MAGOSTO-SAMAÍN EN CARRAL
O sábado, 2 de novembro, o Campo da Feira de Carral será escenario de diversas actividades con motivo do Magosto-Samaín.
Desde ás 17:30 horas, as persoas asistentes poderán gozar de obradoiro de maquillaxe, obradoiro de zonchos e cornetes de castañas e espectáculo do conxuro da queimada.
Tamén haberá actuación musical.
Vide disfrazados/as!