán un investimento de 278.358,51 euros. O Concello formalizou, […]

,

CARRAL CONCLÚE A TRAMITACIÓN DO PXOM Á ESPERA DE TRES INFORMES SECTORIAIS

O alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, e o concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, Óscar Bodelo, mantiveron esta mañá unha reunión coa directora xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia, Encarnación Rivas, para abordar distintas cuestións estratéxicas para o desenvolvemento do municipio, entre elas, o estado de tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal […]

, ,

PRIMEIROS AUXILIOS PEDIÁTRICOS E MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS NO FOGAR, OS NOVOS OBRADOIROS GRATUÍTOS DO CONCELLE DE CARRAL

O Concello de Carral organiza dous novos cursos formativos de carácter gratuíto, nesta ocasión centrados na saúde e a alimentación: primeiros auxilios pediátricos e manipulación de alimentos no fogar. O taller de primeiros auxilios pediátricos será o primeiro de ambos e impartirase o mércores 25 do próximo mes de marzo. O horario será de mañá, […]

, ,

CARRAL IMPULSA O PROXECTO DUNHA NOVA ESTACIÓN DEPURADORA DA MAN DA XUNTA

O Concello de Carral continúa dando pasos firmes para a construción dunha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR), unha infraestrutura estratéxica que permitirá mellorar de maneira significativa o servizo de saneamento no municipio e planificar con garantías o seu crecemento futuro. O alcalde, José Luis Fernández Mouriño, e os concelleiros Óscar Bodelo e Francisco […]

,

Carral impulsa a integración das persoas maiores no mundo da tecnoloxía con cursos formativos de balde

O Concello de Carral organiza, de cara ao vindeiro mes de marzo, uns cursos formativos gratuitos de iniciación á tecnloxía para impulsar a integración das persoas maiores de 60 anos no mundo dixital. Estes obradoiros municipais impartiranse entre o luns día 9 e o xoves, 12 de marzo, en horario de mañá, das 10.00 ás […]

, ,

Carral e a Xunta de Galicia avanzan na mellora de infraestruturas deportivas

O alcalde de Carral, #osé Luis Fernández Mouriño, e os concelleiros Óscar Bodelo, Fran Bello, Patricia López, Isabel López e Cristina Casal, recibiron este luns ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, Diego Calvo, e á directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, nunha visita institucional centrada en varias actuacións prioritarias […]

, ,

Carral repartirá preto de 2.500 euros en premios no seu tradicional concurso de disfraces

O Concello de Carral celebrará o Entroido o vindeiro domingo 15 de febreiro de 2026 cunha variada programación festiva que terá lugar no Campo da Feira. O evento virará en torno ao tradicional desfile e concurso de disfraces, unha iniciativa que busca estimular e fomentar a participación veciñal. A xornada comezará ás 17:00 horas co […]