OS TÍTERES VOLVEN A CARRAL CO FESTIVAL GALICREQUES

O Festival InternCartel web Galicreques Carral 2016.acional de Títeres Galicreques do Consorcio das Mariñas chega na súa décima segunda edición a Carral, á sala polivalente do edificio social Toñito Espiñeira.

A primeira función será o sábado 1 de outubro, recomendada para nenos a partir de 2 anos, a cargo da compañía arxentina El Retablo de la Ventana presentando a obra El gato con botas. Liliana e o seu gato Víctor Hugo comezan a narrar o conto, logo de atopar o libro nun vello Baúl. Esta recreación para monicreques do clásico infantil de Charles Perrault, móstranos a un gato que asume a responsabilidade de sacar da pobreza ao seu amo. O Gato quere cumprir un soño vivir sen cazar ratos. A astucia e valentía do gato por enfrontarse á situación e a un temible ogro, converte ao pobre muiñeiro no Marqués de Carabás . Co consentimento do Rei, casa coa Princesa. Así o Gato e o seu amo pasan a vivir unha vida de reis. Ao final Liliana e Víctor Hugo deciden xogar a ser os personaxes do conto. O espectáculo comezará ás 18:00 h.

A segunda función será o sábado 8 de outubro, tamén no Toñito Espiñeira e á mesma hora, con Os soños na gaiola da compañía galega Títeres Alakrán. É un espectáculo infantil para maiores de 5 anos no que o titiriteiro chega á vila cunha gaiola cargada de soños. Acompáñao o poeta Manuel María transformado en monicreque. Manuel María quere que o titiriteiro represente os poemas que el escribiu para divertir aos nenos e nenas galegos. Para facelo, o titiriteiro pídelle aos integrantes do público que sopren forte para lle axudaren a facer nacer a Alicia, a nena protagonista desta historia. Alicia vivirá unha serie de fantásticas aventuras na súa viaxe por un mundo que lle resulta exótico, éstrano, e mesmo incomprensible. Ao comezo da súa andaina, Alicia tópase co Río Miño, que ten présa por realizar a importante misión que lle encomendO soño na gaiolaara: atravesar Galicia antes de chegar ao mar. Pola confusión do nome, O Río Miño tenta atravesar a Alicia, mais ela acláralle que para ser Galicia lle faría falta un G que non ten.

A entrada aos espectáculos é de balde e o aforo limitado. A Concellería de Cultura solicita que as persoas interesadas en asistir aos espectáculos de Galicreques sexan puntuais para evitar interrupcións e molestias tanto ao público como aos artistas. Ademais aconsella aos pais que acompañen e atendan aos pequenos durante a función para gozar en familia dos espectáculos, axudarlles a interpretar o contido das obras e ensinarlles o comportamento que deben ter nesta clase de actos, para así conseguir que a función de monicreques sexa unha experiencia entretida e edificante para todos os asistentes.