O Diario Oficial de Galicia recolle unha resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
O prazo de matrícula é do 13 de febreiro ao 3 de marzo, e os cursos realizaranse do 20 de marzo ao 11 de maio, existindo na modalidade presencial e en liña. A súa duración é de 70 horas.
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-02-14 13:06:292023-06-21 13:05:51CONVOCATORIA DE CURSOS DE LINGUA GALEGA PARA OS CERTIFICADOS DO CELGA
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-02-14 12:46:092023-06-21 12:47:51AXUDAS PARA A RENOVACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS
A Concellería de Cultura do Concello de Carral anuncia unha nova convocatoria do seu certame de poesía, que acada neste ano 2023 a súa 26ª edición.
O certame carralés, un dos máis prestixiosos dos que se convocan en lingua galega, está premiado con 3500 € e a publicación da obra na editorial Espiral Maior. Pódense presentar ao concurso autoras e autores maiores de idade con poemarios dun mínimo de 500 versos. O prazo manterase aberto ata o 13 de abril e como novidade desta convocatoria, os traballos presentaranse exclusivamente de maneira dixital a través da plataforma especificada nas bases.
A entrega do premio e a presentación do libro Trono e caléndula co que Carlos Penela gañou na pasada edición, terá lugar o 9 de xuño na Casa da Cultura.
O Premio Concello de Carral de Poesía segue a contar nesta edición coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-02-05 12:43:332023-06-21 12:44:57CONVOCADA A 26ª EDICIÓN DO PREMIO DE POESÍA CONCELLO DE CARRAL
As actividades celebraranse o domingo, 19 de febreiro, no Campo da Feira
Carral xa ten todo organizado para festexar o seu particular Entroido que este ano contará con animación, moita música e cun desfile e concurso de disfraces no que se repartirán máis de 1.500 en premios. A cita será o domingo, 19 de febreiro, no Campo da Feira onde haberá carpa, bochinche e tamén bolos preñados.
As actividades comezarán ás 17:00 horas cos ‘Polis tolos’, quen poñerán o toque de humor e animación á tarde para, ás 18:00 horas, dar comezo ao desfile cuxa entrega de premios se realizará a partir das 20:30 horas.
A música soará desde as 19:00 horas coa actuación de Ángel Habana e tamén co espectáculo de Extraordinarios, previsto para as 23:00 horas.
Un concurso con máis de 1.500 euros en premios
Este ano o Concello repartirá un total de 1.600 euros en premios entre todas as categorías.
No caso dos disfraces infantís, recibirán agasallo os cinco nenos e nenas que vistan as súas mellores galas entroideiras. A maiores, outorgaranse outros nove premios entre as modalidades individual, por parellas e en grupo. Os galardóns serán os que a continuación se indican:
Categorías individual e por parellas:
1º premio: 150 euros
2º premio: 100 euros
3º premio: 50 euros
Categorías por grupos:
1º premio: 500 euros
2º premio: 300 euros
3º premio: 200 euros
As persoas participantes no concurso poderán comezar a desfilar a partir das 18:00 horas con saída desde o Campo da Feira. Desde ese punto, a comitiva pasará polas rúas Víctor Velasco, Manuel Ferrol, Paraíso e pola Avenida dos Mártires para voltar, de novo, ao punto de partida. Tras o remate do percorrido, un xurado encargarase de elixir aos reis e raíñas deste Entroido. Para este ditame o tribunal terá en conta aspectos como a orixinalidade, a simpatía, o vestiario e a maquillaxe das persoas participantes.
O prazo de inscrición para participar no concurso rematará o próximo venres, 17 de febreiro, ás 12:00 horas. Na páxina web municipal hai habilitado un formulario para anotarse que deberá ser remitido ao correo casadacultura@carral.es.
Máis información chamando ao teléfono 981 67 25 80.
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-02-04 12:43:512023-06-21 12:44:31CARRAL PREPÁRASE PARA UN ENTROIDO CON MOITA MÚSICA E CON MÁIS DE 1.500 EUROS EN PREMIOS
O Concello de Carral contará este ano con novas sesións do programa ‘Coidados porta a porta’ da Xunta de Galicia.
Nesta ocasión o equipo encargado de prestar estes servizos de atención a persoas maiores estará en Carral os días 27 e 28 de abril e o 2 e 3 de maio; dúas xornadas máis con respecto ao ano pasado.
‘Coidados porta a porta’ é unha iniciativa posta en marcha para a veciñanza de máis idade que reside no rural e así poder previr a súa dependencia. Durante as sesións prestaranse servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.
Proximamente ofreceremos máis información sobre o programa, así como os horarios dispoñibles para a veciñanza de Carral e a forma de poder acudir a estes servizos.
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-02-03 12:41:492023-06-21 12:42:17NOVAS SESIÓNS DO PROGRAMA ‘COIDADOS PORTA A PORTA’
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-02-01 12:41:342023-06-21 12:42:04CONCURSO DE DISFRACES DO ENTROIDO EN CARRAL
Abre o prazo de inscricións para apuntarse aos cursos que ofrece o Concello para preparar os exames que acaba de convocar a Xunta.
Formación con contido para os niveis 2 e 3 para despois poder acceder á formación dos certificados de profesionalidade de cualificación profesional.
As persoas interesadas poderán apuntarse ata 10 de febreiro ás 14.00 horas no Departamento de Educación e Emprego, nos teléfonos 981613520 ou 678338872 ou a través do correo electrónico: educacion@carral.es
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-01-26 12:40:192023-06-21 12:40:51CURSO DE PREPARACIÓN COMPETENCIAS CLAVE NO CONCELLO DE CARRAL
O Concello de Carral abre o terceiro prazo de inscrición das Escolas Municipais para aquelas actividades nas que aínda quedan prazas dispoñibles.
As persoas interesadas poderán inscribirse entre o 10 e o 13 de xaneiro (ambos os dous incluídos). A matrícula pode formalizarse de maneira presencial na Casa da Cultura ou a través do correo electrónico casadacultura@carral.es. En ambos os casos, deberá cubrirse o boletín de inscrición correspondente.
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00informaticahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pnginformatica2023-01-05 12:39:242023-06-21 12:40:00O CONCELLO DE CARRAL ABRE O TERCEIRO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ACTIVIDADES DAS ESCOLAS MUNICIPAIS
O Concello apalabrou a cita coas Súas Maxestades de Oriente para este xoves, 5 de xaneiro, a partir das 15.30 horas.
Carral, 3 de xaneiro de 2023. Os Reis Magos repiten, este ano, a súa tradicional cita en Carral, ofrecendo un percorrido por todas as parroquias do municipio. As Súas Maxestades de Oriente chegarán ao concello este xoves, 5 de xaneiro, cunha premisa clara: recoller os desexos de todos os nenos e nenas.
O percorrido dos Reis Magos incluirá as seguintes paradas:
O Xalo: 15.30 horas
Cabrois: 15.45 horas
Quembre: 16.00 horas
Tabeaio: 16.20 horas
Barcia: 16.30 horas
Gosende: 16.50 horas
A Cabra: 17.00 horas
Sergude: 17.15 horas
O Canedo: 17.30 horas
San Vicente de Vigo: 17.45 horas
As Travesas: 18.00 horas
Cañás: 18.15 horas
Veira: 18.30 horas
Carral: 19.00 horas
Os horarios do percorrido son orientativos. En todo caso, a última parada do tour real será no Campo da Feira de Carral onde, desde as 18.00 horas, os cativos e cativas poderán gozar de xogos, de animación e, ademais, degustar o Roscón de Reis con chocolate.
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-01-03 12:38:372023-06-21 12:39:00OS REIS MAGOS REPITEN A SÚA CITA E PERCORRERÁN TODAS AS PARROQUÍAS
A exposición recolle o traballo realizado pola artista Rosa Rey nos últimos cinco anos.
O Toñito Espiñeira acolle, desde onte, a exposición de pintura ‘Divertimento’, obra de Rosa Rey, veciña de Carral. A inauguración oficial correu a cargo do alcalde, Javier Gestal, do concelleiro de Cultura, Francisco Bello, e da propia artista, así como dun nutrido grupo de asistentes que quixeron tomar parte na aterraxe desta mostra no concello. ‘Divertimento’ está conformada por 41 cadros que Rey realizou ao longo dos últimos cinco anos. Lonxe de ter un estilo pechado, a pintora empregou técnicas como a acuarela, a pintura acrílica e o óleo para dar forma ás obras.
A paixón desta veciña por esta disciplina artística comezou hai só uns anos: “comecei indo a clases con Kukas e, ao final, descubrín que tiña bastante potencial e, sobre todo, que me divertía. Precisamente, o nome da mostra vén dese divertimento que sinto ao pintar”.
Rosa Rey é, agora, unha artista prolífera que se atreve con técnicas moi diversas. Esta diversidade está tamén presente na temática dos cadros: “nas pinturas hai moitas paisaxes, bodegóns e tamén animais”. Dentro do catálogo, a artista recoñece que hai algunha obra inspirada en Carral: “hai un dunha árbore que está inspirada nas do Campo da Feira”, explica a autora.
As persoas interesadas poderán visitar a exposición ata o 20 de xaneiro de 10.00 a 14.00 horas. A maiores, Rosa Rey levará a cabo visitas guiadas os días 28 de decembro, 4 e 11 de xaneiro, de 18.00 a 20.00 horas.
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2022-12-22 12:36:412023-06-21 12:37:45O TOÑITO ESPIÑEIRA ACOLLE A MOSTRA DE PINTURA ‘DIVERTIMENTO’, OBRA DUNHA VECIÑA DE CARRAL
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
El almacenamiento o acceso técnico sea estrictamente necesario con el fin legítimo de posibilitar la utilización de un determinado servicio expresamente solicitado por el abonado o usuario, o con la única finalidad de efectuar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.El almacenamiento o acceso técnico que se utilice exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una citación, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet o registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada solo con este propósito generalmente no se puede usar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento técnico o el acceso son necesarios para crear perfiles de usuario para enviar publicidad o rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.