O núcleo urbano de Carral experimentará unha reurbanización completa. Todo grazas ao proxecto que o Concello executará no centro -no tramo que discorre pola N-550- e que supoñerá unha importante mellora para a seguridade e mobilidade peonil e un estímulo para o consumo no comercio e a hostalería da zona. O alcalde de Carral, Javier Gestal, acaba de aceptar a subvención por parte do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía – IDAE- co que se sufragarán estas intervencións.
O plan de reurbanización incluirá a ampliación das beirarrúas, a renovación da iluminación pública, a mellora dos pasos de peóns e a reordenación das zonas de estacionamento no centro de Carral.
O proxecto executarase cun orzamento de 1.416.983,53 euros. Ao tratarse dunha subvención do IDAE, o Concello tería que asumir 283.396,71 euros. Segundo a reunión mantida entre o rexedor e o concelleiro de Urbanismo co presidente da Deputación da Coruña, o organismo provincial comprometeríase a achegar a parte do Concello. Desde o goberno local informan de que están a contactar cos bancos para conseguir o financiamento necesario para facer fronte a este proxecto dada a situación económica do Concello.
https://carral.es//wp-content/uploads/2020/03/31265462_1813918412250174_2752510107530035200_o.jpg960960prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2021-05-20 16:33:192021-05-20 16:33:21O CONCELLO ACEPTA A SUBVENCIÓN DO IDAE PARA REFORZAR A SEGURIDADE PEONIL NO NÚCLEO URBANO DE CARRAL
A través do ciclo ‘Papeques’, Carral vivirá unha semana de teatro, música, cine e contacontos para os cativos e cativas da casa. O programa, que comezou o pasado 7 de maio, ofrecerá ao longo desta e das vindeiras semanas, proxeccións, funcións teatrais, música e contacontos.
A oferta semanal arrincará mañá, xoves 20 de maio ás 18.00 horas, na Casa da Cultura. A agrupación Talía Teatro aterrará no municipio coa súa obra “Rosa Caramelo”. A compañía falará, durante a función, dos roles e estereotipos de xénero contando a historia dunha elefanta que non consegue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo.
O venres, 21 de maio ás 18.00 horas, a Casa da Cultura acollerá a proxección da película “La familia Adams”. No filme, os membros desta peculiar familia estanse a preparar para unha festa mentres agardan a chegada doutros parentes.
Lydia Botana traerá a Carral “A feira das linguas”, un espectáculo que mestura música e teatro dirixido a nenos e nenas maiores de 7 anos. Será este sábado, 22 de maio ás 18.00 horas, no local Xente Nova de Tabeaio.
Por último, o grupo de música Mamá Cabra tomará parte tamén nesta 4ª edición de ‘Papeques’ co seu obradoiro de arrolos, dirixido a nenos e nenas de 0 a 3 anos. O evento levarase a cabo o domingo, 23 de maio, ás 12.00 horas no local Xente Nova de Tabeaio.
As actividades levaranse a cabo atendendo a un estrito protocolo de seguridade para reducir o risco de contaxio pola covid-19. Así, as entradas –de balde- serán limitadas co fin de garantir a distancia interpersoal entre o público asistente e os aforos. As persoas interesadas poderán obter os seus convites chamando ao 981 67 25 80 -72 horas antes da celebración da actividade-.
‘Papeques’ conta coa colaboración da Deputación da Coruña, a través da súa Rede Cultural, e da Xunta de Galicia por medio de Ler conta moito.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/05/FOTO-CARRAL-Papeques.jpeg21602880prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2021-05-19 14:36:082021-05-19 14:36:10SEMANA DE TEATRO, CINE E MÚSICA PARA OS CATIVOS DA CASA A TRAVÉS DO PROGRAMA ‘PAPEQUES’
Como parte da campaña do Colexio Oficial de Farmacéuticos e a Consellería de Sanidade, as dúas farmacias de Carral ampliarán desde mañá, mércores 19 de maio –ás 15.00 horas- o rango de idade para a realización de probas de saliva. Estes tests comezarán a facerse ás persoas de 12 a 64 anos para detectar posibles casos de asintomáticos pola covid-19 entre a veciñanza.
Os interesados ou interesadas en participar neste cribado poderán recoller a súa proba, de xeito gratuíto, a partir de mañá mércores, 19 de maio. As persoas menores de idade deberán levar un xustificante ou ir acompañadas dos seus titores legais. En todo caso, todas as persoas que desexen someterse a esta proba deberán levar a súa tarxeta sanitaria. Na propia farmacia daráselles as instrucións para realizar este test de forma correcta.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/05/vaccine-5873170_1920-2.jpg13571920prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2021-05-18 11:14:552021-05-18 11:14:57AS FARMACIAS DE CARRAL REALIZARÁN A PROBA DE SALIVA A PERSOAS DE ENTRE 12 E 64 ANOS
O 17 de maio
celébrase o Día das Letras Galegas. Esta data, escollida pola Real Academia
Galega, coincide coa publicación, en 1863, de Cantares Gallegos de Rosalía de
Castro.
Máis que nunca
queremos celebrar o día das nosas letras e unha boa maneira de facelo é achegar
ós lectores libros na nosa lingua.
Na Casa do
Concello, no edificio social Toñito Espiñeira ou na Casa da Cultura está á
disposición dos veciños unha selección de obras en galego como agasallo e como
homenaxe ós nosos autores.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/05/IMG_0372.jpg24483264Carloshttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngCarlos2021-05-14 14:53:022021-05-14 14:53:04A BIBLIOTECA MUNICIPAL CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O alcalde Javier Gestal e o concelleiro de Cultura Fran Bello xunto ao panel instalado no Campo da Feira
O departamento municipal de Cultura e o de Normalización Lingüística veñen de instalar en diferentes puntos de Carral paneis que ofrecen datos biográficos e da obra literaria de Xela Arias, a autora á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Con esta iniciativa, que xa se fixo en anos anteriores, preténdese
difundir a figura da autora e o seu papel na literatura e na defensa da lingua
galega.
Os paneis inclúen tamén o poema Intempériome.
O deseño dos paneis difundirase tamén a través da páxina de Facebook
Cultura Carral e a do Concello de Carral. Tamén se realizaron deseños semellantes
aos paneis para que circulen a través de Whatsapp e Telegram.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/05/Panel-Xela-Arias-con-alcalde-e-concelleiro-de-Cultura-w.jpg6651181Carloshttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngCarlos2021-05-12 12:07:232021-05-12 12:15:56CARRAL PRESENTA A XELA ARIAS
O Concello resolverá, proximamente, unha débeda histórica coa veciñanza de Carral: a regularización do Servizo de Axuda no Fogar, pendente desde hai case dúas décadas. Os pregos do SAF xa están concluídos e o expediente de contratación deste servizo foi aprobado na xunta de goberno local celebrada esta mesma semana.
Desde o equipo de goberno sinalan que “a regularización deste servizo foi unha das nosas máximas prioridades cando entramos no Concello” e lembran que “a elaboración dos pregos levaba pendente desde hai practicamente 20 anos”. “Trátase dunha demanda histórica que suporá unhas mellores condicións tanto para o persoal como para os usuarios e usuarias do municipio”.
O servizo sairá a contratación cun orzamento base de licitación de 1.180.283,36 euros. O prazo de execución do contrato será de dous anos.
O Concello abrirá, proximamente, a fase de adxudicación mediante a publicación do anuncio de licitación no perfil do contratante e no Diario Oficial da Unión Europea.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/05/Servizo-Axuda-no-Fogar-Carral.jpg12801920prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2021-05-10 17:22:292021-05-10 17:22:31O CONCELLO SACARÁ O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DE CARRAL DESPOIS DE CASE DÚAS DÉCADAS SEN REGULARIZAR
O Club de Ximnasia Rítmica de Carral celebrará mañá, sábado 8 de maio, en colaboración co Concello, a 6ª edición do seu Torneo de Ximnasia Rítmica. Porén, debido á situación sanitaria actual, a competición trasladarase, este ano, ao formato telemático. En concreto, as 30 actuacións incluídas na programación desta 6ª edición retransmitiranse a través da canle de Youtube de Deportes Carral. Ao longo de toda a mañá, daranse cita un total de nove clubs das provincias da Coruña e Pontevedra.
O torneo estará dividido en dúas partes: a primeira consistirá na publicación das diferentes actuacións das agrupacións, mentres que a segunda será a deliberación do xurado. Os números dos diferentes clubs faranse públicos entre as 11.30 e as 13.05 horas –cun descanso de 20 minutos-. O xurado, composto por Elena Sierra –profesora no INEF da Coruña-, Míriam Fernández e Sandra Estrada –ambas as dúas ximnastas de nivel e adestradoras- irán valorando as actuacións a medida que se vaian publicando. As clasificacións do Torneo faranse públicas ao longo do día e os trofeos –un total de 21- enviaranse aos clubs gañadores.
Esta 6ª edición contará coa participación dos seguintes clubs: Club Rítmica Coruña, Club Agarimo, Club Saraiba ED. Poio, Club Biqueira, XR. Abegondo, Club XR Carral, Colexio Obradoiro e Club de Ximnasia Porriño.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/05/Cartel-Torneo-de-Ximnasia-Rítmica.jpeg35082480prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2021-05-07 13:24:252021-05-07 14:00:37CARRAL TRASLADA A CELEBRACIÓN DO 6º TORNEO DE XIMNASIA RÍTMICA AO FORMATO TELEMÁTICO
Carral ofrecerá, ao longo do mes de maio, unha nova edición do seu programa de espectáculos infantís ‘Papeques’, dirixido aos nenos e nenas do municipio. A programación arrincará mañá, venres día 7, e prolongarase ata o 27 de maio. Ao longo das vindeiras semanas, os pequenos e pequenas poderán gozar de funcións de teatro, contacontos, cine e mesmo música. Esta nova convocatoria estará estreitamente vinculada ao Premio de Poesía Concello de Carral e á celebración do Día das Letras Galegas.
A primeira actividade terá lugar mañá, venres 7 de maio ás 18.00 horas, na biblioteca da Casa da Cultura. A compañía Migallas Teatro relatará aos cativos e cativas o conto “Os tres porquiños”.
O programa continuará o xoves, 13 de maio ás 18.00 horas, na biblioteca da Casa da Cultura con “O Paroleiro” de Pablísimo. Ao día seguinte, 14 de maio ás 18.00 horas, terá lugar a proxección da película “Dora y la ciudad perdida” na Casa da Cultura.
A primeira función teatral aterrará o sábado, 15
de maio ás 18.00 horas, no local Xente Nova de Tabeaio. A interpretación
correrá a cargo da Asociación Teatral Paso de Valverde con “Ultrasónica”. A
agrupación Talía Teatro collerá a testemuña o xoves, 20 de maio ás 18.00 horas,
coa obra “Rosa Caramelo” (Casa da Cultura).
O calendario continuará coa proxección do filme
“A Familia Adams” o venres, 21 de maio ás 18.00 horas, na Casa da Cultura.
Lydia Botana traerá a Carral “A feira das
linguas”, un espectáculo que mestura música e teatro dirixido a nenos e nenas maiores
de 7 anos. Será o sábado, 22 de maio ás 18.00 horas, no local Xente Nova de
Tabeaio.
O grupo de música Mamá Cabra tomará parte tamén
nesta 4ª edición de ‘Papeques’ co seu obradoiro de arrolos. O evento levarase a
cabo o domingo, 23 de maio, ás 12.00 horas no local Xente Nova de Tabeaio.
Este ciclo pecharase co contacontos “Festa da
Poesía das Catro Estacións” de Trinketrinke Teatro. Será o xoves, 27 de maio ás
18.00 horas na Casa da Cultura.
Todas estas actividades levaranse a cabo
atendendo a un estrito protocolo de seguridade para reducir o risco de contaxio
pola covid-19. Así, as entradas –de balde- serán limitadas co fin de garantir a
distancia interpersoal entre o público asistente e os aforos. As persoas
interesadas poderán obter os seus convites chamando ao 981 67 25 80 -72 horas
antes da celebración da actividade-.
‘Papeques’ conta coa colaboración
da Deputación da Coruña, a través da súa Rede Cultural, e da Xunta de
Galicia por medio de Ler conta moito.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/05/FOTO-CARRAL-Papeques.jpeg21602880prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2021-05-06 13:34:232021-05-06 13:34:26CARRAL ORGANIZA A 4ª EDICIÓN DE ‘PAPEQUES’ E OFRECE 9 FUNCIÓNS DE TEATRO, CINE, CONTACONTOS E MÚSICA PARA OS NENOS E NENAS
O alcalde do Concello de Carral, Javier Gestal, e membros do goberno local mantiveron, esta mañá, unha reunión con representantes da Sareb. Durante o encontro telemático, o rexedor solicitou unha solución para os edificios inacabados de Carral titularidade da súa titularidade.
Tal e como o equipo de goberno explicou durante a reunión, “estes proxectos urbanísticos sen completar teñen un enorme prexuízo no municipio, na medida en que afean o núcleo urbano e poden supoñer, ademais, riscos para as persoas viandantes”. Para poñer fin a este problema, o executivo demandou que se acometese a urbanización exterior e que se creasen beirarrúas, entre outras solicitudes.
Pola súa banda, o banco comprometeuse a terminar aquelas edificacións do municipio que estivesen executadas ao 75% indicando, ademais, que se estudaría a solicitude exposta polo Concello.
https://carral.es//wp-content/uploads/2020/03/31265462_1813918412250174_2752510107530035200_o.jpg960960prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2021-05-05 16:09:182021-05-05 16:09:21O GOBERNO LOCAL DEMANDA Á SAREB UNHA SOLUCIÓN PARA OS EDIFICIOS INACABADOS DE CARRAL
O vigués Álex Mene acaba de facerse co XXIV Premio de Poesía Concello de Carral coa súa obra Os puntos do impacto. O autor, que conta xa con varias publicacións, acadou o galardón tras conquistar ao xurado do certame cun “universo orixinal e coherente e cunha estrutura ben elaborada, na que sobresae a solidez da voz poética, propoñendo unha volta á ancestralidade e un retorno do ser humano á natureza para diluírse nela”.
O xurado salientou, iso si, “a calidade demostrada no conxunto de obras presentadas a esta edición do certame, no que se contou cun alto número de poemarios merecentes do premio”. O tribunal do concurso estivo formado polo concelleiro de Cultura, Francisco Bello Hermida –presidente-, por Manuel López Rodríguez –gañador da pasada edición e que estivo en calidade de vogal-, Inma Otero –crítica literaria e profesora, tamén en calidade de vogal-, Luciano Rodríguez Gómez –profesor e investigador literario como vogal- e por Carlos Lorenzo –técnico municipal de Cultura en calidade de secretario-.
Álex Mene (Vigo, 1969) é doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo e licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, cidade onde tamén se especializou en Realización e Produción no Instituto Oficial de Radio e Televisión. No ano 2018 publicou o álbum ilustrado A raíña das tortas –Alvarellos-. Así mesmo, gañou o I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil “Muíño do Vento” coa súa obra Indómita e a semente da inmortalidade –Bululú-. No ano 2020 obtivo o 3º premio no Certame de Narracións Breves Manuel Murguía polo texto titulado A herdeira (Foto de familia). Este ano, a súa novela Ana e as súas irmáns (Do Peirao) verá a luz.
O premio de Carral está dotado con 2.500 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior.
O acto de entrega do premio “Concello de Carral” está previsto para o 28 de maio e servirá, así mesmo, para presentar o libro As pulsacións, co que Manuel López Rodríguez gañou a XXIII edición do certame.
Como vén sendo habitual, a Xunta de Galicia colabora co Concello de Carral, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Políticas Culturais para a publicación da obra premiada.
O Concello de Carral está xa a traballar na XXV edición do Concurso de Poesía, que terá lugar o vindeiro ano. Co obxectivo de converter Carral na capital da poesía galega, estanse a organizar recitais, xornadas literarias, espectáculos relacionados con este xénero, proxeccións, exposicións, etc.
Concursos escolares e xuvenil
Os certames escolares e xuvenil, que se resolverán nos próximos días, acadaron tamén unhas excelentes cifras de participación. Tanto así, que tomaron parte nestes concursos uns 120 alumnos e alumnas dos centros de ensinanza do municipio.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/05/FOTO-CARRAL-Premio-Poesía-Concello-Carral-2.jpg20003000prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2021-05-04 13:27:342021-05-04 13:27:37O VIGUÉS ÁLEX MENE FAISE CO XXIV PREMIO DE POESÍA CONCELLO DE CARRAL CO SEU PRIMEIRO POEMARIO: “OS PUNTOS DO IMPACTO”
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
El almacenamiento o acceso técnico sea estrictamente necesario con el fin legítimo de posibilitar la utilización de un determinado servicio expresamente solicitado por el abonado o usuario, o con la única finalidad de efectuar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.El almacenamiento o acceso técnico que se utilice exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una citación, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet o registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada solo con este propósito generalmente no se puede usar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento técnico o el acceso son necesarios para crear perfiles de usuario para enviar publicidad o rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.