DÚAS PELÍCULAS PECHAN O TEMPO DE CINE EN CARRAL
Os filmes Cenicienta e Campanilla y la leyenda de la bestia compoñen o ciclo de cine familiar que a concellería de Cultura ofrece esta semana na Casa da Cultura. O mércores 28 de decembro proxéctase Cenicienta, o clásico conto, dirixido nesta ocasión por Kenneth Branagh e protagonizado por Lily James. O xoves 29 preséntase Campanilla y la leyenda de la bestia, outra produción de Disney que narra as aventuras dun grupo de fadas e a súa relación cun enigmático animal ao que chaman NeverBeast.
Todas as sesións comezarán ás 17:30 h. As entradas son de balde e poden recollerse na Casa da Cultura desde 48 horas antes do inicio de cada película. A reserva das localidades terá vixencia ata 5 minutos despois de iniciada cada proxección.
Os nenos e nenas menores de 8 anos deberán estar acompañadas dalgún adulto. En calquera caso, a concellería de Cultura recomenda que as películas sexan desfrutadas en familia co fin de axudarlle aos máis pequenos á comprensión da temática e dos valores que transmiten os filmes, ademais de gozar da cultura en familia.