O CONCELLO DE CARRAL ENTREGA LIBROS DE MANUEL MARÍA E NEIRA VILAS AOS CENTROS ESCOLARES
A Concellería de Cultura do Concello de Carral fará entrega de libros ao colexio Vicente Otero e ao Instituto de Carral.
Por unha banda distribuiranse entre o alumnado de primaria 200 exemplares da obra de Xosé Neira Vilas “Espantallo amigo”. A finais do mes de abril poderán gozar da obra teatral inspirada neste conto a cargo da compañía Os Quinquilláns.
A biblioteca do colexio Vicente Otero Valcárcel recibirá tamén un lote de libros de Manuel María, autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Pola súa banda o IES de Carral recibirá tamén un lote de libros de Manuel María, co que o alumnado poderá profundar máis na vida e obra do autor chairego e que mantivo unha estreita relación con Carral.