O Concello de Carral acaba de abrir o prazo de inscrición para as rutas a cabalo do mes de xullo que terá lugar o sábado 27 de xullo entre ás 18.00 e as 19.00 h.

A actividade desenrolarase a cargo do Centro Ecuestre Finca Abrigosa (San Vicente de Vigo), e está dirixida a persoas (maiores de 7 anos) que desexen gozar dos cabalos e a natureza.

O obxectivo desta competición é o fomento do deporte e a natureza entre a poboación, así como a posta en valor da riqueza medioambiental de Carral. Tamén quérese posibilitar a práctica de novas modalidades deportivas aos habitantes do municipio.

Para todas aquelas persoas que desexen máis información ou inscribirse, poden facelo ata o 25 de xullo, no Complexo Deportivo de Carral, no 678.33.88.47 ou a través do formulario web habilitado para tal fin: https://forms.gle/fxmseP48VVxbDz7T7

O Concello de Carral recibiu unha subvención dentro do programa PIMA Cambio Climático.

Como parte da iniciativa, levouse a cabo unha actuación de naturalización na contorna da rúa Manuel Jesús Méndez Búa.

Así mesmo, realizarase unha actividade de sensibilización aberta a toda a cidadanía.

O xoves, 1 de agosto, ás 10:00 horas, o Edificio Social Toñito Espiñeira acollerá unha xornada organizada pola Concellería de Medio Ambiente e na que se fomentará a reciclaxe, o aforro e eficiencia enerxética e o consumo responsable de auga.

Haberá charlas, exposicións e diversos materiais coma un composteiro, un medidor de consumo de enerxía así como experimentos con elementos como cunha cociña solar.

Estas actividades están abertas a toda a veciñanza, que poderá inscribirse a través dos teléfonos 881 913 545, 881 913 533 e 981 670 002.

Máis de 50 nenos e nenas participaron nos cursos de natación durante o mes de xullo

Un ano máis o Concello de Carral ofertará cursos de natación para nenos e nenas de entre 3 e 15 anos durante o mes de agosto.

Os alumnos distribuiranse en grupos segundo as idades, e dentro de cada grupo estableceranse os niveis de iniciación e de perfeccionamento. Impartiranse en horario de mañá, entre as 12.00 e as 14.00  h segundo os grupos, gardando sempre a premisa de que os maiores acudirán nas primeiras horas da mañá e os máis pequeniños ás últimas horas. As clases serán impartidas por monitores especialistas, e terán unha duración de 45 minutos por sesión de luns a venres, sempre coa presenza dun socorrista. O prezo do curso será de 28 €/alumno todo o mes.

O prazo para anotarse nestes cursos vai desde as 9.00 h do 16 de xullo ata as 12:00 h do 24 de xullo. A inscrición poderase formalizar a través do formulario web ou en persoa no Complexo Deportivo de Carral (678.88.33.47 – complexo.deportivo@carral.es).  

Atendendo as bases que rexen a inscrición dos campamentos deportivos do verán 2024, ábrese o SEGUNDO PRAZO DE INSCRICIÓN (DENDE AS 12.00 H DO LUNS 15 ATA AS 14:00 H DO XOVES 18 DE XULLO) para as SEMANAS NAS QUE QUEDAN PRAZAS VACANTES:

DATAS E Nº DE PRAZAS VACANTES:

– 4ª semana (do 22 ao 26 de xullo): 25 prazas

– 5ª semana (do 29 de xullo ao 2 de agosto): 25prazas

– 6ª semana (do 5 ao 9 de agosto):  7 prazas

– 7ª semana (do 12 ao 16 de agosto):  12 prazas

– 8ª semana (do 19 ao 23 de agosto): 6 prazas

– 9ª semana (do 26 ao 30 de agosto):  prazas

HORARIOS (luns a venres, excepto festivos):

1. Servizo Madrugadores: 7.30 a 10.00 h *
2. Horario campamento: 10.00 a 14.00 h, ESTE HORARIO SERÁ “OBRIGATORIO” PARA TODOS OS NENOS/AS, non podendo nin entregar nin recoller aos nenos/as durante o mesmo salvo excepcións previamente comunicadas.
3. Tempo de Xantar: 14.00 a 16.00 h *

*Nota. Os nenos/as que fagan uso destes horarios deberán traer o seu almorzo ou xantar da casa.

LUGAR:
Recinto escolar Colexio Vicente Otero Valcárcel (43.224984, -8.354894) 

DESTINATARIOS

1. Para nenos/as dende Educación Infantil (dende 3 anos) e toda a Educación Primaria.

2. Preferencia empadroados/as no Concello de Carral ou aqueles nenos/as matriculados nos Centro Educativos públicos da localidade.

PREZO:  30 €/semana (consultar condicións de pago)

              + 9,25 €/semana pola opción de madrugadores/tempo de xantar.

OBSERVACIÓN NA INSCRICIÓN:

1.Prazo entre o 15 (12:00 h) e o 18 (14:00 h)  de xuño.

2.Prazas limitadas por semanas.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS: 
–  Preferencia aos empadroados/as.
–  Por orde de inscrición ou ata esgotar a oferta (tendo preferencia as persoas empadroadas ou matriculadas nos Centros Educativos públicos da localidade)

XEITO DE INSCRICIÓN: 
– Presencialmente no Complexo Deportivo de Carral (9:00-22:00 h) cubrindo o formulario normalizado.

– A través do formulario web: https://forms.gle/roC4bcpBjte3UWAD9

Carral deu, esta semana, o pistoletazo de saída aos seus campamentos deportivos de verán. En total, prevese a participación de 180 nenos e nenas de entre 3 e 11 anos ata o remate do programa, que se estenderá ata o 30 de agosto.

Con esta iniciativa, que consegue ano tras ano grandes cifras de participación, o goberno local busca un dobre obxectivo: por unha banda, promover a conciliación das familias durante o verán, garantindo a atención dos seus fillos no período non lectivo e, pola outra, ofrecer alternativas de lecer saudables aos máis novos.

Os campamentos están desenvolvéndose no CEIP Vicente Otero Valcárcel e no pavillón polideportivo. En canto ao horario, ofreceuse ás familias distintas posibilidades. O Concello ofertou  servizo de madrugadores de 7.30 a 10.00 horas. A partir das 10.00 e ata as 14.00 realízanse as propias actividades e, unha vez transcorrida esa franxa horaria, tamén se puxo á disposición das familias o servizo de xantar, de 14.00 a 16.00 horas.

Rematado o prazo de inscrición nos cursos de pádel do mes de agosto, fanse públicas as LISTAS DE ADMITIDOS – HORARIOS E GRUPOS

INFORMACIÓN DOS CURSOS DE PÁDEL:

Datas e horario: do 1 ao 31 de xullo
Grupo 1: luns e mércores de 19:30 a 20:30 h
Grupo 2: luns e mércores de 20:30 a 21:30 h

Lugar: Complexo Deportivo de Carral
Destinatarios: A partir de 6 anos (preferencia empadroados/as).
Prezo: 22 € /mes
Observacións para a inscrición:
Prazo dende o 21 (09:00 h) ao 26 (12:00 h) de xuño.
Prazas limitadas / adxudicaranse por orde de inscrición

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:
– Por orde de inscrición ou ata esgotar a oferta
– Preferencia aos empadroados/as.

Publicación das listas de admitidos: 27 de xuño.
Prazo de pago: entre o 28 e 30 de xuño (ata ás 14:00 h). Se o interesado non fixera o pago nas datas sinaladas, perderá a praza en favor do primeiro inscrito en lista de espera se a houbese.

Máis info no Complexo Deportivo (678.33.88.47) ou en complexo.deportivo@carral.es

O Concello rendeu onte homenaxe a Fina Sedes Freire, profesora da Escola Municipal de Carral de Teares, Tapices e Macramé durante as tres últimas décadas. Fíxoo coincidindo coa inauguración dunha nova exposición na que se recolle, precisamente, parte do traballo realizado durante as distintas sesións formativas desta actividade municipal. Ao acto inaugural asistiron o alcalde, Javier Gestal, o concelleiro de Cultura, Francisco Bello, o técnico de Cultura, Carlos Lorenzo, unha ampla representación do alumnado de Fina Sedes, así como os seus amigos e familiares.

Durante a súa intervención, o rexedor puxo en valor “a vocación didáctica” de Sedes Freire, que quedou patente na devoción amosada polo seu alumnado e entregoulle, ademais, un agasallo institucional en nome de todo o Concello.

Ademais de mestra na Escola de Carral, Fina Sedes e o seu marido, Xabier Rodríguez, son os fundadores Tapices Galicia. O obradoiro ten máis de corenta anos e está especializado na confección de tapices de alta calidade.

A colección do Concello reúne unha ampla variedade de artigos elaborados polo alumnado durante as clases do curso 2023-2024. Entre eles, atópanse tapices de parede, vasos, floreiros e lámpadas ornamentais que locen estes tecidos, prendas de roupa e mesmo pulseiras. As persoas interesadas poderán visitala na Casa da Cultura (Colección Museográfica do Castro das Travesas) ata o 10 de xullo en horario de mañá.

O verán pasado, máis de 115 nenos e nenas participaron nestes cursos entre os meses de xullo e agosto.

LISTADOS ADMITIDOS/RESERVAS – HORARIOS E GRUPOS

INFORMACIÓN PARA OS ALUMNOS/AS DOS CURSOS DE NATACIÓN

INDICACIÓNS:

  • As datas previstas para estes cursos serán desde o 1 ao 31 de xullo.
  • Os cursos impartiranse nas piscinas municipais
  • Os grupos están divididos en función das idades dos inscritos, tendo preferencia os empadroados, naqueles grupos nos que se superan os rateos alumnos/monitor.
  • Impartiranse clases de 45 minutos, nos seguintes horarios:
    • Grupo 1: nados do 2014 ao 2011, de 11:45 a 12:30 h.
    • Grupo 2: nados do 2017 ao 2015, de 12:30 a 13:15 h.
    • Grupo 3: nados do 2021 ao 2018, de 13:15 a 14:00 h.
  • O prazo de pago será ata o 28 de xuño (14:00 h).
  • Formas de pago: (28 €/alumno/a)
    • Mediante transferencia bancaria (ES21 2100 5781 3102 0000 1826), para o cal será imprescindible enviar o resgardo de ingreso ao mail complexo.deportivo@carral.es.
    • Con Tarxeta bancaria nas dependencias do Complexo Deportivo

Máis información, no Complexo Deportivo de Carral (678.88.33.47 – complexo.deportivo@carral.es).

Con motivo das obras que se están a realizar na Praza da Capela, a partir do luns, 24 de xuño de 2024, esta data incluída, vaise proceder do seguinte xeito:

  • Os veciños e veciñas dos portais con vaos permanentes de licenza municipal cos números 111, 070 e 060 entrarán e sairán pola Rúa Víctor Velasco.
  • Por outra parte, a Rúa Camiño de Cancelo estará cortada e só terán acceso para entrar e saír residentes.
  • Como excepción, haberá locais que empreguen esta rúa para poder deixar mercancía nos seus establecementos.

O inicio das obras na praza da Capela suporá un cambio temporal na localización da parada de taxis. Estes situaranse na Costa do Pincho, do número 47 ao 55.

Mentres se executen estes traballos, a zona azul localizada entre os números 28 e 34 da Costa do Pincho quedará anulada sendo, de xeito temporal e ata novo aviso, zona de aparcadoiro sen limitación.