O ALCALDE ACADA A COLABORACIÓN DA XUNTA PARA CONSTRUÍR AS BANCADAS DO CAMPO DOS CAPELOS
O alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, alcanzou o compromiso da Xunta de Galicia para facer realidade unha importante demanda en materia de infraestruturas deportivas: a construción das futuras bancadas do campo de fútbol dos Capelos. Así se acordou na reunión que o rexedor e o concelleiro, Óscar Bodelo, mantiveron co secretario xeral para […]


