O Concello de Carral está a executar a obra de “MELLORA DA SEGURANZA VIARIA EN ESTRADA MUNICIPAL NO TREITO DO LUGAR DO PENEDO AO LUGAR DE LAVANDEIRA”, cun orzamento de 37.342,68 €, e con financiamento parcial a través dunha axuda da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural-Agader (Xunta de Galicia) por importe de 30.861,72 €.

A axuda foi outorgada ao abeiro da resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se aproba o Plan marco
de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

A axuda está integrada nun 75% por financiamento da UNIÓN EUROPEA (Feader- Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural), por importe de 23.146,29 €.

A Xunta de Galicia achega un 17,5 % da axuda (5.400,80 €) e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente o 7,5% restante (2.313,63 €).

A obra consiste na redución da altura das cunetas, coa construción de cunetas de formigón, e no pintado dos laterais  para mellorar a visibilidade da estrada municipal obxecto do proxecto, no treito que vai do lugar do Penedo ao lugar de Lavandeira, na parroquia de Cañás.

Todo o cal faise público na páxina web do Concello de Carral, coma promotor da obra, en cumprimento do establecido no artigo 19.8 da devandita resolución da Agader do 19 de decembro de 2019.

Cartel_ObraCaminos_ 2020

Publícase a acta do tribunal de selección de persoal coa proposta ao Sr. Alcalde do aspirante con maior puntuación para cubrir o posto de operario de limpeza de montes e tarefas de silvicultura  ao abeiro da subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural 2020).

Dada a urxencia da contratación confíreselle a todos os interesados un prazo de un día (03 de xullo de 2020) para reclamacións ou alegacións segundo o establecido no punto sétimo das bases que rexen esta contratación.

 

ACTA.doc (1)

DECRETO DA ALCALDÍA

ASUNTO: MEDIDAS DO CONCELLO DE CARRAL EN RELACIÓN COA EMERXENCIA DE SAÚDE PÚBLICA CAUSADA POLO VIRUS COVID-19 SUPERADA A 3ª FASE DA DESESCALADA  PARA A TRANSICIÓN CARA A UNHA NOVA NORMALIDADE (7º DECRETO DA ALCALDÍA-02 DE XULLO DE 2020).

EXPEDIENTE: 2020/G003/000288

 

Logo de ditarse os meus decretos do 13 e do 16 de marzo para a adopción de medidas do Concello de Carral en relación coa emerxencia de saúde pública causada polo virus COVID-19.

 

Logo de ver, asemade, o meu decreto 193/2020, do 11 de maio, polo que resolvín proceder, dende o 13 de maio de 2020, á reapertura dos mercados tradicionais que desenvolven a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública (feira ou mercadillo), nos días en que se viñan realizando no Concello de Carral (4, 13 e derradeiro domingo do mes), nas condicións establecidas en tal decreto, de acordo coa Orden SND/399/2020, de 9 de mayo e, no que non se opoña a ela, ás condicións de celebración dos mercados fixadas no artigo 2, apartado 3 da Orde do 23 de marzo de 2020 da Xunta de Galicia.

 

Logo de ver o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (e as súas sucesivas prórrogas, a última das cales abrangue até as 00:00 horas do día 21 de xuño de 2020) , en especial, o establecido no texto vixente do seu artigo 7 con respecto á limitación da liberdade de circulación das persoas.

 

O Real decreto 555/2020, do 5 de xuño, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, preveu, no seu artigo 5, que a superación de todas as fases previstas no Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia de COVID-19, aprobado polo Consello de Ministros na súa reunión do 28 de abril de 2020, determinaría que quedasen sen efecto as medidas derivadas da declaración do estado de alarma, segundo as decisións das Comunidades Autónomas (artigo 6) consonte criterios sanitarios e epidemiolóxicos, relativas á superación da fase III nas diferentes provincias, illas ou unidades territoriais da súa Comunidade e, polo tanto, a súa entrada na “nova normalidade”. O Consello da Xunta de Galicia apreciou, en acordo do 13 de xuño de 2020, como autoridade sanitaria, que a Comunidade Autónoma de Galicia, estaba en condicións de superar a fase III do Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia de COVID-19 e, o Presidente da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 6.2 do Real decreto 555/2020, do 5 de xuño, dispuxo formalmente, mediante o seu decreto 90/2020, do 13 de xuño, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 115 Bis, desa mesma data, a superación da fase III do Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia do COVID-19, e, polo tanto, a entrada na “nova normalidade”, con efectos desde as 00.00 horas do día 15 de xuño de 2020.

 

En aplicación de todo o antedito, no Diario Oficial de Galicia nº 115, do 13 de xuño, publicouse a  resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

 

Logo de ver o meu decreto 261/2020, do 18 de xuño, polo que resolvín, entre outras cuestións,  proceder, dende esa data, á reapertura dos Parques infantís, pistas polideportivas ao aire libre (incluída a de skate e excluídas as de tenis e pádel), e canchas de chave e, dende o 22 de xuño de 2020, do Pavillón polideportivo do Espiño, Campo municipal de fútbol Borja Rodríguez Ans e Galería municipal de tiro olímpico (segundo o protocolo establecido no anexo I da resolución) e da Biblioteca Municipal (segundo o protocolo establecido no anexo II da resolución).

 

Logo de ver, por outra banda, o meu decreto 272/2020, do 25 de xuño, polo que resolvín, entre outras cuestións,  proceder, dende o 28 de xuño de 2020, á reapertura dos mercados tradicionais que desenvolven a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública (feira ou mercadillo), nos días en que se viñan realizando no Concello de Carral (4, 13 e derradeiro domingo do mes), cos postos habituais que contasen coa correspondente autorización do Concello, con suxeición ás condicións establecidas na

normativa aplicable e nos protocolos e guías de boas prácticas que se indican no anexo á resolución.

 

Loigo de ver, asemade, a resolución do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade (publicada no DOG nº 126, do 27 de xuño de 2020), pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de xuño de 2020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade

 

Sendo por tanto necesario que o Concello de Carral adopte no seu territorio as medidas que, dentro do seu ámbito de competencias, contribúan no devandito senso e, en uso das atribucións que me confere o artigo 21.1.da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e, en especial, as súas letras d) e m),

 

R E S O L V O

 

1.- Proceder, dende o día 03 de xullo de 2020, á reapertura das seguintes instalacións municipais do Concello de Carral:

 

                Piscina municipal

Ximnasio do complexo deportivo municipal (agás o spa, que permanecerá pechado até novo aviso).

Pistas de tenis

                Pistas de pádel

              Local de ensaio musical 

 

A utilización da piscina municipal haberá de rexirse polo establecido nas disposicións aplicables a cada instalación no ANEXO I  a este decreto (no que se transcribe o punto 3.24da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade (DOG 115, do 13 de xuño) e o protocolo municipal do Concello de Carral que o desenvolve)

 

A utilización do ximnasio do complexo deportivo haberá de rexirse polo establecido nas disposicións aplicables a cada instalación no ANEXO II  a este decreto (no que se transcribe o punto 3.20  da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade (DOG 115, do 13 de xuño) e o protocolo municipal do Concello de Carral que o desenvolve)

 

A utilización das pistas de tenis e de pádel haberá de rexirse polo establecido nas disposicións aplicables a cada instalación no ANEXO I do meu decreto 261/2010, do 18 de xuño (publicado na páxina web do Concello no día do seu ditado, así coma no BOP da Coruña nº 94, do 25 de xuño de 2020.

 

A utilización do local de ensaio musical haberá de rexirse polo establecido nas disposicións aplicables no ANEXO III  a este decreto (Medidas xerais da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade (DOG 115, do 13 de xuño) e da resolución do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade (publicada no DOG nº 126, do 27 de xuño de 2020) que a modifica, e o protocolo municipal do Concello de Carral que o desenvolve)

2.- Este decreto entrará en vigor dende a súa emisión e manterá a súa vixencia até novo aviso, en función das directrices que emitan as autoridades sanitarias e demais competentes segundo a evolución da situación. A utilización de cada unha das instalacións municipais abertas ao público haberá de axustarse, ademais, a toda a normativa que vaia ditando a Xunta de Galicia e a Administración Xeral do Estado que lles sexa aplicable e que modifique o establecido nos respectivos protocolos aprobados.

3.- Comunicar este decreto aos servizos municipais (que haberán de transmitilo, pola súa banda, aos diferentes prestadores dos servizos afectados), e publicalo na páxina web do Concello de Carral, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e difundilo  entre a poboación do municipio.

Carral, na data de sinatura dixital que figura á marxe

O ALCALDE

Francisco Javier Gestal Pose

Visto o decreto,O SECRETARIO
Diego García Doval

 

ANEXO I

 

PISCINA MUNICIPAL

 

Punto 3.24  da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade , pola que se dá publicidade Ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade (DOG 115, do 13 de xuño)

 

3.24. Piscinas.

 

1.-As piscinas ao aire libre ou cubertas, para uso deportivo ou recreativo, deberán respectar o límite do setenta e cinco por cento da súa capacidade, tanto no relativo ao acceso como durante a propia práctica deportiva ou recreativa. Quedan exentas destas limitacións as piscinas unifamiliares de uso privado.

 

2.-Na utilización das piscinas procurarase manter as debidas medidas de seguridade e protección, especialmente na distancia de seguridade interpersoal entre os usuarios.

 

3.-Nas zonas de estancia das piscinas establecerase unha distribución espacial para procurar a distancia de seguridade interpersoal entre os usuarios non conviventes, mediante sinais no chan ou marcas similares. Todos os obxectos persoais, como toallas, deben permanecer dentro do perímetro establecido, evitando contacto co resto de usuarios. Habilitaranse sistemas de acceso que eviten a acumulación de persoas e que cumpran coas medidas de seguridade e protección sanitaria.

 

4.-Recordaránselles aos usuarios, por medios de cartelaría visible ou mensaxes de megafonía, as normas de hixiene e prevención que se deberán observar, sinalando a necesidade de abandonar a instalación ante calquera síntoma compatible co COVID-19.

 

5.-Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que nas instalacións se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación do servizo axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.”.

 

 

Protocolo básico de actuación apertura da piscina municipal

 

INTRODUCIÓN:

 

O obxecto do presente protocolo pretende establecer a metodoloxía para seguir pola propia administración, traballadores municipais e da empresa adxudicataria,  e os usuarios para o uso para o uso, control E limpeza da piscina municipal de verán. Búscase establecer as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo  COVID-19.

 

PREMISAS XERAIS DE SEGURIDADE:

1.-Todas  as  instalacións deportivas  municipais abrirán  unha vez decrétese e comunique  dita  apertura desde o  concello de Carral.

2.-As  instalacións  ás que se  refire este protocolo son: Piscinas  Municipais de Verán e ou  Ximnasio  do  Complexo  Deportivo de Carral.

3.-Non se  poderá acceder  á instalación  sen autorización municipal.

4.-A práctica da  actividade física e deportiva ,  nas  instalacións  ao aire libre,  poderá realizarse tanto de  xeito individual como colectiva, pero  sempre  sen contacto físico, cun distanciamento social de 1,5 m.

5.-Con carácter  xeral,  non está permitido compartir ningún material de  adestramento. Non caso de  non ser posible,  garantirase a  presenza de elementos de  hixiene.

6.-Na medida  do posible, cada usuario deberá traer e  levar ou  seu propio material.

7.-As bolsas, mochilas  ou efectos  persoais  só se  poderán  deixar nos  espazos habilitados para ese fin.

8.-Os usuarios deberán acudir  ás  instalacións ataviados da casa  coa  roupa e  equipamentos deportivos precisos para a  súa práctica, a excepción  do calzado preciso para  as piscinas,  onde  non  poderán acceder con calzado de  rúa.

9.-Os usuarios  non  poderán compartir alimentos, bebidas  ou similares.

10.-Antes de entrar e  ao  saír da instalación deportiva, os usuarios deberán  limpar  as  mans  cos  hidroxeles  dispostos  para tal fin  na entrada  do  complexo deportivo.

11.-O uso dás máscaras  é  obrigatorio durante ou tempo de circulación e estancia nos espazos  comúns  das  instalacións,  non así durante a práctica deportiva aeróbica  ou acuática.

12.-Cando os  houbera, os técnicos, monitores  ou  adestradores deberán  manter  as medidas de  seguridade necesarias, preferiblemente ou  distanciamento social.

 

CARACTERÍSTICAS DAS INSTALACIÓNS:

As instalacións referidas este protocolo son as da piscina municipal de verán.

1.-A apertura ao público destas instalacións estímase entre o 3 de xullo e o 3 de setembro.

2.-Os espazos dispoñibles nesta instalación son un vaso de 25 x 12.5 metros e dunha praia circundante de máis de 600 m²

3.-O horario de apertura ao público da instalación será de luns a domingo de 12:00 a 21:00 horas.

4.-Non se establece unha limitación horaria para os usuarios.

5.-Os vestiarios e a piscina de chapoteo infantil permanecerán pechadas ao público.

 

AFOROS:

1.-O aforo da piscina é de 75 persoas, non podendo atoparse dentro do vaso máis de 45 persoas á vez.

2.-Na zona de praia se demarcarán parcelas nas que se situarán os bañistas, non podendo alternar as nin cambialas durante a estancia do usuario na instalación.

 

MATERIAL E MEDIDAS DE PROTECCIÓN:

MEDIDAS DE INFORMACIÓN AOS USUARIOS:

1.-Na entrada das instalacións estarán expostas de forma clara e visible, as normas e recomendacións para o  acceso, a estancia e a práctica deportiva nas piscinas.

2.-Periodicamente faranse recordatorios para o cumprimento destas normas a través do sistema de megafonía.

3.-O persoal do centro explicará, aclarará e lembrará estas normas aos usuarios durante a súa estancia nas instalacións.

4.-Os usuarios disporán dun teléfono ou correo electrónico de consulta das normas e recomendacións no que poderán aclarar calquera dúbida que lles xurda. Estes serán o  678 338 847 e o mail complexo.deportivo@carral.es.

 

FORMACIÓN E INFORMACIÓN AO PERSOAL (MUNICIPAL E DA EMPRESA)

 

1.-Antes da apertura da instalación ao público prevista para o día 3 de xullo, desde o departamento de Deportes levarase a cabo unha reunión informativa acerca das normas para seguir, as medidas de prevención adoptadas e as dúbidas que poden xurdir, coa empresa prestadora do servizo, os socorristas, o persoal de atención ao público e recepción, o persoal de mantemento, monitores, e calquera outra persoa ou departamento implicado na prestación deste servizo.

 

 

USUARIOS:

PROCEDEMENTO DE ACCESO Á INSTALACIÓN:

 

1.-O acceso á instalación por parte dos usuarios será por orde de chegada, ata completar o aforo. Unha vez chegado a este límite, non se permitirá o acceso a novos usuarios ata que outros abandonen a instalación.

2.-Os usuarios deberán presentarse na recepción do complexo deportivo para o seu rexistro.

3.-Os usuarios virán previstos de máscaras e farán uso do  hidroxel disposto na entrada da instalación antes de acceder a esta.

4.-Manterase sempre unha distancia de seguridade de 1,5  m entre os propios usuarios que esperen para acceder á instalación e entre os usuarios e os traballadores da mesma.

5.-Utilizarán a máscara durante todo o tempo de circulación e estancia nos espazos comúns e corredores da instalación.

6.-Accederán vestidos coa roupa que utilizarán dentro da instalación, non podendo usar os vestiarios para  cambiarse.

7.-Non poderán acceder co calzado de rúa á praia da piscina, debendo poñerse  chancletas antes de acceder á mesma, tal e como recolle a normativa autonómica.

8.-O pago de acceso á instalación efectuarase preferiblemente mediante tarxeta bancaria ou transferencia. Evitarase na medida do posible a cobranza en metálico.

9.-Fomentarase tamén a tramitación de abonados de verán como fórmula para evitar o diñeiro en metálico. A cada  socio ou abonado entregaráselle unha tarxeta con tecnoloxía  NFC coa que poderá acceder aos servizos da instalación.

10.-A entrega de documentación necesaria para a tramitación deste abonos farase de forma telemática, non aceptando documentación en papel.

11.-Para entrar ás piscinas os socios deberán pasar a tarxeta por lector habilitado. Os non socios deberán pagar a entrada con tarxeta ou transferencia bancaria.

12.-Os nenos menores de 12 anos non poderán acceder sós á instalación. Deberán facelo acompañados dun adulto responsable que asegure o cumprimento da normativa aquí exposta.

13.-Os usuarios que accedan en grupo serán responsables do cumprimento da normativa vixente en materia sanitaria, lembrándolles que só os usuarios conviventes podes acceder xuntos e aos mesmas parcelas na praia da piscina.

 

ESTANCIA E USO DA INSTALACIÓN:

1.-Os usuarios deberán cumprir en todo momento as normativas vixentes tanto en materia de sanidade e prevención do  Covid-19 como das piscinas de uso colectivo.

2.-O incumprimento das devanditas normas supoñerá a expulsión do ou dos usuarios da instalación pola xornada,  podendo, no caso de ser reincidente ou segundo a gravidade do incumprimento, prohibirlle o acceso o resto do  período estival á instalación.

3.-Cada usuario deberá permanecer na parcela da praia que se lles asigna, non podendo saír delas salvo  para acudir ao vaso. Todos os útiles persoais dos usuarios (toallas, bolsas de praia, roupa, cadeiras, etc) deberán estar sempre dentro da súa parcela.

4.-En todo momento deberá manter a distancia interpersoal de 1,5 metros con outros usuarios non  conviventes.

5.-Dentro da praia os usuarios deberán moverse polos corredores sinalizados, non podendo invadir as parcelas doutros usuarios.

6.-O acceso ao vaso da piscina levará a cabo da seguinte forma:

a.-Os menores de 12 anos poderán acceder e saír polas escaleiras de obra.

b.-Os maiores de 12 anos deberán acceder por calquera das outras escaleiras.

7.-Dentro do vaso, os usuarios deberán respectar a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

8.-Non se poderá levar a cabo xogos, acrobacias ou calquera outra actividade que impida o respecto desta distancia  interpersoal.

9.-Cada usuario deberá traer o seu propio material de natación ( Manguitos, burbullas,  pull  Boys, táboas)

10.-Non se prestarán nin alugarán as  tumbonas ou material similar.

11.-Non estará permitido o uso de pelotas ou outros elementos de xogos, nin na praia nin na piscina, que sexan de uso compartido ou que poidan molestar a outros usuarios da instalación.

12.-Os socorristas ou calquera outro traballador da instalación poderá requirirlles ao usuarios o cumprimento destas normas cando as estivesen obviando.

13.-Os vestiarios estarán pechados ao uso público e só os baños se poderán utilizar en caso de urxencia.

14.-Os usuarios deberán utilizar as duchas exteriores da piscina antes de acceder ao vaso.

15.-O aforo da praia será dun máximo de 75 persoas simultaneamente distribuídos nas diferentes parcelas.

16.-O aforo da lámina de auga será de 45 persoas simultaneamente.

 

PROCEDEMENTO DE SAÍDA DA INSTALACIÓN:

1.-Antes de saír os usuarios deberán recoller todas as súas pertenzas da parcela asignada.

2.-Recollerán calquera tipo de lixo que puideran xerar e depositarano as papeleiras  habilitadas.

3.-Sairán da instalación sen usar os vestiarios, polos corredores indicados, sempre facendo uso da máscara.

4.-Ao marchar, deberán avisar ao socorrista e ao persoal da recepción.

5.-Sairán pola recepción da instalación, pasando a tarxeta polo lector  NFC no caso dos socios, si ou avisando ao persoal a recepción aqueles que non o sexan. Desta forma poderá darse acceso a novos usuarios.

 

MEDIDAS A ADOPTAR NAS INSTALACIÓNS:

PISCINA DE CHAPOTEO INFANTIL

1.-Debido ao aforo indicado de 4 m2/persoa establecido pola normativa  sanitaria vixente, e pola imposibilidade dun uso adecuado e “normal”, a piscina de  chapoteo infantil, permanecerá pechada este ano.

 

VESTIARIOS

1.-Os vestiarios permanecerán pechados para os usuarios.  Unicamente habilitaranse os baños para casos de  urxencia

2.-As taquillas dos vestiarios non se poderán utilizar.

 

ZONA TERMAL/SPA

1.-A zona termal e spa do complexo deportivo permanecerá pechada ata que se poida garantir o cumprimento da normativa sanitaria nesta zona.

 

MÁQUINA DE VENDING:

1.-A máquina de  vending rexeranse polo punto 2.4 da resolución do 12 de xuño da Xunta de Galicia sobre as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria causada polo  Covid-19.

 

MATERIAL E EQUIPAMENTO PROPIO DAS INSTALACIÓNS:

1.-Evitarase na medida do posible o uso do material da instalación, debendo traer o usuario o seu material e equipamento propio para o uso e goce da instalación deportiva.

2.-No caso de utilizar material ou equipamento da propia instalación, este deberá ser  desinfectado despois de cada uso.

 

MATERIAL E EQUIPAMENTO EXTERNO ÁS INSTALACIÓNS:

1.-Todo aquel material  externo ás instalacións que facer que o usuario, non poderá ser compartido con ningunha outra persoa.

 

LIMPEZA E DESINFECCIÓN:

CONTROL DOS PARÁMETROS DA AUGA:

1.-O control dos parámetros e a calidade da auga levará a cabo de acordo coa normativa autonómica e estatal vixentes.

 

HORARIOS DE LIMPEZA:

1.-A praia da piscina será limpada e desinfectada todos os días antes da súa apertura ao público.

2.-Polo menos 3 veces na xornada, durante o horario de apertura ao público, farase fincapé na limpeza de  elementos de uso común e contacto frecuente como  pomos de portas, varandas da piscina,  pasamáns, etc.

3.-Unha vez pola tarde, durante o horario de apertura ao público, levará a cabo a desinfección mediante  pulverizadores dos corredores comúns na praia, reixas de desaugadoiro, asentos, etc. todo isto primando a seguridade dos usuarios.

4.-As parcelas desinfectaranse despois de cada uso.

 

 

 

CONTROL DOS AFOROS:

1.-O control do foro establecerase na recepción da piscina.

2.-Chegado ao aforo máximo da instalación impedirase a entrada de novos usuarios ata que outros a abandonen.

3.-Cada usuario deberá dirixirse á parcela que se lle asigne na recepción. Os novos usuarios deberán ocupar as parcelas que quedaron vacantes.

 

 

 

ANEXO II

 

XIMNASIO DO COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL

 

Punto 3.20  da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade , pola que se dá publicidade Ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade (DOG 115, do 13 de xuño)

 

3.20. Actividade e instalacións deportivas.

 

1.-A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de vinte e cinco persoas de forma simultánea.

 

Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en gruposde ata vinte e cinco persoas, sen contacto físico, e sempre que non se superen os dous terzos da capacidade máxima permitida.

 

2.-Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física.

 

3.-Cada instalación deportiva deberá publicar un protocolo para coñecemento xeral dos seus usuarios e que recollerá as distintas especificacións en función da tipoloxía de instalacións que, de ser o caso, poidan preverse nun protocolo básico aprobado polo Centro de Coordinación Operativa por proposta da Secretaría Xeral para o Deporte.

 

4.-Nas instalacións deportivas a actividade física e deportiva estará suxeita aos seguintes criterios xerais de uso:

 

a).-Con carácter xeral, non se compartirá ningún material e, se isto non fose posible, garantirase a presenza de elementos de hixiene para o seu uso continuado.

 

b).-As bolsas, mochilas ou efectos persoais só se poderán deixar nos espazos habilitados para ese fin.

 

c).- Os deportistas non poderán compartir alimentos, bebidas ou similares.

d).-Antes de entrar e ao saír do espazo asignado, deberán limparse as mans cos hidroxeles que deberán estar dispoñibles nos espazos habilitados para o efecto.

 

e).-Os técnicos, monitores ou adestradores deberán manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, utilizar máscara.

 

f).-Utilizarase a máscara durante o tempo de circulación entre espazos comúns nas instalacións, salvo que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal.

 

5.-Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que nas instalacións se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

.

 

 

Protocolo básico de actuación apertura do Ximnasio do Complexo deportivo municipal

 

INTRODUCIÓN:

O obxecto do presente protocolo pretende establecer a metodoloxía a seguir pola propia administración, traballadores municipais e da empresa adxudicataria  e veciñanza para o uso, control e limpeza do ximnasio do complexo deportivo de Carral. Búscase establecer as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo  COVID-19.

 

PREMISAS XERAIS DE SEGURIDADE:

1.-Todas  as  instalacións deportivas  municipais abrirán  unha vez decrétese e comunique  dita  apertura desde ou  concello de Carral.

2.-As  instalacións  ás que se  refire este protocolo é o ximnasio  do  complexo  deportivo de Carral.

3.-Non se  poderá acceder  á instalación  sen autorización municipal.

4.-A práctica dá  actividade física e deportiva  poderá realizarse tanto de  xeito individual como colectiva, pero  sempre  sen contacto físico, e ata un máximo de  vinte persoas de  forma simultánea no ximnasio.

5.-Con carácter  xeral,  non está permitido compartir ningún material de  adestramento. Non caso de non ser posible,  garantirase a  presenza de elementos de  hixiene.

6.-Na medida  do posible, cada usuario deberá traer e  levar ou  seu propio material, que  deberá  desinfectar ou  ao  finalizar cada sesión de  adestramento.

7.-As bolsas, mochilas  ou efectos  persoais  só se  poderán  deixar nos  espazos habilitados para ese fin.

8.-Os usuarios deberán acudir  ás  instalacións ataviados da casa  coa  roupa e  equipamentos deportivos precisos para a  súa práctica.

9.-Os usuarios  non  poderán compartir alimentos, bebidas  ou similares.

10.-Antes de entrar e  ao  saír dá instalación deportiva, os usuarios deberán  limpar  as  mans  cos  hidroxeles  dispostos  para tal fin  na entrada  do  complexo deportivo.

10.-Ou uso dás máscaras  é  obrigatorio durante ou tempo de circulación e estancia nos espazos  comúns  nas  instalacións,  non así durante a práctica deportiva aeróbica.

1.-Cando os  houbera, os técnicos, monitores  ou  adestradores deberán  manter  as medidas de  seguridade indicadas pola normativa sanitaria.

 

CARACTERÍSTICAS DAS INSTALACIÓNS:

 

As instalacións referidas este protocolo é a zona de ximnasio do complexo deportivo de Carral.

1.-A apertura ao público destas instalacións a partir do 3 de xullo.

2.-Os espazos dispoñibles para o uso público é unicamente a zona de ximnasio e os baños en casos de urxencia.

3.-O horario de apertura ao público da instalación será de luns a venres en horario de  9.00 a 15.00 h e de 16.30 a 22.00 h. Os sábados o horario será de 10.00 a 13.00 h. O sábado pola tarde e o domingo todo o día, o ximnasio permanecerá pechado ao público.

4.-Non se establece unha limitación horaria para os usuarios.

5.-Os vestiarios a zona de spa permanecerán pechadas ao público ata que se poida garantir a seguridade sanitaria dos usuarios.

6.-Os equipamentos de musculación, tonificación e traballo aeróbico, serán distribuídos pola zona do ximnasio e a sala de actividades para acadar a separación de 2 metros entre os usuarios.

7.-A sala de actividades abrirase para acoller parte das máquinas de musculación.

 

AFOROS:

1.-O aforo da instalación quedará limitado a 20 persoas simultaneamente. En todo momento os usuarios deberán manter a distancia interpersoal de 1,5 m.

 

MATERIAL E MEDIDAS DE PROTECCIÓN:

MEDIDAS DE INFORMACIÓN AOS USUARIOS:

1.-No acceso a instalacións estarán expostas de forma clara e visible, as normas e recomendacións para o  acceso, a estancia e a práctica deportiva no ximnasio.

2.-Periodicamente faranse recordatorios para o cumprimento destas normas a través do sistema de megafonía.

3.-O persoal do centro explicará, aclarará e lembrará estas normas aos usuarios durante a súa estancia en instalacións.

4.-Os usuarios disporán dun teléfono ou correo electrónico de consulta das normas e recomendacións no que poderán aclarar calquera dúbida que lles xurda. Estes serán o  678 338 847 e o mail complexo.deportivo@carral.es.

 

 

FORMACIÓN E INFORMACIÓN AO PERSOAL (MUNICIPAL E DA EMPRESA)

1.-Antes da apertura da instalación ao público prevista para o día 3 de xullo, desde o departamento de Deportes levarase a cabo unha reunión informativa acerca das normas a seguir, as medidas de prevención adoptadas e as dúbidas que poden xurdir, coa empresa prestadoira do servizo, os socorristas, o persoal de atención ao público e recepción, o persoal de mantemento, monitores, e calquera outra persoa ou departamento implicado na prestación deste servizo.

 

 

USUARIOS:

PROCEDEMENTO DE ACCESO Á INSTALACIÓN:

1.-O acceso á instalación por parte dos usuarios será por orde de chegada, ata completar o aforo. Unha vez chegado a este límite, non se permitirá o acceso a novos usuarios ata que outros abandonen a instalación.

2.-Os usuarios deberán presentarse na recepción do complexo deportivo para o seu rexistro.

3.-Os usuarios virán previstos de máscaras e farán uso do  hidroxel disposto na entrada da instalación antes de acceder a esta.

4.-Manterase sempre unha distancia de seguridade de 1,5  m entre os propios usuarios que esperen para acceder á instalación e entre os usuarios e os traballadores da mesma.

5.-Utilizarán a máscara sempre durante todo o tempo de circulación  e estancia nos espazos comúns e corredores da instalación.

6.-Accederán vestidos coa roupa que utilizarán dentro da instalación, non podendo usar os vestiarios para  cambiarse.

7.-O pago de acceso á instalación efectuarase preferiblemente mediante tarxeta bancaria ou transferencia. Evitarase na medida do posible a cobranza en metálico.

8.-Fomentarase tamén a tramitación de abonados de asociados como fórmula para evitar o diñeiro en metálico. A  ca-dá socio entregaráselle unha tarxeta con tecnoloxía  NFC coa que poderá acceder aos servizos da instalación.

9.-A entrega de documentación necesaria para a tramitación dos abonos farase de forma telemática, non aceptando documentación en papel.

10.-Para entrar ao ximnasio os socios accederán polo corredor sinalado e pasar a tarxeta por lector habilitado. Os non socios deberán apagar a entrada con tarxeta ou transferencia bancaria.

 

ESTANCIA E USO DA INSTALACIÓN:

1.-Os usuarios deberán cumprir en todo momento as normativas vixentes tanto en materia de sanidade e prevención do  Covid-19 como das piscinas de uso colectivo.

2.-O incumprimento das devanditas normas supoñerá a expulsión do ou os usuarios da instalación pola xornada,  podendo, no caso de ser reincidente ou segundo a gravidade do incumprimento, prohibirlle o acceso o resto do  período estival á instalación.

3.-En todo momento deberá manter a distancia interpersoal de 1,5 metros con outros usuarios non  conviven- tes.

4.-Dentro da instalación os usuarios moveranse, con máscara, polos corredores indicados.

5.-Cada usuario traerá a lo menos unha toalla que usará para colocar sobre a máquina na que vaia a traballar e/ou para limpar a suor. Sen este elemento non se poderá acceder ao ximnasio.

6.-Os usuarios accederán a instalación con calzado deportivo axeitado.

7.-Non se prestarán colchóns ou material similar, podendo cada usuario traer o seu propio material de adestramento.

8.-Os monitores ou calquera outro traballador da instalación poderá requirirlles o cumprimento destas normas cando as estivesen obviando.

9.-Os vestiarios estarán pechados ao uso público, e só os baños só poderán utilizar en caso de urxencia.

10.-O aforo da instalación será dun máximo de 20 persoas simultaneamente distribuídos nas diferentes estacións de traballo.

 

 

 

PROCEDEMENTO DE SAÍDA DA INSTALACIÓN:

1.-Antes de saír os usuarios deberán recoller todas as súas pertenzas.

2.-Recollerán calquera tipo de desperdicio lixo que poderían sen xerar e depositarano as papeleiras  habilitadas.

3.-Sairán da instalación sen usar os vestiarios polos corredores indicados, sempre facendo uso da máscara.

4.-Sairán pola recepción da instalación, pasando a tarxeta polo lector NFC no caso dos socios, si ou avisando ao persoal a recepción se non o son.

 

 

 

MEDIDAS A ADOPTAR NAS INSTALACIÓNS:

 

VESTIARIOS

1.-Os vestiarios permanecerán pechados para os usuarios.  Unicamente habilitaranse Os baños para casos de  urxencia

2.-Non se poderá utilizar as taquillas.

 

ZONA TERMAL/SPA

1.-A zona termal e spa do complexo deportivo permanecerá pechada ata que se poida garantir o cumprimento da normativa sanitaria nesta zona.

 

MÁQUINA DE VENDING:

1.-A máquina de  vending rexeranse polo punto 2.4 da resolución do 12 de xuño da Xunta de Galicia sobre as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria causada polo  Covid-19.

 

MATERIAL E EQUIPAMENTO PROPIO DAS INSTALACIÓNS:

1.-Evitarase na medida do posible o uso do material da instalación, podendo traer o usuario o seu propio material preciso para o seu adestramento.

2.-No caso de utilizar material ou equipamento da propia instalación, este deberá ser  desinfectado despois de cada uso.

 

MATERIAL E EQUIPAMENTO EXTERNO ÁS INSTALACIÓNS:

1.-Todo aquel material externo ás instalacións que achegue o usuario, non poderá ser compartido con ningunha outra persoa.

 

 

 

LIMPEZA E DESINFECCIÓN:

HORARIOS DE LIMPEZA:

1.-O ximnasio e as zonas comúns do complexo deportivo serán limpados e  desinfectados todos os días antes da súa apertura ao público.

2.-Polo menos 3 veces na xornada, durante o horario de apertura ao público, farase fincapé na limpeza de  elementos de uso común e contacto frecuente como  pomos de portas,  pasamáns, etc.

3.-Despois de cada uso, as máquinas e elementos de musculación, tonificación e aeróbicas, serán desinfectados.

4.-O ximnasio manterase aireado na medida e o maior tempo posible, acadando así unha renovación de aire suficiente.

 

CONTROL DOS AFOROS:

1.-O control do aforo establecerase na recepción do ximnasio.

2.-Chegado ao aforo máximo da instalación impedirase a entrada de novos usuarios ata que outros a abandonen.

 

 

ANEXO III

 

LOCAL DE ENSAIO MUSICAL MUNICIPAL

 

Medidas xerais da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade , pola que se dá publicidade Ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade (DOG 115, do 13 de xuño), e da resolución do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade (publicada no DOG nº 126, do 27 de xuño de 2020), pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de xuño de 2020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade

 

 

Protocolo básico de actuación apertura do local de ensaio musical municipal

 

O Local de N´Saio abrirá ao público nas seguintes condicións:

1.-O uso de esta instalación poderase facer a partir do venres 03 de xullo de 2020.

2.-O horario para o uso de esta instalación será de luns a venres, a partir das 16:00 h.

3.-Cada día so poderá facer uso da instalación un grupo musical ou de unha persoa que vaia a ensaiar de maneira individual.

4.-O servizo que se ofrece, e tan só o da aula de ensaio. É recomendable non usar o baño.

5.-A recollida das chaves do Local de N´Saio farase na Casa da Cultura en horario de 9:00 a 14:00 h. de luns a venres, ou no Centro Deportivo de luns a venres en horario de 9:00 a 14:30 e de 16:30 a 22:00. Para o que se deberá respectar as indicacións e os protocolos de medidas preventivas en cada unha de estas instalacións.

6.-O aforo queda fixado en 5 persoas.

7.-O uso da máscara é obrigatorio durante todo o tempo de permanencia nas instalacións sempre que non se poida gardar a distancia de seguridade de 2 metros.

8.-É obrigatorio a hixiene de mans á entrada do Local de N´Saio co hidroxel dispoñible no acceso a instalación.

9.-Cada usuario/a debera levar os seus instrumentos, na medida do posible.

10.-Non se poderá usar a aula de gravación, nin os instrumentos da aula en ensaio, coma tampouco os micrófonos e as baquetas. Si poderase usar os amplificadores, a batería, e a mesa de mezclas (para a que haberá que empregar guantes para o seu uso).

10.-Non se poderá pechar a porta da aula de ensaio.

11.-Debese respectar a sinalización e as indicacións que lle poidan dar os/as responsables das instalación ou os empregados/as municipais.

12.-Cada membro do grupo ou persoa que de maneira individual, que cada día faga uso de esta instalación, deberá cubrir unha folla de rexistro que estará dispoñible na acceso o Local de N´Saio, co nome, apelidos, D.N.I. e sinatura, de cada un dos usuarios/as de dita instalación.

13.-Se os grupos ou persoas que usen o Local de N´Saio, cambian ou modifican o día de uso de dita instalación deberán comunicalo cunha antelación de 24 h. chamando o Local Interxeracional, ó telefono 981.11.70.20, ou a través dun correo electrónico a omix@carral.es

14.-A desinfección do local de N´Saio levarase a cabo todos os días de luns a venres pola mañá.

 

DECRETO 287-2020 Medidas COVID19 (7º decreto)

Por decreto da alcadía 280/2020, do 29 de xuño, resolveuse aprobar a listaxe provisional de admitidos e excluídos dos candidatos/as presentados  para a contratación laboral temporal dun operario de limpeza de montes ao abeiro da subvención concedida a este Concello pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o fomento do emprego no medio rural

Outórgaselle aos interesados un prazo de DOUS DÍAS HÁBILES para reclamacións ou correccións segundo o establecido nas bases que rexen o procedemento.

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal no 981670002.

Modelo Decreto adm. provis.

DECRETO DA ALCALDÍA

ASUNTO: MEDIDAS DO CONCELLO DE CARRAL EN RELACIÓN COA EMERXENCIA DE SAÚDE PÚBLICA CAUSADA POLO VIRUS COVID-19 – REAPERTURA FEIRAS ADAPTADAS ÁS CONDICIÓNS ESTABLECIDAS LOGO DE SUPERARSE A 3ª FASE DA DESESCALADA  PARA A TRANSICIÓN CARA A UNHA NOVA NORMALIDADE (6º DECRETO DA ALCALDÍA-25 DE XUÑO DE 2020).

EXPEDIENTE: 2020/G003/000274

 

Logo de ditarse os meus decretos do 13 e do 16 de marzo para a adopción de medidas do Concello de Carral en relación coa emerxencia de saúde pública causada polo virus COVID-19.

 

Logo de ver, asemade, o meu decreto 193/2020, do 11 de maio, polo que resolvín proceder, dende o 13 de maio de 2020, á reapertura dos mercados tradicionais que desenvolven a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública (feira ou mercadillo), nos días en que se viñan realizando no Concello de Carral (4, 13 e derradeiro domingo do mes), nas condicións establecidas en tal decreto, de acordo coa Orden SND/399/2020, de 9 de mayo e, no que non se opoña a ela, ás condicións de celebración dos mercados fixadas no artigo 2, apartado 3 da Orde do 23 de marzo de 2020 da Xunta de Galicia.

 

Logo de ver o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (e as súas sucesivas prórrogas, a última das cales abrangue até as 00:00 horas do día 21 de xuño de 2020) , en especial, o establecido no texto vixente do seu artigo 7 con respecto á limitación da liberdade de circulación das persoas.

 

O Real decreto 555/2020, do 5 de xuño, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, preveu, no seu artigo 5, que a superación de todas as fases previstas no Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia de COVID-19, aprobado polo Consello de Ministros na súa reunión do 28 de abril de 2020, determinaría que quedasen sen efecto as medidas derivadas da declaración do estado de alarma, segundo as decisións das Comunidades Autónomas (artigo 6) consonte criterios sanitarios e epidemiolóxicos, relativas á superación da fase III nas diferentes provincias, illas ou unidades territoriais da súa Comunidade e, polo tanto, a súa entrada na “nova normalidade”. O Consello da Xunta de Galicia apreciou, en acordo do 13 de xuño de 2020, como autoridade sanitaria, que a Comunidade Autónoma de Galicia, estaba en condicións de superar a fase III do Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia de COVID-19 e, o Presidente da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 6.2 do Real decreto 555/2020, do 5 de xuño, dispuxo formalmente, mediante o seu decreto 90/2020, do 13 de xuño, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 115 Bis, desa mesma data, a superación da fase III do Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia do COVID-19, e, polo tanto, a entrada na “nova normalidade”, con efectos desde as 00.00 horas do día 15 de xuño de 2020.

 

En aplicación de todo o antedito, no Diario Oficial de Galicia nº 115, do 13 de xuño, publicouse a  resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

 

Logo de ver o meu decreto 261/2020, do 18 de xuño, polo que resolvín adoptar distintas medidas do Concello de Carral en relación coa emerxencia de saúde pública causada polo virus COVID-19 superada a 3ª fase da desescalada para a transición cara a unha nova normalidade (5º decreto da alcaldía-18 de xuño de 2020).

 

Logo de ver, asemade, o escrito do 22 de xuño de 2020 remitido ao Concello pola directora xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, no que indicaba que “(…)En base a todo o anterior, e tendo en conta as demandas do sector da venda ambulante, solicítase aos Concellos a procura de opcións de organización e celebración dos mercadillos que permitan a volta do 100% dos postos e dos traballadores do sector dentro das medidas de seguridade e prevención recollidas na normativa e nas diferentes guías de boas prácticas tanto estatal como autonómica que permiten:

– A ampliación do espazo establecendo 1,5 m de distancia entre persoas e entre postos

– De non ser posible a ampliación do espazo ou o distanciamento de 1,5m entre postos, o establecemento de pantallas separadoras ou outros elementos barreira entre os postos sempre co uso de máscara por parte de vendedores e clientes. (…)”.

 

Tendo en conta a competencia do Concello en materia de mercados, segundo o establecido no artigo 80, apartado 2, letra g) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e o artigo 25, apartado 2, letra i) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e, en uso das atribucións que me confere o artigo 21.1.da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e, en especial, as súas letras d) e m),

 

R E S O L V O

 

1.- Proceder, dende o 28 de xuño de 2020, á reapertura dos mercados tradicionais que desenvolven a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública (feira ou mercadillo), nos días en que se viñan realizando no Concello de Carral (4, 13 e derradeiro domingo do mes), cos postos habituais que contasen coa correspondente autorización do Concello.

 

2.-A realización dos mercados quedará suxeita ás condicións establecidas na normativa aplicable e nos protocolos e guías de boas prácticas que se indican no anexo a este decreto. Aos efectos de compensar a limitación establecida no parágrafo primeiro do punto 3.8.1 da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade , pola que se dá publicidade Ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade (DOG 115, do 13 de xuño), de acordo co establecido no parágrafo segundo de tal precepto, o mercado realizarse nas rúas Victor Velasco (até a rotonda), Belvís (até o cruce coa rúa Méndez Búa), e aumentarase a rúa Campo da Feira (zona que se sinalizará), aos efectos de poder cumprir os requisitos de distanciamento entre postos e as condicións de delimitación do mercado co obxectivo de procurar manter a distancia de seguridade inter­persoal entre traballadores, clientes e viandantes.

3.- Este decreto entrará en vigor dende a súa emisión e manterá a súa vixencia até novo aviso, en función das directrices que emitan as autoridades sanitarias e demais competentes segundo a evolución da situación.

4.- Comunicar este decreto aos servizos municipais (que haberán de transmitilo, pola súa banda, aos diferentes prestadores dos servizos afectados), e publicalo na páxina web do Concello de Carral, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e difundilo  entre a poboación do municipio.

Carral, na data de sinatura dixital que figura á marxe

O ALCALDE

Francisco Javier Gestal Pose

Visto o decreto,O SECRETARIO
Diego García Doval

 

 

ANEXO

 

MERCADOS QUE DESENVOLVEN A SÚA ACTIVIDADE NA VÍA PÚBLICA

 

Puntos 3.8 da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade , pola que se dá publicidade Ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade (DOG 115, do 13 de xuño)

 

3.8. Mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública.

 

1.-No caso dos mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública ao aire libre ou de venda non sedentaria, coñecidos como mercadillos, non poderán superar o setenta e cinco por cento dos postos habituais ou autorizados, limitando a afluencia de clientes de maneira que se asegure o mantemento da distancia de seguridade interpersoal.

 

Os concellos poderán aumentar a superficie habilitada ou habilitar novos días para o exercicio desta actividade para compensar esta limitación.

 

Á hora de determinar os comerciantes que poden exercer a súa actividade, o concello poderá priorizar aqueles que comercializan produtos alimentarios e de primeira necesida­de, asegurando que non se manipulen os produtos comercializados neles por parte dos consumidores.

 

Os concellos establecerán requisitos de distanciamento entre postos e condicións de delimitación do mercado co obxectivo de procurar manter a distancia de seguridade inter­persoal entre traballadores, clientes e viandantes ou, na súa falta, será precisa a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

 

2.-Durante todo o proceso de atención ao consumidor deberá manterse a distancia de seguridade interpersoal establecida entre o vendedor e o consumidor, que poderá ser dun metro cando se conte con elementos de protección ou barreira.

 

3.-Deberá sinalarse de forma clara a distancia de seguridade interpersoal entre clientes, con marcas no chan ou mediante o uso de balizas, cartelaría e sinalización para aqueles casos en que sexa posible a atención individualizada de máis dun cliente ao mesmo tempo.

 

4.-Recoméndase a posta á disposición de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida debidamente autorizados e rexistrados nas inmedia­cións dos mercados ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública.

 

5.-Realizarase, polo menos unha vez ao día, unha limpeza e desinfección das insta­lacións con especial atención ás superficies de contacto máis frecuentes, especialmente mostradores e mesas ou outros elementos dos postos, anteparos, de ser o caso, teclados, terminais de pagamento, pantallas táctiles, ferramentas de traballo e outros elementos susceptibles de manipulación, prestando especial atención a aqueles utilizados por máis dun traballador.

 

6.-Procurarase evitar a manipulación directa dos produtos por parte dos clientes.

 

Serán de aplicación tamén as seguintes guías de boas prácticas:

 

 

Protocolo e Guía de Boas Prácticas dirixida á actividade dos mercados de venda non sedentaria aprobada polo Ministerio de Comercio, Industria e Turismo do Goberno de España

 

https://www.mincotur.gob.es/es-es/COVID-19/Documents/Protocolo_y_guia_de_buenas_practicas_dirigida_a_la_actividad_comercial.pdf

 

Entre outras cuestións, en tal documento indícase o seguinte:

 

(…) Os mercados de venda non sedentaria poderán adaptarse ou manter a súa actividade nos lugares onde habitualmente se celebren, a condición de que o espazo onde se desenvolvan permita garantir que a afluencia de persoas non supere o aforo permitido polo concello cumprindo, no seu caso, coas ordes ministeriais segundo o establecido en cada fase de desescalada e cumprir cos requisitos de distancia mínima de seguridade entre persoas. Os Concellos poderán aumentar a superficie habilitada ou habilitar novos días ou horas para o exercicio desta actividade, sempre que se cumpran as condicións de aforo e distanciamento interpersoal e entre postos “.

 

Guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus nos mercados de venda non sedentaria, do 16 de xuño de 2020 (ISSGA, Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, da Consellaría de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia)

 

http://issga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentacion/publicacions/GUxA_DE_RECOMENDACIxNS_PREVENTIVAS_Venda_ambulante_revisado_ISSGA.pdf

 

Entre outras cuestións, en tal documento indícase o seguinte:

 

(…) Establecerase un acceso para entrada de público e outro distinto para a saída do re-cinto.

.-Controlar o aforo máximo permitido do lugar no que se celebren para garantir a distan-cia de seguridade interpersoal.

– Os concellos establecerán requisitos de distanciamento entre postos e condicións de delimitación do mercado co obxectivo de procurar manter a distancia de seguridade. A tal efecto, poderase distanciar os postos cun mínimo de 1,5 metros entre eles, salvo que teñan pantallas separadoras ou outros elementos barreira entre os postos co uso de máscara. (…)

 

 

Protocolo básico municipal de actuación nos mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública (dende o 28 de xuño de 2020).

 

A).-MEDIDAS XERAIS DE PROTECCION FRENTE AO VIRUS COVID 19 EN FEIRAS E MERCADOS AO AIRE LIBRE

1.-Distancia física interpersoal de 1,5 metros (MÍNIMO)

2.- Uso de solución hidroalcóholica

3.-Limpeza e desinfección de obxectos persoais de contacto frecuente

4.-Utilización obrigatoria de mascarillas.

5.- Calquera manipulación de productos á venda realizarase con hixiene de mans e mascarilla.

 

 

B).-MEDIDAS ORGANIZATIVAS POR PARTE DO CONCELLO

1.-Colocación de cartelería das medidas hixiénico-sanitarias nas entradas da feira.

2.-Limitación da zona de feira con barreiras e dispensadores de xel hidroalcohólico na entrada.

3.-Os postos estarán distanciados entre sí polo menos 1,5 metros.

4.-Coordinación da Policía Local e Protección Civil que velarán polo cumplimento da normativa establecida.

5.-O recinto contará con colectores de lixo para os residuos propios da actividade.

 

C).-MEDIDAS OBRIGATORIAS PARA AS PERSOAS VENDEDORAS

1.-Uso de mascarilla

2.-Obrigación de contar con expendedores de xel hidroalcohólico para uso do consumidor.

3.-Colocación de cinta para manter a distancia de seguridade.

4.-Limpeza e desinfección de superficies de contacto frecuente.

5.-Únicamente os vendedores poderán tocar os productos a excepción de textil, calzado, sombreiros que deberán usar as recomendacións específicas.

6.-Evitar a manipulación simultánea de productos e cartos sen hixienizar.

7.-En caso de devolución de productos déberase realizar a desinfección mantendo en cuarentena antes de poñelos de novo en venda. Realizarase a hixiene de mans antes e despois da manipulación dos produtos.

8.-En produtos de marroquinería expoñerase unha mostra dos artigos envoltos en plástico ou film para a súa fácil desinfección unha vez finalizada a xornada.

9.-En produtos textis, expoñerase unha mostra de prendas representativas da colección e o resto de xénero estará empaquetado e gardado por tallas.

10.-Non se recomenda o uso de probadores.

11.-Na venda de prendas “a barullo” os clientes deberán usar luvas dun so uso facilitadas polo vendedor.

12.-Na realización de probas de sombreiros e accesorios de cabeza usaranse protectores plásticos dun so uso.

 

DECRETO 272-2020 Medidas COVID19 (6º decreto)

Publícase o decreto da alcaldía 267/2020, do 23 de xuño de 2020, polo que se resolveu iniciar o procedemento urxente para a contratación dun operario de limpeza de montes ao abeiro da subvención da Consellería de Economía, Industria e Emprego para o fomento do emprego no medio rural (Aprol).

Dada a urxencia na contratación e atendendo á Orde da Consellería unicamente se poderán presentar ao posto os/as candidatos remitidos polo servizo público de emprego de Galicia.

Outórgaselles a todos/as candidatos/as remitidos polo SEPE un prazo de dous días hábiles para a presentación das instancias para participar no procedemento.

instancia operario limpeza montes aprol

Modelo Decreto (2)

DECRETO DA ALCALDÍA

ASUNTO: MEDIDAS DO CONCELLO DE CARRAL EN RELACIÓN COA EMERXENCIA DE SAÚDE PÚBLICA CAUSADA POLO VIRUS COVID-19 SUPERADA A 3ª FASE DA DESESCALADA  PARA A TRANSICIÓN CARA A UNHA NOVA NORMALIDADE (5º DECRETO DA ALCALDÍA-18 DE XUÑO DE 2020).

EXPEDIENTE: 2020/G003/000262

 

Logo de ditarse os meus decretos do 13 e do 16 de marzo para a adopción de medidas do Concello de Carral en relación coa emerxencia de saúde pública causada polo virus COVID-19.

Logo de ver, asemade, o meu decreto 193/2020, do 11 de maio, polo que resolvín proceder, dende o 13 de maio de 2020, á reapertura dos mercados tradicionais que desenvolven a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública (feira ou mercadillo), nos días en que se viñan realizando no Concello de Carral (4, 13 e derradeiro domingo do mes), nas condicións establecidas en tal decreto, de acordo coa Orden SND/399/2020, de 9 de mayo e, no que non se opoña a ela, ás condicións de celebración dos mercados fixadas no artigo 2, apartado 3 da Orde do 23 de marzo de 2020 da Xunta de Galicia.

Logo de ver o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (e as súas sucesivas prórrogas, a última das cales abrangue até as 00:00 horas do día 21 de xuño de 2020) , en especial, o establecido no texto vixente do seu artigo 7 con respecto á limitación da liberdade de circulación das persoas.

O Real decreto 555/2020, do 5 de xuño, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, preveu, no seu artigo 5, que a superación de todas as fases previstas no Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia de COVID-19, aprobado polo Consello de Ministros na súa reunión do 28 de abril de 2020, determinaría que quedasen sen efecto as medidas derivadas da declaración do estado de alarma, segundo as decisións das Comunidades Autónomas (artigo 6) consonte criterios sanitarios e epidemiolóxicos, relativas á superación da fase III nas diferentes provincias, illas ou unidades territoriais da súa Comunidade e, polo tanto, a súa entrada na “nova normalidade”. O Consello da Xunta de Galicia apreciou, en acordo do 13 de xuño de 2020, como autoridade sanitaria, que a Comunidade Autónoma de Galicia, estaba en condicións de superar a fase III do Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia de COVID-19 e, o Presidente da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 6.2 do Real decreto 555/2020, do 5 de xuño, dispuxo formalmente, mediante o seu decreto 90/2020, do 13 de xuño, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 115 Bis, desa mesma data, a superación da fase III do Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia do COVID-19, e, polo tanto, a entrada na “nova normalidade”, con efectos desde as 00.00 horas do día 15 de xuño de 2020.

 

En aplicación de todo o antedito, no Diario Oficial de Galicia nº 115, do 13 de xuño, publicouse a  resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

 

Sendo por tanto necesario que o Concello de Carral adopte no seu territorio as medidas que, dentro do seu ámbito de competencias, contribúan no devandito senso e, en uso das atribucións que me confere o artigo 21.1.da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e, en especial, as súas letras d) e m),

 

R E S O L V O

 

1.- Proceder, dende a data desta resolución, á reapertura das seguintes instalacións municipais do Concello de Carral:

 

Parques infantís

Pistas polideportivas ao aire libre (incluída a de skate e excluídas as de tenis e pádel)

Canchas de chave.

 

A súa utilización haberá de rexirse polo establecido nas disposicións aplicables a cada instalación no ANEXO I  a este decreto (no que se transcribe o punto 3.32  da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade (DOG 115, do 13 de xuño) e o protocolo municipal do Concello de Carral que o desenvolve)

 

 2.- Proceder, dende o luns 22 de xuño de 2020, á reapertura das seguintes instalacións municipais do Concello de Carral:

 

Pavillón polideportivo do Espiño

Campo municipal de fútbol Borja Rodríguez Ans

Galería municipal de tiro olímpico

 

A súa utilización haberá de rexirse polo establecido nas disposicións aplicables a cada instalación no ANEXO I a este decreto (no que se transcribe o punto 3.32  da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade (DOG 115, do 13 de xuño) e o protocolo municipal do Concello de Carral que o desenvolve)

 

3.- Proceder, dende o luns 22 de xuño de 2020, á reapertura da Biblioteca municipal do Concello de Carral (excluida a biblioteca infantil).

 

A súa utilización haberá de rexirse polo establecido no ANEXO II  a este decreto (no que se transcribe o punto 3.14  da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade (DOG 115, do 13 de xuño) e o protocolo municipal do Concello de Carral que o desenvolve)

 

4.- En relación cos mercados tradicionais que desenvolven a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública (feira ou mercadillo), seguirán realizándose, até novo aviso, nas condicións establecidas no meu decreto 193/2020, do 11 de maio, polo que resolvín proceder, dende o 13 de maio de 2020, á súa reapertura [nos días en que se viñan realizando no Concello de Carral (4, 13 e derradeiro domingo do mes), nas condicións establecidas en tal decreto, de acordo coa Orden SND/399/2020, de 9 de mayo e, no que non se opoña a ela, coas condicións de celebración dos mercados fixadas no artigo 2, apartado 3 da Orde do 23 de marzo de 2020 da Xunta de Galicia].

 

5.-Manifestar que se prevé a reapertura dende o 01 de xullo das seguintes instalacións do Concello de Carral, mais que non se realizará sen que se confirme de forma previa mediante novo decreto desta Alcaldía:

 

Pistas de tenis

                Pistas de pádel

                Piscina municipal

Ximnasio do complexo deportivo municipal (agás o spa, que permanecerá pechado até novo aviso).

 

6.- Reiterar á cidadanía que, até novo aviso, reabriranse ao público a Casa do Concello, o Edificio Toñito Espiñeira (departamento de Servizos Sociais do Concello) a Casa da Cultura e o Local Interxeracional, nas seguintes condicións:

O horario de apertura ao público será, de luns a venres (non festivos), de 09 a 14 horas.

 

6.1).-Atenderase aos veciños preferentemente por medios telefónicos e telemáticos:

Casa do Concello:

Teléfono: 981 670 002

Correo electrónico: correo@carral.es

Sede electrónica:  http://sede.carral.es

Edificio Toñito Espiñeira. Servizos Sociais

Teléfono: 981 613 520

Correo electrónico: serviciossociales@carral.es

Sede electrónica:  http://sede.carral.es

Casa da Cultura

Teléfono: 981 672 580

Correo electrónico: cultura@carral.es ; deportes@carral.es ; biblioteca@carral.es

Sede electrónica:  http://sede.carral.es

(A biblioteca municipal rexerase polo indicado no punto 3 desta resolución)

Local Interxeracional

Teléfono: 981 672 580

Correo electrónico: omix@carral.es

Sede electrónica:  http://sede.carral.es

O local non realizará as actividades habituais ata que as condicións recomendadas o permitan, polo que o andar baixo permanecerá pechado ao público. Provisoriamente só estará aberto ao público o andar superior, onde se fará tanto atención telemática como atención presencial.

6.2).- Para ser atendidos de xeito presencial, recoméndase obter CITA PREVIA polos medios indicados.

Asemade, habilitouse na sede electrónica do Concello de Carral unha aplicación específica para a solicitude de cita previa para todos os departamentos municipais:

https://sede.carral.es/opencms/es/cita/index.html

 

7.-As restantes instalacións municipais non mencionadas nos puntos anteriores desta resolución permanecerán pechadas ao público até novo aviso.

 

8.- Este decreto entrará en vigor dende a súa emisión e manterá a súa vixencia até novo aviso, en función das directrices que emitan as autoridades sanitarias e demais competentes segundo a evolución da situación.

 

9.- Comunicar este decreto aos servizos municipais (que haberán de transmitilo, pola súa banda, aos diferentes prestadores dos servizos afectados), e publicalo na páxina web do Concello de Carral, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e difundilo  entre a poboación do municipio.

Carral, na data de sinatura dixital que figura á marxe

O ALCALDE

Francisco Javier Gestal Pose

Visto o decreto,O SECRETARIO
Diego García Doval

 

 

ANEXO I

 

PARQUES INFANTÍS E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

 

Puntos 3.20 e 3.32  da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade , pola que se dá publicidade Ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade (DOG 115, do 13 de xuño)

 

3.20. Actividade e instalacións deportivas.

 

1.-A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de vinte e cinco persoas de forma simultánea. Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata vinte e cinco persoas, sen contacto físico, e sempre que non se superen os dous terzos da capacidade máxima permitida.

 

2.-Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física.

 

3.-Cada instalación deportiva deberá publicar un protocolo para coñecemento xeral dos seus usuarios e que recollerá as distintas especificacións en función da tipoloxía de instalacións que, de ser o caso, poidan preverse nun protocolo básico aprobado polo Centro de Coordinación Operativa por proposta da Secretaría Xeral para o Deporte.

 

4.-Nas instalacións deportivas a actividade física e deportiva estará suxeita aos seguintes criterios xerais de uso:

 

a).-Con carácter xeral, non se compartirá ningún material e, se isto non fose posible, garantirase a presenza de elementos de hixiene para o seu uso continuado.

 

b).-As bolsas, mochilas ou efectos persoais só se poderán deixar nos espazos habilitados para ese fin.

 

c).-Os deportistas non poderán compartir alimentos, bebidas ou similares.

 

d).-Antes de entrar e ao saír do espazo asignado, deberán limparse as mans cos hidroxeles que deberán estar dispoñibles nos espazos habilitados para o efecto.

 

e).-Os técnicos, monitores ou adestradores deberán manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, utilizar máscara.

 

f).-Utilizarase a máscara durante o tempo de circulación entre espazos comúns nas instalacións, salvo que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal.

 

5.-Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que nas instalacións se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración

 

3.32. Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.

 

1.-Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

 

2.-Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal ou, no seu defecto, a utilización de medidas alternativas de protección física.

 

3.-Deberán aplicarse as medidas de hixiene e prevención establecidas, especialmente no que se refire a proceder diariamente á limpeza e desinfección destes espazos nas áreas de contacto das zonas comúns, tales como xogos das zonas infantís, aparatos de actividade física ou outro mobiliario urbano de uso compartido.

 

4.-Recoméndase dispor neses espazos, especialmente no que se refire a parques infantís, de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados, ou dunha solución xabonosa no caso de espazos para menores de dous anos de idade.”

 

 

Protocolo básico de actuación apertura de instalacións deportivas municipais do Concello de Carral (pistas deportivas ao aire libre, canchas de chave, pistas de tenis, pistas de pádel, pista Skate, galería de tiro olímpico, campo de fútbol e pavillóns deportivos)

 

A).-Normas xerais e características para o uso das instalacións deportivas municipais.

1.-Todas as instalacións deportivas municipais abrirán só unha vez se decrete e comunique dita  apertura desde o Concello de Carral.

2.-As instalacións ás que se refire este protocolo son: pistas deportivas ao aire libre, canchas de chave, pistas de tenis, pistas de pádel, campo de fútbol e pavillóns deportivos.

3.-A práctica da actividade física e deportiva non federada, nas instalacións ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de vinte e cinco persoas de forma simultánea. Nas instalacións pechadas, como condicionante do anterior, non se deberá superar o 75 % do aforo.

4.-Poderase realizar actividade de adestramento de tipo medio (actividade individual) e realización de accións tácticas específicas, sempre garantindo a distancia social

5.-Non se poderá facer uso dos vestiarios nin bancadas, nin ambigús sociais.

6.-Con carácter xeral, non está permitido compartir ningún material de adestramento. No caso de non ser posible, garantirase a presenza de elementos de hixiene para o seu uso continuado.

7.-Na medida do posible, cada entidade traer e levar o seu propio material de adestramento, que  deberá desinfectar o ao finalizar cada sesión de traballo.

8.-As bolsas, mochilas ou efectos persoais só se poderán deixar nos espazos habilitados para ese fin.

9.-Nos pavillóns e campo de fútbol, o calzado deportivo para adestramento será distinto ao calzado de acceso á instalación e os usuarios/ as virán vestidos coa roupa que utilizarán para os adestramentos.

10.-Os deportistas non poderán compartir alimentos, bebidas ou similares.

11.-Nas instalacións cubertas e con control de acceso por parte do concello, antes de entrar e ao saír do espazo asignado, deberán limparse as mans cos hidroxeles.

12.-O uso das máscaras é obrigatorio durante o tempo de circulación entre espazos comúns nas instalacións, non así durante a práctica deportiva.

13.-Cando os houbera, os técnicos, monitores ou adestradores deberán manter as medidas de seguridade necesarias, preferiblemente o distanciamento social ou, de non ser posible, o uso de máscara.

14.-NON  está permitido nin o acceso nin a permanencia de público (espectadores, pais/nais, e outros acompañantes non esenciais para a práctica deportiva) ás instalacións deportivas municipais. O acceso dos/as deportistas menores de idade, quedará baixo o control dos adestradores/as de cada sesión.

15.-Todas as entidades deportivas federadas que soliciten o uso das Instalacións deportivas municipais presentarán un protocolo básico adaptado a súa práctica deportiva específica, onde deberá aparecer a lo menos:

a).-Persoa RESPONSABLE da vixilancia e cumprimento do protocolo da entidade. Esta persoa ademais comunicará ao servizo municipal de deportes calquera incidencia que se producise na instalación ou na práctica deportiva relativa a estas medidas de seguridade.

b).-Relación de deportistas ( nome e apelidos, DNI, categoría, horario e responsable do grupo).

c).-Dita documentación será enviada ao servizo municipal de deportes mediante correo electrónico polo menos con 24 horas de antelación para a correspondente autorización municipal. A entidade estará obrigada a gardar e custodiar a relación de usuarios/ as.

16.-Non se poderá acceder á instalación sen autorización municipal.

17.-As entidades garantirán o lavado de mans cos hidroxeis dos seus deportistas cando accedan e abandonen ás instalacións deportivas, así como o uso da máscara nas zonas comúns e que se manteña a distancia social de 1,5 m. Vixiará tamén que os seus deportistas ou representantes NON accedan ás instalacións con síntomas compatibles co  Covid -19.

 

B).-Normas específicas para as pistas deportivas ao aire libre, pistas de tenis, pista de skate e canchas de chave.

1.-A apertura destas instalacións está dirixida á veciñanza en xeral cuxa intención sexa a práctica da actividade física e/ou deportiva.

2.-O aforo destas instalacións deberá respectar a norma de 4 m2 por usuario, ata un máximo de 25 persoas de xeito simultáneo.  A práctica da actividade física e deportiva poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico

3.-Deberase manter a distancia interpersoal de seguridade de 1,5 m, e se non fose posible deberase usar máscara.

4.-Non se establece un horario de uso definido para estas instalacións.

5.-Naquelas instalacións que o permitan, usarase unha porta de entrada e outra de saída.

6.-Os vestiarios dos locais sociais das pistas ao aire libre permanecerán pechados.

 

C).-Normas específicas para os pavillóns deportivos, galería de tiro olímpico, pistas de pádel e campo de fútbol municipais.

 

1.-A apertura deste tipo de instalacións diríxese unicamente aos clubs e entidades deportivas sitas no concello de Carral.

2.-A práctica da actividade física e deportiva non federada poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de vinte e cinco persoas de forma simultánea. O aforo non se deberá superar o 75 % do aforo, respectando sempre a premisa de 4 m2 por deportista.

3.-A entrada e saída aos pavillóns farase na medida do posible por distintas portas. De non ser posible, farase por quendas, para evitar a aglomeración dos deportistas.

4.-Cando os deportistas entren na instalación deberán lavar as mans con hidroxeles, e desinfectar o calzado nun felpudo previsto para esa función. Antes de abandonar a instalación, os usuarios deben desinfectar as mans con hidroxeles.

5.-O uso das máscaras é obrigatorio durante o tempo de circulación entre espazos comúns nas instalacións, non así durante a práctica deportiva.

6.-Non se poderá facer uso dos vestiarios nin bancadas, nin ambigús sociais.

7.-Con carácter xeral, non está permitido compartir ningún material de adestramento. Na medida do posible, cada entidade deberá traer e levar o seu propio material de adestramento, que  terá que desinfectar o ao finalizar cada sesión de traballo.

8.-Establecerase unha zona para depositar as bolsas, mochilas ou efectos persoais durante o adestramento.

9.-O calzado deportivo para adestramento será distinto ao calzado de acceso á instalación e os usuarios/ as virán vestidos coa roupa que utilizarán para os adestramentos.

10.-Os técnicos, monitores ou adestradores deberán manter as medidas de seguridade necesarias, preferiblemente o distanciamento social ou, de non ser posible, o uso de máscara.

11.-Cada club deberá presentar un protocolo segundo se describe anteriormente nas normas xerais.

12.-NON  está permitido nin o acceso nin a permanencia de público (espectadores, pais/nais, e outros acompañantes non esenciais para a práctica deportiva) ás instalacións deportivas municipais. O acceso dos/as deportistas menores de idade, quedará baixo o control dos adestradores/as de cada sesión.

13.-Non se permite compartir a sesión de adestramento con deportistas doutras entidades, exceptuando as actividades propias de campus ou campamentos deportivos que dispoñan de autorización municipal, que requirirán un protocolo específico que a entidade organizadora deberá presentar ao servizo municipal de deportes.

14.-Existirá un tempo de 15 minutos entre os diferentes grupos de adestramento para garantir unha entrada e saída segura dos diferentes grupos de deportistas, ou de ser preciso, a correspondente desinfección.

15.-O uso destas instalacións será previa solicitude na que se detallará os grupos, as horas solicitadas e a relación de todos os usuarios nesa franxa horaria.

16.-O cobro polo aluguer das instalacións farase mediante transferencia ou tarxeta bancaria, nunca en metálico.

17.-Os horarios de uso destas instalacións:

De 10.00 – 14.00 h e de 16.00 – 22.00 h

Cun máximo de 25 usuarios por franxa horaria.

 

 

ANEXO II

 

BIBLIOTECA MUNICIPAL

 

Punto 3.14  da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade , pola que se dá publicidade Ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade (DOG 115, do 13 de xuño)

 

3.14. Bibliotecas.

1.-As bibliotecas, tanto de titularidade pública como privada, prestarán os servizos para as actividades de préstamo e devolución de obras, lectura en sala, información bibliográfica e bibliotecaria e préstamo interbibliotecario, así como o resto de actividades ordinarias propias do servizo bibliotecario, sen que na ocupación de salas podan superar o setenta e cinco por cento sobre a súa capacidade ou capacidade máxima permitida Este límite de ocupación será aplicable tamén á realización de actividades culturais nelas.

2.-Poderase facer uso dos medios tecnolóxicos das bibliotecas destinados para o uso público, así como de catálogos de acceso público en liña, catálogos en fichas da biblioteca ou publicacións electrónicas.

3.-Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

4.-Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que no establecemento se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.”

 

Protocolo básico de actuación apertura da Biblioteca  municipal do Concello de Carral

 

A Biblioteca municipal (Casa da Cultura) abrirá ao público nas seguintes condicións:

1.-Horario: de luns a venres de 10:00 a 14:00 h.

2.-Servizos que se ofrecen:

Préstamo de libros e audiovisuais

Lectura en sala

Uso dos ordenadores públicos

3.-A atención ao público farase no mostrador da Biblioteca.

4.-O aforo queda fixado en 23 persoas.

5.-O uso da máscara é obrigatorio durante todo o tempo de permanencia nas instalacións da Casa da Cultura, incluída a Biblioteca.

6.-É obrigatorio a hixiene de mans á entrada da Biblioteca co hidroxel dispoñible no acceso.

7.-O préstamo farase nas seguintes condicións:

a).-As persoas usuarias non terán acceso directo á colección .

b).-Priorizarase a atención con cita previa, solicitando os exemplares desexados chamando ao 981 672 580 ou enviando un correo a biblioteca@carral.es.

c).-Presencialmente poderase solicitar o préstamo de exemplares. Será o persoal da Biblioteca quen se encargue da busca e entrega da obra solicitada.

d).-Para consultar o catálogo e dispoñibilidade de obras, accederase a https://rbgalicia.xunta.gal/es/biblioteca-publica-municipal-de-carral.

e).-Para a devolución de libros ou audiovisuais existen as seguintes opcións:

e.1).-Pódese depositar na caixa do correo da Casa da Cultura (sinalizado como “Buzón” xunto ás portas principais) en calquera horario.

e.2).-Se non require solicitar un novo préstamo, e dentro do horario de apertura da Casa da Cultura (de 9:00 a 14:00 h.), pódese deixar no mostrador da planta baixa.

e.3).-Se require solicitar un novo préstamo, pódese facer no mostrador da Biblioteca.

8.-A lectura nas mesas realizarase nos postos sinalados, mantendo as distancias interpersoais coas restantes persoas e evitando colocar moitos obxectos (libretas, lapis, carteiras, lentes, teléfonos, ordenadores, tabletas…) enriba das mesas.

9.-Recoméndase que o tempo de lectura nas mesas ou butacas non supere as dúas (2) horas.

10.-Poderanse usar para a lectura as butacas, sen que se poidan desprazar.

11.-O uso dos ordenadores públicos estará restrinxido a 30 minutos por persoa.

12.-Se manteñen as prohibicións de comer ou beber na Biblioteca.

13.-Respecte a sinalización e as indicacións das bibliotecarias.

 

DECRETO 261-2020 Medidas COVID19 (5º decreto)

Publícase a acta do tribunal de selección de persoal coa proposta ao Sr. Alcalde dos aspirantes con maior puntuación para cubrir os postos de albaneis e electricista.

Confíreselle a todos os interesados un prazo de dous días hábiles (18 e 19 de xuño de 2020) para reclamacións ou alegacións segundo o establecido no punto sétimo das bases que rixen esta contratación.

ACTA.doc

Por decreto da alcaldía do 16 de xuño de 2020 resolveuse aprobar a listaxe definitiva de admitidos e excluídos dos candidatos presentados no procedemento de selección para a contratación laboral temporal de tres albaneis e un electricista (oficiais de segunda), a xornada parcial, durante seis meses, ao abeiro do programa PEL-Concellos 2020, así como nomear aos membros do tribunal e fixar o dia e a hora da entrevista profesional.

Co fin de dar cumprimento ao establecido no punto sétimo das bases que rexen a contratación públicase o presente anuncio.

hora e lugar entrevista

DECRETO 259-2020 Admitidos excluidos definitivos, tribunal, entrevista selección 4 oficiais PEL 2020

 

DECRETO DA ALCALDÍA

ASUNTO: MEDIDAS DO CONCELLO DE CARRAL EN RELACIÓN COA EMERXENCIA DE SAÚDE PÚBLICA CAUSADA POLO VIRUS COVID-19 -3ª FASE DA DESESCALADA (4º DECRETO DA ALCALDÍA-11 DE XUÑO DE 2020).

EXPEDIENTE: 2020/G003/000251

 

Logo de ditarse os meus decretos do 13 e do 16 de marzo para a adopción de medidas do Concello de Carral en relación coa emerxencia de saúde pública causada polo virus COVID-19.

 

Logo de ver, asemade, o meu decreto 193/2020, do 11 de maio, polo que resolvín proceder, dende o 13 de maio de 2020, á reapertura dos mercados tradicionais que desenvolven a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública (feira ou mercadillo), nos días en que se viñan realizando no Concello de Carral (4, 13 e derradeiro domingo do mes), nas condicións establecidas en tal decreto, de acordo coa Orden SND/399/2020, de 9 de mayo e, no que non se opoña a ela, ás condicións de celebración dos mercados fixadas no artigo 2, apartado 3 da Orde do 23 de marzo de 2020 da Xunta de Galicia.

 

Logo de ver o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (e as súas sucesivas prórrogas, a última das cales abrangue até as 00:00 horas do día 21 de xuño de 2020) , en especial, o establecido no texto vixente do seu artigo 7 con respecto á limitación da liberdade de circulación das persoas.

 

Tendo en conta, asemade, a “Orden SND/399/2020, de 9 de mayo, para la flexibilización de determinadas restricciones de ámbito nacional, establecidas tras la declaración del estado de alarma en aplicación de la fase 1 del Plan para la transición hacia una nueva normalidad”, no seu texto vixente na data tralas súas diversas modificacións ( a última das cales-ata a data- realizouse por medio daOrden SND/458/2020, de 30 de mayo, para la flexibilización de determinadas restricciones de ámbito nacional establecidas tras la declaración del estado de alarma en aplicación de la fase 3 del Plan para la transición hacia una nueva normalidad.”, publicada no BOE nº 153, do 30 de maio de 2020, e que inclúe ás catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia no seu ámbito de aplicación.

 

Sendo por tanto necesario que o Concello de Carral adopte no seu territorio as medidas que, dentro do seu ámbito de competencias, contribúan no devandito senso e, en uso das atribucións que me confere o artigo 21.1.da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

 

R E S O L V O

 

1.- Reiterar, até novo aviso,  as cancelacións e suspensións de actividades organizadas polo Concello de Carral  indicadas nos puntos 1 a 3 do meu decreto do 13 de marzo de 2020,

 

2.- En relación cos mercados tradicionais que desenvolven a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública (feira ou mercadillo), seguirán realizándose, até novo aviso, nas condicións establecidas no meu decreto 193/2020, do 11 de maio, polo que resolvín proceder, dende o 13 de maio de 2020, á súa reapertura [nos días en que se viñan realizando no Concello de Carral (4, 13 e derradeiro domingo do mes), nas condicións establecidas en tal decreto, de acordo coa Orden SND/399/2020, de 9 de mayo e, no que non se opoña a ela, coas condicións de celebración dos mercados fixadas no artigo 2, apartado 3 da Orde do 23 de marzo de 2020 da Xunta de Galicia].

3.- Indicar á cidadanía que, até novo aviso, reabriranse ao público a Casa do Concello, o Edificio Toñito Espiñeira (departamento de Servizos Sociais do Concello) a Casa da Cultura e o Local Interxeracional, nas seguintes condicións:

O horario de apertura ao público será, de luns a venres (non festivos), de 09 a 14 horas.

3.1).-Atenderase aos veciños preferentemente por medios telefónicos e telemáticos:

Casa do Concello:

Teléfono: 981 670 002

Correo electrónico: correo@carral.es

Sede electrónica:  http://sede.carral.es

Edificio Toñito Espiñeira. Servizos Sociais

Teléfono: 981 613 520

Correo electrónico: serviciossociales@carral.es

Sede electrónica:  http://sede.carral.es

Casa da Cultura

Teléfono: 981 672 580

Correo electrónico: cultura@carral.es ; deportes@carral.es ; biblioteca@carral.es

Sede electrónica:  http://sede.carral.es

A entrega e recollida de libros da biblioteca realizarase na recepción do edificio baixo o protocolo establecido e anunciado na páxina web do Concello de Carral  e sempre con cita previa. Non se permite subir á biblioteca.

Local Interxeracional

Teléfono: 981 672 580

Correo electrónico: omix@carral.es

Sede electrónica:  http://sede.carral.es

O local non realizará as actividades habituais ata que as condicións recomendadas o permitan, polo que o andar baixo permanecerá pechado ao público. Provisoriamente só estará aberto ao público o andar superior, onde se fará tanto atención telemática como atención presencial.

3.2).- En caso de imperiosa necesidade de ser atendidos de xeito presencial, será imprescindible obter CITA PREVIA polos medios indicados.

Asemade, habilitouse na sede electrónica do Concello de Carral unha aplicación específica para a solicitude de cita previa para todos os departamentos municipais:

https://sede.carral.es/opencms/es/cita/index.html

3.- Todo o persoal municipal prestará os seus servizos no horario ordinario e nas condicións de presencialidade e/ou teletraballo establecidas pola Xefatura de persoal do Concello.

4.- Reanúdanse as sesións ordinarias dos órganos colexiados municipais, que convocará esta Alcaldía (Xunta de Goberno Local, Pleno da Corporación, Comisións Informativas).

5.- Este decreto entrará en vigor dende a súa emisión e manterá a súa vixencia até novo aviso, en función das directrices que emitan as autoridades sanitarias e demais competentes segundo a evolución da situación.

6.- Comunicar este decreto aos servizos municipais (que haberán de transmitilo, pola súa banda, aos diferentes prestadores dos servizos afectados), e publicalo na páxina web do Concello de Carral, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e difundilo  entre a poboación do municipio.

 

DECRETO 251-2020 Medidas COVID19 (4º decreto)