CULTURA OFRECE 13 PELÍCULAS ATA FINAL DE ANO
A Casa da Cultura acollerá desde este venres ata final de ano, trece filmes de diferentes xéneros. A serie comezará con catro películas de produción galega, continuando con filmes de gran éxito de recadación e galardóns, programando nas datas do Nadal tres películas de animación para todos os públicos.
O programa queda configurado así:
- NOVE DE NOVEMBRO: 19 de outubro
- PSICONAUTAS: 26 de outubro
- MIMOSAS: 2 de novembro
- SICIXIA: 9 de novembro
- CHURCHILL: 16 de novembro
- HANDÍA: 23 de novembro
- LA LIBRERÍA: 30 de novembro
- ASESINATO EN EL ORIENT EXPRESS: 7 de decembro
- KINGSMAN: EL CÍRCULO DE ORO: 14 de decembro
- LA REINA VICTORIA Y ABDUL: 21 de decembro
- COCO: 15 de decembro
- CARS 3: 22 de decembro
- GRU 3: MI VILLANO FAVORITO: 29 de decembro
O próximo venres ábrese o programa cunha película recentemente premiada na Semana de Cine de Autor de Lugo. Trátase da primeira película galega de temática LGTB. En Nove de novembro Roberto e Miguel levan saíndo xuntos dez anos. Unha década de vida en común que volverá á súa memoria ao longo de catro días de novembro. Unha relación que parecía funcionar comeza a esnaquizarse co regreso de cada recordo. Na proxección desta obra contarase coa presenza do director, Lázaro Louzao, que presentará o filme e manterá un coloquio cos asistentes ao final da proxección.
A entrada a todas as películas é de balde. Para a presentación dalgunhas das producións galegas cóntase coa colaboración da Deputación da Coruña.