Desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) elaboramos unha enquisa para coñecer cales son as demandas e inquedanzas dos mozos e mozas do noso concello. Para elo deberás entrar no enlace e responder a unhas cuestión. Por suposto é anónima, e tan só che levará un par de minutos! Agradecémos a túa colaboración!

https://forms.gle/KWKXLyENpxfBVLqg8

ANUNCIO

Con data 22 de xaneiro dende o Concello de Carral establécese a CONCESIÓN DEFINITIVA DE AXUDAS PEL REACTIVA (FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA) DO CONCELLO DE CARRAL.

O obxecto desta concesión é financiar gastos correntes das persoas traballadoras por conta propia e autónomas e as microempresas radicadas no termo municipal de Carral directamente afectaddas pola crise sanitaria ocasionada pola Covid 19 e a entrada en vigor do RD 463/2020 de 14 de marzo.

Fondo de financiamento para reactivación económica e social da provincia da Coruña da Excma Deputación da Coruña PEL Reactiva (Plan de Emprego Local) e Concello de Carral.

Con data 5 de xaneiro de 2021 a Alcaldía ditou a resolución de concesión provisional de axudas PEL REACTIVA, cofinanciadas nun 80% pola Excma Deputación da Coruña e cun 20% polo Concello de Carral. Axudas dirixidas a persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores ao seu cargo e microempresas afectadas pola crise santiaria ocasionada pola Covid 19, para paliar os efectos ocasionados pola situación actual. Podedes consultar a vosa concesión na seguinte ligazón:

O Concello de Carral leva meses traballando para reaxustar a programación de Nadal á situación sanitaria provocada pola COVID-19. En palabras do goberno local, “o obxectivo era manter a programación de Nadal, pero adaptándoa á nova normalidade para garantir, por enriba de todo, o benestar dos veciños e veciñas”. Para conseguilo, e baixo o título ‘Un Nadal diferente pero con alternativas’, o Concello organizou un completo programa de actividades que se realizarán, tanto de xeito telemático, como presencialmente -neste último caso, cumprindo, en todo momento, cun estrito protocolo de seguridade-.

Por unha banda, a programación da Oficina Municipal de Información á Xuventude inclúe numerosas propostas. Entre elas, un Concurso de Postais de Nadal no que poderán participar nenos de entre 3 e 9 anos (divididos en dúas categorías) ata o 22 de decembro. O Concello propón tamén o certame ‘Anima o Nadal de Carral en TikTok’, no que terán a posibilidade de tomar parte rapaces e rapazas a partir de 10 anos -ata o 30 de decembro-. O vídeo gañador recibirá un premio. Así mesmo, e co fin de que os cativos e cativas poidan formular os seus desexos aos Reis Magos, o Concello porá en marcha un servizo de videochamada para o que será preciso reservar cita no teléfono 674 793 475 -dispoñible para nenos e nenas de ata 9 anos-. Esta é a alternativa que o Concello ofrece á tradicional recepción dos Reis Magos.

Pola outra banda, a oferta cultural inclúe un acto de animación musical o 24 de decembro no que se interpretarán panxoliñas ao longo de todo o municipio. O 26 de decembro ás 17.00 horas, o local Xente Nova de Tabeaio acollerá ‘Cantando polo Nadal’, con Xavi Longueirón. Durante o espectáculo, o artista dedicará unha canción á tradicional figura do Apalpador. A maiores, o 5 de xaneiro ás 20.00 horas emitirase un vídeo da recepción dos Reis Magos por parte do alcalde, Francisco Javier Gestal. Os nenos e nenas que desexen formular os seus desexos ás Súas Maxestades de Oriente poderán facelo depositando as súas cartas no buzón real situado diante da Casa Consistorial. Este elemento estará disposto desde o 26 de decembro ata o 5 de xaneiro. 

 

O Concello de Carral dende a Concellería de Sanidade para respaldar e promover o dia 20 de novembro,  Día Mundial da Infancia colabora coa plataforma PediatrasXa MatronasXa, unha plataforma creada en protesta pola falta de pediatras e matronas en Galicia.

O  obxectivo: non permitir que nos arrebaten a atención primaria, e moito menos agora coa crise sanitaria que estamos a vivir.

A plataforma está presente nas redes sociais a través da conta @pediatrasgalicia en Facebook e Instagram  para informar as familias e veciñ@s do labor que estan a facer, empregando os hashtag #pediatrasXa #matronasXa.

 

Tamén fixeron unha recollida de sinaturas en change.org que podedes asinar sinxelamente: https://www.change.org/pediatrasgalicia

O  20 de Novembro Día Universal da Infancia, o concello participou  publicando ás 12.00 unha foto na rede social de Sanidade en branco e negro cos brazos en cruz , en símbolo de protesta e co obxectivo de facelo viral, chegar ao maior número de xente posible e que os medios de comunicación lles dean voz.

 

 

 

👉👉Dende a Consellería de Economía, Emprego e Industria concederon aos dous promotores (Abegondo e Betanzos) cos que Carral ten convenio para levar a cabo os Obradoiros de emprego dende o 15/12/2020 ata o 14/09/2021. Serán 9 meses de formación e aprendizaxe para empadroados que estean apuntados nas oficinas de emprego dos concellos que estamos en convenio para realizar estes programas.

👉👉Promotor Abegondo. Obradoiro REserva da biosfera : Emprego forestal
Formación:
📒📗📕Para acceso ter a ESO ou competencias clave nivel 2: Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas
📕📗📒Para acceso sen estudos: Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes
👉👉Promotor Betanzos: Obradoiro Formación para a empregabilidade
Formación para acceso ter ESO ou competencias clave nivel 2:
📒📗📕Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
📕📗📒Atención sociosanitaria para persoas dependentes en institucións sociais
A selección de candidat@s será inmediata debido ao comezo próximo que marca a Xunta.
Interesad@s. Requisito imprescindible estar apuntados nas oficinas de emprego como desempregados e solicitar apuntarse aos obradoiros duais de emprego da formación mencionada. Pódense solicitar pedindo cita na oficina de emprego ou a través da aula virtual como desempregado.
Para máis información podedes chamar ao concello ao ☎️678338872

Coa achega da Deputación da Coruña a través do PEL REACTIVA do 80% e do Concello de Carral do 20% existe un fondo de financiamento de 112.962,78€ para poder levar a cabo esta liña de axudas. O procedemento de concesión de axudas reguladas é o de concorrencia competitiva de acordo co establecido no artigo 22.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

O PRAZO é dende o 6 ata o dia 25 de novembro de 2020 ás 14.00 horas.

A SOLICITUDE realízase únicamente por via electrónica a través da sede electrónica do Concello de Carral. O enlace é o seguinte “Solicitude de axudas PEL REACTIVA”:

https://sede.carral.es/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudAyudasPelReactiva

BENEFICIARIOS

Estas axudas van dirixidas a persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:

Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.

Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixido para acreditar a redución os ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.

Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, de 17 de marzo.

 

Con carácter xeral, os beneficiarios/as das axudas, deberán cumprir cos seguintes REQUISITOS:

Ter o seu domicilio fiscal no municipio adherido a PEL-REACTIVA ao que presenta a solicitude.

Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT e coa TXSS.

Non ter débeda algunha co concello.

Estar ao dia no cumprimento das obrigas tributarias coa CC.AA. de Galicia e coa Deputación da Coruña.

Cumprir coas obrigas previstas na Base 14.

Requisitos específicos das persoas físicas

Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, con anterioridade á entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo.

Requisitos específicos das persoas xurídicas

A data de constitución da empresa, atendendo á data de primeira inscrición, no rexistro público correspondente, debe ser anterior á entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo.

Exclusións
Quedan expresamente excluídas destas axudas as asociacións, as comunidades de propietarios en réxime de propiedade horizontal, as administracións públicas, organismos públicos, entes dependentes, as congregacións e institución relixiosas, as Unións Temporais de Empresas, as comunidades de bens, as herdanzas xacentes así como as sociedades civís sen personalidade xurídica propia e demais entidades carentes da mesma.

DOCUMENTACIÓN

Solicitude de axudas PEL-REACTIVA. Anexos da sede electrónica

NIF/NIE ou CIF segundo corresponda (só se o presentador defire do interesado).

Declaración responsable do cumprimento de requisitos e obrigas.

Certificado actualizado de Situación Censal da Axencia Estatal Tributaria.

Informe actualizado de Vida Laboral da Empresa, expedido pola Tesourería xeral da Seguridade Social no que se inclúa o número de traballadores/as.

Beneficiarios do Grupo II: Acreditación da redución de ingresos no segundo trimestre fiscal de 2020, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma, mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos: copia do libro de rexistro de facturas, libro diario de gastos, libro de rexistro de vendas e ingresos e libro de compras e gastos, ou declaración de IVE, IRPF.

Beneficiarios do Grupo III: Documento acreditativo da situación de ERTE

 

PERÍODO SUBVENCIONABLE: 1 de marzo ata o 31 de decembro de 2020

CONTÍA: Poden ser de 1500€ , 2000€, 2500€ ou 3000€ según os requisitos que cumpra a persoa traballadora autónoma ou microempresa.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES: compra de material (material antiséptico o desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza) arrendamentos, renting e cánones (maquinaria, vehículos, locais, instalacións), reparación e conservación (adaptación de locais ás medias de protección frente ao COVID 19), primas seguros (seguros responsabilidade civil, de accidentes), suministros (auga, gas, combustibles, electricidade). O IVA non se considera subvencionable.

Enlace á convocatoria completa

NORMA 18 BASES ESPECIFICAS PEL REACTIVA 

 

📣📣Como algúns xa sabedes o alumnado do Ceip Vicente Otero Valcárcel dispón de nova directiva na 👝🎓🎓Anpa Ana Lastra López. A directiva reuniuse xa varias veces coa concellería de Educación para realizar as colaboracións que sexan posibles.
Unha delas é difundir esta 🎯información:
–Debido á situación na que nos atopamos nesta nova normalidade, as asambleas presenciais non as poden/deben realizar por seguridade.. Para solucionar este obstáculo da mellor maneira, están habilitando tódolos medios que ao seu alcance para que a quen lle interese facerse soci@ poida contactar sen problema. Pode ser tamén para plantexar dúbidas, xestións ou calquera outra información que se necesite.
   —O seu número de teléfono é ☎️ 654103317
   —Teñen 📧 instagram e 📧facebook Anpa Ana Lastra Lopez @anpanalastralopez
   — E o correo electrónico é anpanalastralopez@gmail.com
Tamén dende a Concellería de Educación dispoñemos da ficha de soci@ en caso de que alguén a necesite. Tan só tedes que chamar a ☎️☎️Educación 678338872 e se imprime ou tamén podedes descargarla do enlace desta nova:
ficha socio definitiva_page-0001
A nova directiva pide que os que xa son soci@s contactedes por whatsapp ou mail e actualicedes emails, telefonos,..etc se non estades recibindo as notificacións que fan.
Moitas Gracias pola vosa colaboración e atención.
🗣🗣🗓🗓É moi importante ser partícipe activo da educación dos nosos fill@s, por eles por nós, por toda a comunidade educativa.

Hoxe máis que nunca debemos estar unidos pola dislexia. O Concello de Carral como institución adherida á campaña do día internacional da dislexia promovida por DISFAM (FAMILIA E DISLEXIA) e FEDIR (FEDERACION ESPAÑOLA DE DISLEXIA) , hoxe 8 de outubro difundimos información sobre o tema para visualizar o que conleva vivir con dislexia. É un trastorno da aprendizaxe que debemos coñecer para que se normalice entre a poboación as situacións ás que deriva telo.

DEFINICIÓN DE DISLEXIA: É un trastorno da aprendizaxe da lectoescritura, de carácter persistente e específico, que se da en nenos que non presentan ningún hándicap físico, psíquico nin sociocultural e a súa  orixe parece derivar dunha alteración do neurodesenvolvemento.

 

Horizontal-Español-FEDIS

Pinchar no seguinte enlace:

Dúbidas sobre a dislexia

O martes 13 de outubro ata o 31 de decembro é a campaña de vacinación contra a gripe. Este ano vacinarse é máis importante que nunca. Porque cando te vacinas protéxeste e protexes ao resto.

Pide cita no teu centro de sáude 981672186.imagen_app_pequeña_MAIORES