Entries by Carlos

ADIASE A FUNCIÓN DE SAAABOR!

A Concellería de Cultura do Concello de Carral comunica que por mor de enfermidade dun dos actores do espectáculo Saaabor!, previsto para o sábado 7 de setembro, a función adiase ao domingo 29 de setembro. No seu lugar este sábado ás 18:00 h. no Campo da Feira terá lugar o espectáculo A HISTORIA DE BRANCAFLOR. […]

MÚSICA, MAXIA E TEATRO PARA AS TARDES DAS FESTAS DE CARRAL

A Concellería de Cultura do Concello de Carral desenvolve unha programación propia que complementará as actividades planificadas pola Comisión de Festas do Socorro para esta semana. O xoves 5, no edificio Toñito Espiñeira, O Mago Pablo presentará o seu espectáculo Unha maxia diferente, dirixido a público familiar e promovendo valores de igualdade de xénero. A […]

MÚSICAS ÍNTIMAS TRAE A SILVIA PENIDE E CÉSAR MORÁN

A cuarta edición do ciclo Músicas Íntimas trae a próxima fin de semana os concertos de Silvia Penide, que actuará o sábado e presentará os temas do seu terceiro disco El Efecto Boomerang, e o veterano cantautor galego César Morán que actuará en formato trío na noite do domingo.

O CINE AO AIRE LIBRE VOLVE AO CAMPO DA FEIRA

O Campo da Feira de Carral volve ser o lugar que acolla as proxeccións do programa Noite de Película que organiza o departamento municipal de Cultura en colaboración coa Deputación da Coruña. Serán catros os filmes que se presentarán, sendo dous deles de produción galega: Lobos sucios: xoves 29 de agosto Peter Rabbit: venres 30 […]

AXUDAS A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS

Axudas a rehabilitación de vivendas para a mellora da eficiencia enerxética, a seguridade, etc (actuacións en fachada, calefacción, enerxías renovables, etc) Prazo: 1 mes Máis información no servicio de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002 AnuncioC3Q2-170719-0003_gl AnuncioC3Q2-170719-0004_gl

PROPOSTA DO TRIBUNAL Á ALCALDÍA DOS CANDIDATOS PARA OCUPAR OS POSTOS DE ALBAÑEIS (OFICIAL DE 1ª, 2ª E PEÓNS) (PEL-2019)

Publícase anuncio relativo ao acordo acadado polo tribunal designado no procedemento de selección para a contratación de un oficial de primeira, un oficial de segunda e dous peóns (albaneis), coa proposta das persoas a contratar, logo de que se presentasen alegacións por parte dun dos candidatos nos dous días hábiles establecidos ao efecto. 20655_anuncio web […]

PROPOSTA DO TRIBUNAL DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE UN/HA AUXILIAR DE BIBLIOTECA (PEL-CONCELLOS 2019)

Publícase a acta do tribunal de selección de persoal coa proposta ao Sr. Alcalde da aspirante con maior puntuación para cubrir o posto de auxiliar de biblioteca. Confíreselle a todos os interesados un prazo de dous días hábiles para reclamacións ou alegacións segundo o establecido no punto 7 das bases que rixen esta contratación. 20389_ACTA.doc

PROPOSTA DO TRIBUNAL DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE CATRO TRABALLADORES (UN OFICIAL DE 1ª, UN DE 2ª E DOUS PEÓNS)

Publícase a acta do tribunal de selección de persoal coa proposta ao Sr. Alcalde dos catros aspirantes con maior puntuación para cubrir os catro postos de albaneis: un oficial de primeira, un oficial de segunda e dous peóns, a xornada compelta e durante catro meses, para o departamento de Obras e Servizos do Concello. Confíreselles […]

AUXILIAR BIBLIOTECA: ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DEFINITIVAMENTE, NOMEAMENTO DO TRIBUNAL E HORA E LUGAR ÚLTIMA FASE PROCEDEMENTO

Por decreto da alcadía nº 302/2019, do 9 de xullo, resolveuse aprobar a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as dos candidatos/as presentados/as, nomear os membros do tribunal e fixar o dia e a hora da entrevista profesional para a contratación laboral temporal de un/ha auxiliar de biblioteca, a xornada parcial, ao abeiro do programa PEL-Concellos […]