O Concello de Carral publica toda a información relativa á realización de cacharelas, sardiñadas e churrascadas durante a noite do 23 ao 24 de xuño, coincidindo co San Xoán.

Para a realización de cacharelas e/ou sardiñadas e churrascadas en espazos públicos deberase solicitar a oportuna autorización municipal. A autorización deberá incluír o DNI da persoa responsable, que terá que ser maior de idade, así como o lugar do emprazamento (Anexo I).

En caso de que se realice en espazos privados, a persoa responsable deberá presentar comunicación previa (Anexo II).

As persoas interesadas poderán realizar a súa solicitude no rexistro xeral ou na sede electrónica municipal antes das 13.00 horas do 20 de xuño.

O alcalde de Carral, Javier Gestal, e o concelleiro de Cultura, Francisco Bello, recibiron, esta mañá, ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, no centro AMIGA. Guiados por un dos responsables do centro, o director, produtor e gañador dun Goya, Xosé Zapata, realizouse un percorrido completo polas instalacións, que se inauguraron, de xeito oficial, en xaneiro do 2024.

Na actualidade, hai catro equipos traballando en diferentes proxectos audiovisuais, entre eles, nunha nova serie de animación para a Televisión de Galicia. O rexedor sinalou que estas dependencias están situando a Carral como “un punto clave e estratéxico no sector da animación”.

A instalación conta con, aproximadamente, 600 metros cadrados e catro aulas: un laboratorio preparado para stop motion e stagecraft, un estudo de produción de animación, un espazo de coworking aberto a todas as persoas cun proxecto que o necesiten e unha aula. Ademais, dispón dunha sala de proxeccións onde, nas últimas semanas, se chegou a emitir Guardiana de dragones (2024), un filme que se estreou no mes de abril nos cines.

Formación AMIGA está funcionando, ademais, como un punto de formación. Nos últimos meses, realizouse no centro un máster do programa Blender, moi empregado na produción de películas de animación. Porén, esta non será o único programa formativo, xa que no mes de setembro celebraranse outros catro cursos. Un deles, sobre o programa Maya e que estará impartido por Max Puentes, un animador cunha longa traxectoria profesional e que traballou en películas como Avengers: Age of Ultron, Batman vs Superman ou Jurassic World, entre outras producións internacionais.

Carral abre este venres, 7 de xuño ás 9:00 h, o prazo de inscrición nos campamentos de verán, un programa co que o Concello busca favorecer a conciliación entre as familias do municipio. O período de inscrición estará aberto ata o 14 de xuño ás 12:00 h, dándolles aos veciños e veciñas a posibilidade de inscribir aos nenos e nenas nalgunha/s das 9 semanas que se ofertan dende o 1 de xullo ata o 30 de agosto.

Como nas últimas edicións, o Concello mantén o horario ampliado destas actividades. Deste xeito, os pequenos e pequenas poderán ser atendidos entre as 10.00 ata as 14.00 horas xa que, ademais das propias actividades dos campamentos, o Concello ofrece servizos opcionais de Madrugadores (de 7.30 a 10.00 horas) e de tempo de xantar (de 14.00 a 16.00 horas).

Os campamentos, dirixidos a rapaces e rapazas de 3 a 11anos, terán lugar ao longo de todo o verán divididos en quendas semanais (9), tendo preferencia os nenos e nenas empadroados ou matriculados nos centros de ensinanza de Carral:

  • 1ª semana: do 1 ao 5 de xullo (120 prazas)
  • 2ª semana: do 8 ao 12 de xullo (120 prazas)
  • 3ª semana: do 15 ao 19 de xullo (120 prazas)
  • 4ª semana: do 22 ao 26 de xullo (120 prazas)
  • 5ª semana: do 29 de xullo ao 2 de agosto (120 prazas)
  • 6ª semana: do 5 ao 9 de agosto (120 prazas)
  • 7ª semana: do 12 ao 16 de agosto (90 prazas)
  • 8ª semana: do 19 ao 23 de agosto (90 prazas)
  • 9ª semana: do 26 ao 30 de agosto (90 prazas)

O prezo destes campamentos é de 30,00 €/semana, e o prezo polo uso do servizo opcional de madrugadores (7:30-10.00 h)/tempo de xantar (14:00-16:00): 9,25 €/semana.

As inscricións poden tramitarse ata o 14 de xuño. Para facelo, os veciños e veciñas poderán cubrir o boletín de inscrición dispoñible na páxina web do Concello ou, se o prefiren, cumprimentar o formulario online da web municipal. Como noutras convocatorias, as persoas interesadas terán a posibilidade de inscribir aos nenos e nenas por semanas soltas.

Desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) queremos repetir a experiencia do ano pasado e por iso volve MOCI-CAMPA. Obradoiros, excursións, xogos, roteiros e moitas mais actividades ó aire  libre pero tendo o Local Interxeracional coma punto de encontro, para pasar unhas mañas entretidas entre as 10:30 e as 13:30 h. (agás o día de excursión semanal que será de 9:30 a 14:30 h.)

MOCI-CAMPA, que é para rapaces e rapazas nados entre o ano 2008 e 2012, comezará o 1 de xullo e rematará o 26 do mesmo mes, e os/as interesados/as poden anotarse por semanas (1ª semana do día 1 ó 5 de xullo, 2ª do día 8 ó 12, 3ª do 15 ó 19, e a derradeira do 22 ó 26).

Podedes anotarvos entre o luns 10, a partir das 16:30 h., ata as 20:30 h. do martes 18 de xuño, As prazas son limitadas polo que terase en conta a orde de inscrición e tamen terán preferencia as/os empadroadas/os. O prezo será de 30 € por semana.

Como anotarvos? Tedes que enviarnos por correo electrónico (omix@carral.es) por whatsapp (674.793.475) ou de maneira presencial no Local Interxeracional (luns a venres de 16:30 a 20:30 h.) a folla de inscrición/autorización que atoparás aquí mesmo.

A Consellería de Medio Rural restrinxe as queimas de restos agrícolas e forestais a partir de mañá, xoves 30 de maio, e ata novo aviso.

Isto supón que non se darán máis permisos e que os xa concedidos quedarán en suspenso desde ese mesmo día.

Podedes consultar toda a información na páxina web da Consellería de Medio Rural ou na ligazón.

O sorteo das 5 prazas adxudicadas ao Concello de Carral terá lugar o mércores 29 ás 10:00 h no Salón de Plenos Municipal

Con motivo do Día Mundial do Medioambiente, o 5 de xuño terá lugar unha formación arredor da compostaxe e como elaborala, así como unha charla sobre o funcionamento de recollida de lixo no Consorcio As Mariñas.

A actividade terá lugar no edificio Social Toñito Espiñeira, de 11:00 a 12:00 horas.

O curso está indicado para persoas adultas, que ademais poderán solicitar durante a xornada un composteiro que o Consorcio enviará ao seu domicilio.

É obrigatoria a inscrición previa, que pode facerse a través do 981 670 002 ou nos 881 913 545-881 913 533.

O concelleiro de Deportes, Francisco Bello, sinala que, ademais do programa provincial, o Concello terá tamén o seu propio programa “nunha nova aposta por promover a conciliación da veciñanza de Carral”.

Formulario
Boletín
Inscrición

O prazo de preinscrición para os campamentos deportivos da Deputación da Coruña estará aberto ata o 28 de maio. No caso de Carral, o ente provincial oferta cinco prazas para a cuarta quenda, entre o 14 e o 19 de xullo.

O concelleiro de Deportes, Francisco Bello, sinala que, ademais do programa provincial, o Concello celebrará, este verán, os seus propios campamentos “nunha nova aposta por promover a conciliación da veciñanza de Carral”. A previsión, tal e como avanza o edil, é abrir o período de inscrición para o programa a principios do mes de xuño.

Os campamentos da Deputación están dirixidos a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos e levaranse a cabo no IES Rosalía de Mera. Os rapaces e rapazas que participen na iniciativa poderán gozar de deportes náuticos, actividades ao aire libre, dunha xornada de praia e de visitas culturais e etnográficas.

As inscricións poden tramitarse na Casa da Cultura (981 67 25 80) e no Complexo Deportivo de Carral (678 33 88 47 e en deportes@caral.es) ata o 28de maio.

Carral conmemorará o Día do Medioambiente cunha ruta de sendeirismo polos Muíños de Batán. A actividade, organizada polas asociacións Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo e Brexa Custodia do Territorio en colaboración co Concello, terá lugar o vindeiro 2 de xuño.

Trátase dunha ruta de 3,45 quilómetros lineal, de dificultade media-baixa, que partirá desde A Costa da Égoa e rematará na Capela de San Pedro de Rubieiro, cunha duración aproximada de dúas horas e media.

As prazas son limitadas e as persoas interesadas deberán formalizar previamente a súa inscrición a través da ligazón habilitada para este fin ou escaneando o código QR do cartel.

As persoas participantes farán o percorrido equipadas con bolsas de lixo para poder recoller os desperdicios que estean tirados e, así, concienciar sobre a importancia de manter limpos os nosos montes.

Recomendacións para a ruta

Desde a organización recomendan levar roupa e calzado axeitado para a práctica deportiva. Ademais, tamén é recomendable levar bastón de sendeirismo e unha mochila co material preciso.

Desde a organización proporcionarán auga e froita para completar o percorrido.

O Concello de Carral publica un decreto de Alcaldía de ampliación de horario de peche dos establecementos nas festas e verbenas populares das distintas parroquias, así como na ponte da Constitución, no Nadal, Entroido e Semana Santa durante o ano 2024.