Por mor da pandemia, este ano o Nadal será un pouco diferente, por iso desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organizamos un concurso de videos de TikTok para que rapazas e rapaces a partir de 10 anos, feliciten o Nadal a todas/os as/os veciñas/os de Carral.
Para elo tes que enviar o teu vídeo a omixcarral@gamil.com ou un whatsapp ao 674.793.475, xunto coa ficha de participación ata o 30 de decembro de 2020
FICHA PARTICIPACIÓN
BASES CONCURSO “ANIMA O NADAL DE CARRAL” (#nadalcarraltitok)
PRIMEIRA.- OBXECTIVOS
Este Nadal por mor da pandemia non vai ser como en anos anteriores. Por iso e para felicitar e animar estas datas, convócase desde a OMIX do Concello de Carral, este concurso co que se pretende estimular a creatividade entre a mocidade, e animala a crear vídeos en galego, enviando un vídeo realizado en TikTok.
SEGUNDA.- PERSOAS DESTINATARIAS
Poderán participar todas as mozas e mozos de Carral a partir de 10 anos e ata os 30 anos, de xeito individual ou por parellas. No caso de participar dúas persoas no mesmo vídeo, deberá ser con pantalla compartida para cumprir as normas sanitarias de seguridade. A ou as persoas que participen nos vídeos deberán cubrir a ficha de participación, que se atopará na web municipal (carral.es), e que no caso de menores de idade deberá estar asinada pola súa nai/pai ou titor/a legal.
TERCEIRA.- PREMIOS
O concurso establece un premio para o/a gañador/a, á/ó que se lle notificará a través de chamada telefónica.
CUARTA.- CARACTERÍSTICAS E CONDICIÓNS DOS VÍDEOS
- Os vídeos teñen que estar en lingua galega e deben ser de creación propia, a través da aplicación TikTok, e nos que se valorará a creatividade e orixinalidade.
- A temática terá que ser referente ó Nadal.
- A duración de cada peza estará comprendida entre os 15 e os 60 segundos.
- Non se admitirán vídeos que promovan unha mensaxe violenta, denigrante ou ofensiva.
QUINTA.- PRAZOS, INSCRICIÓN DOS VÍDEOS E PROCEDEMENTO
O derradeiro día para recibir os vídeos de Tik Tok será o 30 de decembro de 2020.
Para inscribise no concurso deberase enviar ao correo electrónico omixcarral@gmail.com, ou un whatsapp o teléfono 674.793.475 coa seguinte documentación:
- FICHA DE PARTICIPACIÓN, cuberta, asinada (no caso de menores de idade asinarán os/as representantes legais). Descargarase da páxina web municipal.
- VÍDEO co que se vai participar.
A organización comprobará que se compren os requisitos e validará a inscrición a través dun correo de confirmación.
Todas as pezas admitidas subiranse ao Facebook da Omix Carral.
SEXTA.- XURADO
O xurado estará composto por persoal municipal e polo concelleiro de Xuventude, que valorarán o atractivo das pezas no seu conxunto, tanto na forma como no contido, tendo en conta aspectos como a orixinalidade e a creatividade.
SÉTIMA.- FASE FINAL
As pezas, así como o seu título e autoría, faranse públicos. Os datos persoais facilitados polas persoas participantes terán como única finalidade a participación no concurso e serán eliminados unha vez rematado este.
A participación neste concurso implica a completa aceptación das bases e das decisións do xurado designado.