A Alcaldía do Concello de Carral, o día 01 de xuño de 2020, entre outros, ditou o seguinte decreto:

 

DECRETO DA ALCALDÍA

ASUNTO: Novo termo para admisión de orixinais para o XXIII Concurso de Poesía Concello de Carral

EXPEDIENTE: 2020/G003/000234

 Logo de ver que no Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 51, do 16 de marzo de 2020, se publicou  a convocatoria do Concello de Carral para o XXIII Premio de Poesía Concello de Carral, en cuxas bases reguladoras se establecía coma termo de admisión de orixinais o 3 de abril de 2020

Logo de ver que a Disposición Adicional 3ª.1 do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 estableceuLogo de ver que  que “Se suspenden términos y se interrumpen los plazos para la tramitación de los procedimientos de las entidades del sector público. El cómputo de los plazos se reanudará en el momento en que pierda vigencia el presente real decreto o, en su caso, las prórrogas del mismo”.

Logo de ver que, en cumprimento do devandito precepto, o termo para a presentación de solicitudes en relación coas referida convocatoria quedou suspendido, sen que puidese transcorrer ningún día do prazo establecido,  e indicouse que se fixaría de novo en canto fose posible legalmente., e que de todo iso se daría conta polos mesmos medios de publicidade establecidos nas respectivas bases reguladoras.

Logo de ver que o artigo 9 do “Real Decreto 537/2020, de 22 de mayo, por el que se prorroga el estado de alarma declarado por el Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19” establece que “Plazos administrativos suspendidos en virtud del Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo. Con efectos desde el 1 de junio de 2020, el cómputo de los plazos administrativos que hubieran sido suspendidos se reanudará, o se reiniciará, si así se hubiera previsto en una norma con rango de ley aprobada durante la vigencia del estado de alarma y sus prórrogas.”

 En uso das atribucións que me confere o artigo 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local ,

RESOLVO

 1).- Advocar, ao non estar prevista a realización de ningunha sesión da Xunta de Goberno Local nas actuais circunstancias, as miñas atribucións delegadas nese órgano mediante o meu decreto 315/2019, do 18 de xullo correspondentes á aprobación, disposición do gasto e recoñecemento das obrigas, dentro dos límites da atribución orixinaria da Alcaldía, e á aprobación das bases de subvencións e axudas convocadas polo Concello e resolución da súa concesión.

2).-Fixar coma novo prazo para a admisión de orixinais para o XXIII Concurso de Poesía “Concello de Carral” dende o 02 de xuño de 2020 até o 23 de xuño de 2020 (ambos incluídos).

 3).- A data do acto de entrega do premio farase pública cando o xurado elixa o autor ou autora gañador/a, e en función das medidas das autoridades sanitarias competentes, obrigadas segundo a evolución da crise sanitaria do COVID-19.

4).- Publicar este decreto na páxina web do Concello (carral.es) e  no Boletín Oficial da Provincia da Coruña”

Contra o contido deste decreto, que pon fin á vía administrativa (art.114.1.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas), poderá interpoñer os seguintes recursos:

RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN, perante o Señor Alcalde (art. 115 c) ROF), no prazo dun mes a partires do día seguinte ao que reciba esta notificación. (arts. 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas).

RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, perante o órgano da Xurisdición Contencioso-Administrativa que indica a Lei 29/1988, de 13 de xullo e no prazo establecido nela.

CALQUERA OUTRO que vostede estime oportuno.

Carral, 01 de xuño de 2020

O ALCALDE

Francisco Javier Gestal Pose

 

DECRETO 231-2020 Novo termo para admisión de orixinais para o XXIII Concurso de Poesía Concello de Carral

 

Tres rúas do núcleo urbano de Carral –rúa Río da Melra, Manuel Ferrol e Méndez Búa– locen, desde esta semana, unha imaxe completamente renovada. Todo grazas ao proxecto que o Concello de Carral acaba de rematar e que implicou a pavimentación e a creación de beirarrúas nestas puntos. Con todo, antes de iniciar as obras, o goberno local tivo que modificar o proxecto orixinal, debido a que non resolvía “os problemas existentes nestas rúas”.

Como explican desde o equipo de goberno, “tal e como estaba pensado inicialmente, o proxecto non daba resposta ás necesidades dos veciños e veciñas  do municipio”. Así,o plan herdado non incluía ningunha intervención para solucionar, entre outros problemas, ás frecuentes inundacións na rúa Río da Melra. Este fenómeno producíase pola incidencia do río do mesmo nome, e afectaba a algunhas edificacións da zona. Esta rúa contaba cunha rede unitaria de augas fecais e pluviais que se separaron tras as actuacións executadas polo Concello. As intervencións en Río da  Melra serviron, así mesmo, para eliminala vaguada existente. O proxecto incluíu, ademais, a subministración, estendido e compactado de saburra natural, a formación da beirarrúa, a pavimentación da vía e o pintado da sinalización horizontal.

O antes e o despois na rúa Río da Melra tras as actuacións acometidas polo Concello de Carral

O antes e o despois na rúa Río da Melra tralas actuacións acometidas polo Concello de Carral

Este non foi o único cambio que sufriu o documento orixinal, que tampouco resolvía o problema de circulación en Manuel Ferrol, onde a rúa era demasiado estreita para o tránsito de dous coches. Agora, a rúa –que conecta coa N-550-  é de sentido único e dispón dun maior número de prazas de aparcamento. Así mesmo, tanto na rúa Manuel Ferrol como en Manuel Jesús Méndez Búa levouse a cabo a regulación do firme existente, a pavimentación do vial mediante mezcla asfáltica e o pintado da sinalización horizontal.

O antes e o despois na rúa Manuel Ferrol tras as actuacións acometidas polo Concello de Carral

O antes e o despois na rúa Manuel Ferrol tralas actuacións acometidas polo Concello de Carral

O proxecto financiouse a cargo do Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña  POS +2018.

Por decreto da alcaldía nº 225/2020, do 28 de maio de 2020, aprobáronse as bases que rexerán a contratación de catro traballadores, oficiais de segunda (tres albaneis e un electricista)) para a cuadrilla de obras do Concello subvencionada pola Deputación da Coruña ao abeiro do Programa de Integración Laboral, PEL-CONCELLOS 2020.

Trataríase dun contrato de obra ou servizo determinado, a xornada parcial (30 horas/semana), durante seis meses, suxeito as condicións das bases que rexen a contratación e a subvención da Excma. Deputación.

O prazo para a presentación de instancias será de cinco días hábiles dende a publicación deste anuncio no taboleiro e na web do Concello; isto é, ata o vindeiro 5 de xuño de 2020 inclusive.

Se as persoas interesadas desexan optar a máis dun posto deberán presentar unha instancia por cada un deles.

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal do Concello de Carral en horario de nove a catorce horas a través do teléfono 981670002.

 

BASES OFICIAS SEGUNDA

O DOG nº 22 do venres, 22 de maio, publicou unha resolución sobre as axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 no alugueiro da vivenda habitual.

Esta subvención pódese solicitar desde o 25 de maio ata o 30 de setembro. Se precisades máis información podedes chamar ao teléfono 678 33 88 96.

Bases reguladoras das subvencións do programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social nos alugueiros de vivendas

O Concello de Carral leva semanas adoptando medidas que serven para frear o impacto do COVID-19 no municipio. Iso si, a pesar de que este plan de acción é “fundamental” nestes momentos, o goberno local considera igualmente esencial implantar iniciativas que sirvan para informar e concienciar aos veciños e veciñas sobre esta nova enfermidade. E é que, tal e como advirten desde o goberno, “nas últimas semanas circularon numerosos bulos a través de internet, en xeral, e por medio das redes sociais, en particular”. Co obxectivo de combater estas informacións falsas, o Concello acaba de lanzar a campaña Protéxete dos bulos.

Esta nova iniciativa busca un dobre obxectivo: por unha banda, desmentir algúns dos bulos relacionados co COVID-19 e, polo outro, incidir na importancia de contrastar a información e recorrer, en todo momento, a organismos oficiais.

A campaña acaba de poñerse en marcha na páxina municipal de Facebook do Concello de Carral, e prolongarase durante as próximas semanas. A través desta canle, publicaranse numerosas imaxes para desmentir algúns dos principais bulos relacionados co coronavirus. A información desta campaña actualizarase de forma diaria co obxectivo de adaptala aos últimos descubrimentos dos organismos sanitarios.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística retoma o prazo de presentación de solicitudes para as probas do Celga 2020.

O prazo será de 14 días naturais que contarán desde hoxe, xoves 28 de maio, ata o 16 de xuño.

En cuanto ás datas das probas, estas adíanse ata novo aviso para setembro ou outubro, de acordo coa evolución da crise sanitaria provocada polo COVID-19.

Máis información na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia.

 

No Diario Oficial de Galicia publicouse con data 19 de maio de
2020 o Decreto 72/2020, do 10 de febreiro, no que se convocan
eleccións ao Parlamento de Galicia para o domingo 12 de xullo
de 2020.

As listas electorais que se van empregar neste proceso
electoral permanecerán expostas ao público na oficina de
Estatística deste Concello desde o día 25 de maio ata o 1
de xuño, ambos incluídos, para posibles consultas e
reclamacións, en horario

De luns a venres De 9:00 a 14 horas

Tamén poderán facer as súas consultas nos teléfonos
981217439, 981217426, 901101900.

A consulta deberá ser formulada polo propio interesado,
previa identificación. O documento de identificación deberá ser
algún dos que, para o acto da votación indica o artigo 85.1 da
Lei Electoral: DNI, pasaporte ou permiso de conducir no que
apareza a fotografía do titular.

Carral, na data de sinatura electrónica que figura á marxe
O alcalde

Tamén se publica a listaxe das mesas electorais que actuarán en Carral nas devanditas eleccións ao parlamento de Galicia do 12 de xullo de 2020.

2020-5-25 Edicto exposición listas electorais Parlamento de Galicia 12-7-2020 web

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe, venres 22 de maio, unha resolución que autoriza aos titulares de montes ou terreos forestais e de fincas en solo rústico que alberguen especies vexetais leñosas ou herbáceas ou aos que ostenten dereitos sobre os memos ao seguinte:

  • A levar a cabo actividades de xestión de biomasa, incluíndo rozas, traballos de mantemento e limpeza de restos en ditos terreos.

A seguridade viaria segue sendo unha prioridade para o goberno local de Carral. Tanto así, que o Concello acaba de sacar a licitación dous proxectos de mellora de viais por preto de 300.000 euros. Estas obras financiaranse a cargo do POS+2019 da Deputación A Coruña, e supoñerán unha mellora na rede de camiños en varias parroquias do termo municipal. En concreto, o Concello sacou a contratación un plan de mellora de viais na parroquia de Veira e un segundo de acondicionamento de vías en camiños de Sumio, O Canedo e Tabeaio.

Por unha banda, na parroquia de Veira actuarase en dous camiños: no de Lago e no que conecta a Igrexa de Veira con Argonte. En ambos os casos, as intervencións consistirán na limpeza e perfilado de cunetas, ampliación dos viais, mellora da base mediante subministración e compactación de saburra artificial e acondicionamento da capa de rodadura con mestura asfáltica quente.

Polo outro, o Concello proxecta un segundo plan de actuación que se executará nos seguintes camiños: o que une Lamagal e Sandiás (parroquia de Sumio), o de Fornos (O Canedo) e nun terceiro situado no lugar de Cambela (Tabeaio). Neste caso, proxéctase a limpeza das cunetas, ampliación dos viais e a mellora tanto da base mediante subministración e compactación de saburra artificial como da capa de rodadura con mestura asfáltica en quente.

En ambos os casos, as empresas poderán presentar ofertas ata o 5 de xuño de 2020. Posteriormente, as obras deberán executarse no prazo de dous meses.

 Escola Infantil Galiña Azul.

O LUNS 18 DE MAIO COMEZA O PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISION NA ESCOLA

O prazo de solicitudes de praza para a escola para nen@s de 0-3 anos comeza o luns 18 de maio durante 10 dias hábiles.

Teñen que levar copia e orixinal do libro de familia, certificado de empadronamento e xustificación laboral de ambos proxenitores.Ademais de cubrir os impresos.
As persoas que tiñan praza o ano pasado soamente teñen que entregar os impresos de solicitude

Débese intentar solicitar a través da sede electrónica. No caso de que haxa familias que non poden facelo, teñen que pedir cita no TELEFONO DA ESCOLA DE CARRAL 608530809.
Os impresos poden descargalos no doga ou na paxina do consorcio www.igualdadebenestar.org
Dende o Concello deixaremos impresos na entrada do concello a partir do luns as 9 da mañan para aquelas persoas que non poidan imprimilos.
#escolainfantil

IMPRESOS NO SEGUINTE ENLACE DO DOG
https://www.xunta.gal/…/202…/AnuncioG1342-280420-0001_gl.pdf