CULTURA ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN Á CASA DE MANUEL MARÍA E AO ZOO DE MARCELLE
A Concellería de Cultura do Concello de Carral organiza, dentro das súas actividades das Letras Galegas, unha excursión na que se visitará en Outeiro de Rei a Casa Museo de Manuel María e despois do xantar o parque zoolóxico de Marcelle. Realizarase o domingo 19 de xuño.
É unha actividade recomendada para gozar en familia e na que o prezo inclúe as entradas, o xantar e o desprazamento. O importe por persoa é de 30 euros. As prazas son limitadas e o prazo para inscribirse é ata o 13 de xuño.
Para obter máis información e formalizar a inscrición, as persoas interesadas deben dirixirse á Casa da Cultura.