O Boletín Oficial da Provincia de hoxe, mércores 16 de abril, recolle as bases das axudas ao estudo do Concello Carral.

O prazo de solicitude abrirarase a partir do día seguinte da publicación do extracto das bases no BOP.

Esta liña está dirixida a alumnado empadroado en Carral e matriculado nas seguintes etapas educativas durante o curso 2024/2025:

  • 2º ciclo de educación infantil
  • Educación postobrigatoria/formación profesional básica: ciclos formativos, bacharelato ou similares
  • Estudos universitarios oficiais

O Concello e a Asociación de Panadeiros de Carral xa teñen data para a celebración dunha das citas gastronómicas con máis renome e historia da comarca: a Festa do Pan. A vinte e unha edición terá lugar o sábado, 10 de maio, e o domingo, día 11. Serán dous días de programación nos que o pan será o gran protagonista, pero nos que haberá tempo tamén para degustacións, obradoiros para os máis pequenos, música, feira medieval e espectáculos, entre outras propostas.

A venda do bocadillo cardiosaudable será unha das atraccións principais do evento. Como é habitual, durante a celebración habilitarase un punto de venda no que o público asistente poderá degustar esta receita a base de pan, aceite, tomate e xamón. Outra das actividades estrela que tampouco faltará na Festa do Pan serán os talleres infantís de elaboración, onde os nenos e nenas aprenden a facer os bolos.

A vixésimo primeira edición levarase a cabo baixo o lema O pan de Carral, unha obra de arte sen igual, unha mensaxe coa que a organización busca poñer en valor o proceso artesanal que hai detrás desta receita tradicional. O alumnado do CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel encargouse do deseño do cartel, no que o bolo é o elemento central.

A Biblioteca municipal de Carral celebrará o mes do libro agasallando exemplares á cidadanía. O Concello instalou na entrada da Casa da Cultura un punto no que ofrecerá libros de balde que poden recoller as persoas amantes da lectura. Trátase dunha das accións que se organizan no mes de abril e con ela búscase un dobre obxectivo: dunha banda, estimular a lectura entre a veciñanza e doutra outra, promover un maior achegamento á biblioteca municipal.

As persoas interesadas, que non precisan ser socias da Biblioteca, teñen á súa disposición ata finais de mes propostas de todos os xéneros. Así, poderán atopar libros de narrativa, de poesía, teatro e ensaio para todas as idades.

A Biblioteca realiza esta acción grazas aos labores de expurgado dos fondos bibliográficos, así como ás doazóns de particulares e de cesión doutras administracións e institucións.

Contacontos

No marco da celebración do mes libro, o Concello celebrará, así mesmo, unha sesión de contacontos para nenos e nenas a partir de 4 anos o xoves, 24 de abril, a cargo dos Ratos de Lonxedetodo, da compañía Trinketrinke Teatro.

O Concello Carral publica un decreto de alcaldía para o uso de dominio público con motivo da Festa do Pan de Carral.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 2 de maio de 2025.

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (LPDCIF), ten como un dos seus obxectivos actualizar o réxime xurídico da loita contra os incendios no medio rural, integrando nel a prevención e a extinción, ademais da protección da poboación, das infraestruturas e das instalacións agrarias.


Comunícase ás persoas responsables que dispoñen ata o 31 de maio para o cumprimento voluntario da súa obriga para xestionar a biomasa nas parcelas afectadas polas redes secundarias de faixas nos seguintes termos:


– Nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, arredor de edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte e arredor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.


-Con carácter xeral, na mesma franxa de 50 metros mencionada non poderá haber especies como eucalipto, pino, acacia, mimosa, toxo, fieitas, entre outras.


En caso de incumprimento, se poderá proceder á execución subsidiaria a costa do responsable ou á imposición de multas coercitivas hasta que se realice a xestión ademais dunha sanción de entre 1000 a 100.000 euros. (Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007, artigo 74).


Para mais información pode contactar co Concello no 881 913 533.

O pleno do Concello de Carral acordou aprobar, inicialmente, a actualización das tarifas de aplicación aos servizos urbanos de taxi no Concello de Carral e someter o expediente a información pública (expediente 2024/V015/000004).

O período de exposición pública estará aberto durante o prazo de 20 días, contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no BOP de A Coruña, para a presentación de alegacións.

Carral continúa avanzando para implantar o servizo de saneamento en San Vicente de Vigo. Trátase dun compromiso que o alcalde de Carral, Javier Gestal, adquiriu no seu momento cos veciños e veciñas da parroquia e que se segue materializando con novas intervencións. Así, o Concello arrincou, esta semana, a terceira fase do proxecto, que supoñerá poñer o servizo en funcionamento nos núcleos de Ameás, Parapar e Abrigosa.

A realización destas intervencións, financiadas con fondos provinciais, dá continuidade ás da primeira fase, executada no 2020 pouco despois de que Javier Gestal accedera á Alcaldía, e ás da segunda, realizada a principios do 2025. Esta última permitiu instalar o servizo de saneamento no núcleo de Balbén.

O obxectivo, tal e como explica o rexedor, non é outro que “implantar este servizo en todo ou termo municipal, facendo que ou saneamento chegue a todas as parroquias e núcleos”.

Un novo obradoiro vira da man do programa EN-Acción organizado pola OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Carral.

Será o venres día 21 entre as 17:00 e as 18:30 h. e nesta ocasión as/os participantes poderán facer diferentes traballos con un material moi peculiar, a resina epoxi.

As rapazas e rapaces de entre 9 e 15 anos que se acheguen polo local Interxeracional, gozaran facendo diferentes figuras e aprenderán como se traballa con esta resina. Non é preciso que as/os interesadas/os se anoten pero as prazas están limitadas á capacidade da aula na que se desenvolvera o obradoiro.

Máis de 4.000 persoas tomaron parte na oferta de actividades culturais que o Concello organizou ao longo do 2024. O programa incluíu espectáculos pertencentes a distintos xéneros e destinadas a varias franxas de idade. Así se expuxo, esta mañá, nun acto no que se avaliaron a programación e os resultados acadados o pasado exercicio. A cita realizouse na Casa da Cultura e nela estiveron presentes o alcalde, Javier Gestal, a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, e o técnico da área de Cultura de Carral, Carlos Lorenzo, que se encargou de repasar os fitos máis destacables. Entre eles, ademais das cifras de asistencia, despuntou o total de iniciativas organizadas, que chegou ás 73.

Este acto é froito do traballo realizado desde o departamento de Cultura para reunir datos que permitan, non só valorar os resultados e os impactos na cidadanía, senón tamén para reorientar estratexias e políticas culturais.

As actividades estiveron repartidas ao longo do ano, con propostas todos os meses. Porén, o de novembro foi o que congregou un maior número, chegando ás 12. O ciclo de Cine Documental Galego, os contacontos para a animación á lectura, o Premio de Poesía Concello de Carral, CulturúaMúsicas ÍntimasNoites de Monólogo, o Ciclo de Teatro de Outono e o programa Papeques foron as principais no calendario carralés, aínda que non foron as únicas. A este listado hai que sumar, ademais, o festival Muller a Escena, o espectáculo de Vilatriste a Vilalegre do Centro Dramático Galego, as propostas artísticas Dinamiz-ARTj do Instituto para a Transición Xusta, Elas son artistas e a exposición fotográfica Nós tamén fomos emigrantes.

Propostas máis numerosas

As artes escénicas, incluíndo a danza, supuxeron máis dun terzo da programación anual de 2024, reunindo, así mesmo, á metade do público asistente. As sesións de contacontos para nenos e nenas son a segunda categoría máis numerosa do 2024, ocupando tamén a segunda posición en cifra de participantes. No terceiro lugar atópase a proxección de audiovisuais.

Premio de Poesía

No 2024, o Concello celebrou a 27ª edición do seu Premio de Poesía. Trátase dun dos certames máis lonxevos de Galicia que conseguiu un auténtico récord en cifras de participación. En total, á convocatoria achegáronse 94 obras grazas á implantación dun novo sistema telemático para a presentación dos traballos.

Ciclo de Teatro de Outono

O Ciclo de Teatro de Outono é, sen lugar a dúbidas, unha das iniciativas mellor asentadas na programación municipal. A de 2024 incluíu a representación de 12 obras e, ao remate de cada unha das funcións, o público tivo a oportunidade de responder a unha enquisa de satisfacción. Do total de participantes (1.151 persoas), responderon ao cuestionario case un 30%.

Nestas enquisas preguntóuselle ao público que puntuación lle concedía á obra, se a recomendaría a outras persoas, cales eran os aspectos que máis lle gustaran e, por último, cal era o nivel de dificultade á hora de entender a representación. 

A puntuación media acadada por estes espectáculos foi de 4,7 sobre 5. Así mesmo, un 97% das persoas que encheron a enquisa recomendarían as obras que conformaron o Ciclo de Teatro de Outono.

O Concello continúa impulsando a súa Ruta da Auga, un traxecto de 9,3 km de lonxitude que discorre pola contorna do río Barcés ao seu paso por San Vicente e Cañás. Fíxoo coa instalación de nova sinalización e de paneis de inicio e fin do percorrido, así como coa colocación dun cartel informativo. Estas actuacións dan continuidade ás executadas no 2024 e están financiadas por medio da segunda anualidade da subvención do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Con estas intervencións o goberno local busca cumprir un dobre obxectivo: por unha banda, poñer de relevo o valor natural e cultural deste roteiro e, polo outro, sensibilizar á cidadanía para fomentar un lecer responsable coa natureza.

Estas metas conseguíronse a través de dúas fases. A primeira, que se materializou no 2024, supuxo a disposición de catro mesas informativas con códigos QR. Agora, o proxecto complétase coa que colocación de postes baixos de madeira para indicar a continuidade do roteiro, paneis de inicio e de finalización, postes altos e un cartel con información para os visitantes.

O proxecto está englobado no marco do Plan Estratéxico dá PAC 2023-2027 de Galicia e con el estase dando valor á conservación e recuperación das zonas naturais do municipio.

Estas axudas do Fondo Feader están destinadas aos estudos e investimentos vinculadas á conservación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural, así como á sensibilización ecolóxica nas Rede de Reservas de Biosfera de Galicia.