Logo de ver a declaración por parte da Organización Mundial da Saúde (OMS) da emerxencia de saúde pública de importancia internacional relacionada coa proliferación do virus COVID-19 e as recomendacións e medidas adoptadas polo Ministerio de Sanidade do Goberno de España e pola Xunta de Galicia.
Tendo en conta que a OMS lembra a todos os países e comunidades que China e outros países están a demostrar que a propagación do virus se puede frear e que o seu impacto se puede reducir a través dunha serie de medidas universalmente aplicables que supoñen, entre outras cosas, a colaboración do conxunto da sociedade.
Sendo por tanto necesario que o Concello de Carral adopte no seu territorio as medidas que, dentro do seu ámbito de competencias, contribúan no devandito senso e, en uso das atribucións que me confere o artigo 21.1.da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, esta Alcaldía do Concello de Carral, con data do 13 de marzo de 2020, ditou decreto resolvendo o seguinte:
1.-Cancelar, ata novo aviso, todas as actividades culturais, deportivas e xuvenís organizadas polo Concello de Carral (entre outras, o Ciclo de cine, a exposición ‘Galicia escandinava’, as clases de teares e tapices, contacontos e similares).
2.-Cancelar, ata novo aviso, as actividades, campionatos e certames deportivos organizados polo Concello de Carral.
3.-Suspender as actividades organizadas polo departamento municipal de Servizos Sociais para o mes de marzo: Obradoiro ‘Plastilina Galáctica’ -previsto para o 17 de marzo- e obradoiro grupal para familias de persoas con demencia -que estaba previsto os días 24, 25 e 26 de marzo-.
4.-Pechar ao público as seguintes instalacións de titularidade do Concello de Carral: Bibliotecas, colección visitable do Castro das Travesas, Casa da Cultura, Local Interxeracional, Local de ensaio, centros sociais das parroquias, Complexo Deportivo de Carral, pavillóns e campos de fútbol do municipio e demais instalación deportivas municipais.
Este peche ao público afectará a calquera outra instalación xestionada polo Concello de Carral análoga ás anteriores e nas que se celebran actividades abertas ao público, agás as dependencias administrativas.
Os diferentes servizos municipais determinarán a forma de prestación dos servizos públicos de carácter esencial afectados polo peche das instalacións indicadas nesta resolución.
5.- Suspender as feiras/mercados organizadas polo Concello de Carral.
6.- Indicar á cidadanía que a Casa do Concello permanecerá aberta, mais sometida ao seguinte réxime de atención ao público:
a).- Atenderase aos veciños de forma presencial só nos casos urxentes e de especial necesidade. A tales efectos, deberán dirixirse ao mostrador da entrada da Casa do Concello, no que lles indicarán, no seu caso, a que dependencias municipais haberán de dirixirse.
b).-Instar á veciñanza ao uso preferente de medios telefónicos e telemáticos para as súas solicitudes e xestións que non requiran a súa presencia física inexcusable na Casa do Concello:
Teléfono da Casa do Concello: 981 670 002
Correo electrónico: correo@carral.es
Sede electrónica: http://sede.carral.es
7.- Indicar á cidadanía que no departamento de Servizos Sociais do Concello (Edificio Toñito Espiñeira) só se atenderán de xeito presencial citas de carácter urxente, e que o resto das citas se atenderán por vía telefónica ou a través de correo electrónico:
Teléfono dos Servizos Sociais: 981 613 520
Correo electrónico: serviciossociales@carral.es
8.- Establecer as seguintes medidas en relación co Servizo de Axuda no Fogar (SAF):
a).- Os/as traballadores/as que prestan o SAF deixarán de acudir ás vivendas nas que a súa función se reduza á realización de tarefas domésticas.
b).- Reduciranse e/ou eliminaranse as visitas dos/as traballadores/as do SAF aos domicilios dos/as usuarios/as que conten co apoio de terceiras persoas que se poidan facer cargo do seu coidado.
c).-O Servizo de Axuda no Fogar seguirase prestando con normalidade nos casos de urxencia e/ou especial necesidade, que virá determinada, en todo caso, polas técnicas de Servizos Sociais do Concello.
9.- Instar á cidadanía a manter a calma e a exercer a responsabilidade individual e colectiva, lembrándolles que a solución desta emerxencia de saúde pública nos incumbe a todos/as.
Neste sentido, instar á veciñanza de Carral a seguir as recomendacións das autoridades sanitarias da Xunta de Galicia e do Goberno de España que se realicen polos cauces oficiais, e a non deixarse influír por bulos ou falsas novas transmitidas polas redes sociais ou outros medios non fiables, e a evitar a súa diseminación.
En especial, lembrar:
a).-Que a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia aconsella empregar o número de teléfono gratuíto 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus, e teléfono 061 só para emerxencias ou casos graves.
b).- Que o Ministerio de Sanidade do Goberno de España recomenda, para protexerse do COVID-19 e doutros virus respiratorios:
-Lavarse as mans con frecuencia.
-Ao tusir ou estornudar, cubrirse a boca e o nariz co codo flexionado.
-Evitar tocarse os ollos, o nariz e a boca, xa que as mans facilitan a súa transmisión.
-Usar pañuelos desbotables para eliminar secrecións respiratorias e tiralos tras do seu uso.
-Evitar, no posible, o contacto cercano con outras persoas, particularmente se se presentan síntomas respiratorios, así coma a asistencia a lugares concorridos.
c).- Que o Concello de Carral informará en todo momento sobre canto poida interesar á veciñanza en relación co alcance das medidas adoptadas e as súas posibles modificacións, e insistir en que todas estas medidas son de carácter preventivo, e na importancia de manter en todo momento a calma, actuando con mesura e responsabilidade nas nosas rutinas e hábitos.
10.- Este decreto entrará en vigor dende a súa emisión e manterá a súa vixencia até novo aviso, en función das directrices que emitan as autoridades sanitarias segundo a evolución da situación.
11.- Comunicar este decreto aos servizos municipais (que haberán de transmitilo, pola súa banda, aos diferentes prestadores dos servizos afectados), e publicalo na páxina web do Concello de Carral, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e difundilo mediante un bando entre a poboación do municipio.
2020-3-13 BANDO COVID 19 (web)