REMATAN AS SESIÓNS DO CLUB DE LECTURA DE CARRAL
A pasada semana tivo lugar a clausura das actividades do club de lectura de Carral deste curso 2018/2019.
O club de lectura, que comezou a súa andaina hai dous anos, forma parte das actividades desenvolvidas dende a Biblioteca Municipal e na actualidade está formado por quince participantes que se reúnen dúas veces ó mes.
Será no vindeiro mes de outubro cando retome a súa actividade con novas lecturas.