– HORARIO

Venres 7 de febreiro de 17:00 a 21:00 h

Sábado 8 de febreiro de 10:00 a 14:00 h

 

– PREZO: 15 EUROS

– 20 PRAZAS

 

INSCRICIÓN ATA O 6 DE FEBREIRO

Información e inscricións: Departamento de Medio Ambiente do Concello (981670002).maria.couto@carral.es

 

Programación de actividades para o 25 de novembro de 2019
DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO :
 
“CARRAL CONTRA A VIOLENCIA ENTRE HOMES E MULLERES”
 
📣 23 de novembro(sábado) saíndo ás 10.30 de A Fábrica de Oleiros.VII Andaina contra a violencia de xénero organizado polo Consorcio As Mariñas
 
📣25 novembro ás 12.00 “Concentración e lectura do manifesto contra a violencia de xénero ” diante do Concello de Carral . Invitando á participación a tod@s @s veciñ@s sensibles con este problema.
 
📣25 novembro ás 16.00 no Edificio Social Toñito Espiñeira. Proxeción das curtametraxes realizadas polo alumnado. Se fará a entrega do premio á curta gañadora do certame de cortos. Organizado polo Ies de Carral “Acurta a violencia de xénero” e coa aportación de premios por parte do Concello de Carral.
📣25 novembro ás 20.00 Sala Multiusos do Edificio Toñito Espiñeira “Proxección da curtametraxe gañadora para as familias e público en xeral”
#nonaviolencia #25novembro

 

 

O Concello de Carral executou a obra de “Cubrición de pistas de pádel” (Subvencionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural-Agader- 5.845,16 €-, co cofinanciamento do FEADER (UNIÓN EUROPEA)- 19.483,88 €- e do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación -649,46 € (axuda global de 25.978,50 € sobre o orzamento total de 51.956,99 €, IVE incluido)) ao abeiro da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020, convocatoria 2018-2019, submedida 19.2).

A obra consistiu na cubrición das pistas de pádel situadas no complexo deportivo do Concello de Carral para posibilitar a súa utilización en condicións climatolóxicas adversas (de chuvia ou sol intenso).

De acordo co establecido no artigo 19.1.j).par 2º da resolucióndo 29 de decembro de 2016 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural  do 29 de decembro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), faise constar expresamente que a obra contou co FINANCIAMENTO DA UNIÓN EUROPEA  segundo o antes indicado.

O pasado luns, 4 de novembro, dentro das actividades do programa TEI (Titoría Entre Iguais) tivo lugar o acto de nomeamento e entrega de diplomas acreditativos aos alumnos de 3º da ESO , que participan voluntariamente como titores de alumnos de 1º da ESO.
O acto , ademais do Equipo Directivo, profesorado e alumnado (de 1º e 3º) do Instituto, tamén asistiu a Concelleira de Educación do Concello de Carral, Mª Mercedes Caridad López, quen amablemente participou no evento facendo entrega de devanditos diplomas. Posteriormente procedeuse á presentación das parrellas de titores aos seus respectivos titorizados.
O programa TEI , titoria entre iguais é un programa para previr o acoso escolar de tal maneira que o alumnado que comeza no Instituto estea apoiado por alumnado maior en todo o que é a vida escolar diaria.

CURSO PARA APRENDER A BUSCAR EMPREGO
LUGAR: CENTRO FORMACIÓN ANTON FRAGUAS
DATAS: DO 25 DE NOVEMBRO AO 2O DE DECEMBRO
GRATUITO

DESTINATARIOS: PERSOAS DE 16 A 29 ANOS INSCRITAS NO PROGRAMA DE GARANTIA XUVENIL E DESEMPREGADAS
Formación troncal do plan integral de cualificación e emprego Camara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña

Contacto para inscricións Cámara de Comercio 9-14h no 981216072-981918135

Máis información no Edif Social Toñito Espiñeira (Formación e Emprego) 981613520

A ASOCIACIÓN RÍO BARCÉS (CAÑÁS- CARRAL) ORGANIZA UNHAS XORNADAS MICOLÓXICAS:

– VENRES 15 DE NOVEMBRO CLASE TEÓRICA DE 20:00 A 22:00
– SÁBADO 16 DE NOVEMBRO SAÍDA Ó CAMPO DE 9:30 A 13:30
PREZO 10 EUROS
TELÉFONO 620504965 (CARLOS)

OPCIONAL
MENÚ DEGUSTACIÓN A BASE DE COGOMELOS NA TABERNA SXXI
PREZO: 10 EUROS

cartel micoloxia

DOMINGO 29 DE SETEMBRO de 10:30 a 13:30

MOLLATE POLOS RÍOS

Para participar contacta en:
brexa.asociacion@gmail.com
698146685

cartaz2019

O Instituto Galego de Vivenda e Solo publica:

-DOG nº172 do mércores 11 de setembro de 2019
AXUDAS AO ALUGAMENTO DE VIVENDA

Máis información no servizo de medio ambiente do Concello ou no teléfono 981670002

AnuncioG0532-060819-0002_gl

Axudas a rehabilitación de vivendas para a mellora da eficiencia enerxética, a seguridade, etc (actuacións en fachada, calefacción, enerxías renovables, etc)

Prazo: 1 mes

Máis información no servicio de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002

AnuncioC3Q2-170719-0003_gl

AnuncioC3Q2-170719-0004_gl

Publícase anuncio relativo ao acordo acadado polo tribunal designado no procedemento de selección para a contratación de un oficial de primeira, un oficial de segunda e dous peóns (albaneis), coa proposta das persoas a contratar, logo de que se presentasen alegacións por parte dun dos candidatos nos dous días hábiles establecidos ao efecto.

20655_anuncio web tribunal.doc