Entries by prensa

A XUNTA ABRE A CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DE NOVOS ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO E RESTAURACIÓN

Xa está aberta a convocatoria para a creación de novos establecementos de aloxamento e restauración. Estas axudas están dirixidas a pequenas, medianas e grandes empresas que planeen levar a cabo un investimento para crear un novo establecemento turístico en Galicia. Podedes consultar as bases da liña de subvención na seguinte ligazón. https://www.xunta.gal/…/AnuncioG0256-050424-0001_gl.html

,

O CONCELLO ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DAS SÚAS BOLSAS DE ESTUDO

Os veciños e veciñas poderán tramitar desde hoxe, xoves 18 de abril, a solicitude de bolsas educativas municipais do Concello. Con esta medida, o goberno local destinará 10.000 euros dirixidos a alumnos e alumnas de diferentes etapas educativas e que estean matriculados durante o curso 2023/2024. O obxectivo desta liña é colaborar coas familias do […]

A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL RESTRINXE AS QUEIMAS ATA NOVO AVISO

Ata novo aviso, a Consellería de Medio Rural non permitirá a realización de queimas en terreos agrícolas, forestais ou naqueles situados en zonas de influencia forestal. Isto implica tanto que non se expedirán novos permisos de queima como que quedan anulados os que están en vigor. Consulta máis información en: https://n9.cl/4o6zq

CARRAL E AFACO ORGANIZAN O CURSO ‘COIDADOS COMPARTIDOS’, DIRIXIDO A COIDADORES DE PERSOAS CON DEMENCIA

O Concello organizará, xunto con AFACO, o curso Coidados compartidos. Esta acción formativa está integrada dentro do programa que o Concello mantén coa entidade e, con ela, búscase brindar formación aos coidadores e coidadoras de persoas con demencia neurodexenerativa. O programa desenvolverase entre o mes de abril e maio, ao longo de catro sesións. En […]

,

CURSO GRATUÍTO DE PREVENCIÓN DE ATAQUES DE FAUNA SILVESTRE

A Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica) celebrará un curso gratuíto de Prevención de ataques de fauna silvestre en Carral. Será o venres, 19 de abril, entre as 9.00 e as 14.00 horas, na Casa da Cultura. De 16.30 a 19.30 horas a actividade continuará cunha visita a unha granxa no […]

A XUNTA RESTRINXE AS QUEIMAS AGRÍCOLAS E FORESTAIS DE PARTICULARES

Desde mañá venres, 22 de marzo, e ata novo aviso a Xunta prohibe as queimas agrícolas e forestais realizadas por particulares. A decisión foi tomada tras valorar a evolución da situación meteorolóxica e analizar diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Quedan excluídas desa prohibición as queimas controladas que realiza o servizo de […]

,

INFORMACIÓN SOBRE O REXISTRO DE CURRAIS (GALIÑEIROS) POR PARTE DE PARTICULARES

Segundo o Real Decreto 637/2021 sobre as normas básicas de ordenación das granxas avícolas, os particulares deben rexistrar os currais (galiñeiros) de autoconsumo. Isto é, currais avícolas onde haxa galiñas, polos, patos, ocas, pavos, pombas, faisáns, perdices ou paspallás. Co fin de facilitar este trámite, a veciñanza dispón do modelo de documento (MR501A) nas oficinas […]