O ConcelloCarral adheriuse, un ano máis, ao convenio establecido entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para a vixilancia e o control da vespa velutina.
Deste xeito, o Concello canalizará os avisos de particulares a través do 012. A maiores, calquera veciño ou veciño que detecte a presenza de niños poderá chamar directamente ao 012.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/03/asian-hornet-1822314_1920.jpg12771920prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2024-03-20 13:52:422024-03-20 13:52:43O CONCELLO DE CARRAL SÚMASE AO CONVENIO ENTRE A XUNTA E A FEGAMP PARA O CONTROL DA VESPA VELUTINA
Segundo o Real Decreto 637/2021 sobre as normas básicas de ordenación das granxas avícolas, os particulares deben rexistrar os currais (galiñeiros) de autoconsumo. Isto é, currais avícolas onde haxa galiñas, polos, patos, ocas, pavos, pombas, faisáns, perdices ou paspallás.
Co fin de facilitar este trámite, a veciñanza dispón do modelo de documento (MR501A) nas oficinas municipais do Concello. Esta documentación poderase presentar a través do rexistro municipal, sen necesidade de acudir ás dependencias da Xunta de Galicia.
En todo caso, as persoas que desexen realizar este trámite deberán achegar o seu DNI.
As persoas que precisen máis información poderán contactar coa Concellería de Medio Ambiente e Medio Rural no teléfono 981 67 00 02.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/03/hen-5642953_1920.jpg12431920prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2024-03-19 12:10:542024-03-19 12:10:55INFORMACIÓN SOBRE O REXISTRO DE CURRAIS (GALIÑEIROS) POR PARTE DE PARTICULARES
Jessica Otero Trigo, da Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo, converteuse na gañadora do ‘Premio 8 de marzo’, un recoñecemento outorgado grazas ás votacións dos propios veciños e veciñas. A muller é a secretaria desta entidade que leva xa dous anos loitando contra a implantación do parque eólico de As Encrobas. O Concello acolleu, esta mañá, a entrega coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Muller. O alcalde, Javier Gestal, e a edil de Servizos Sociais e Igualdade, Inmaculada Mantiñán, foron os encargados de entregar o galardón á veciña de Quembre.
A veciña amosouse “feliz” por ter recibido o premio, cuxa entrega coincidiu, ademais, co segundo aniversario da entidade. Con todo, tal e como a propia Otero Trigo recoñeceu, “yo soy la cara visible de la asociación, pero este premio no habría sido posible sin el trabajo del resto de personas que forman parte de la entidad”. Jessica é a secretaria da asociación e defínese a si mesma como unha “amante” dos animais. De feito, na propia plataforma das votacións veciñais defínena como “unha muller forte, valente, que loita polo que cre e que destaca pola súa loita a prol do coidado e da preservación da natureza e o coidado dos animais”.
Comunidade educativa
Ademais da entrega do ‘Premio 8 de Marzo’, o acto institucional desta mañá contou coa participación dunha boa representación de alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel e do IES de Carral. Baixo o tema central ‘Financiar os dereitos das mulleres. Unha cuestión de dereitos humanos’, os rapaces e rapazas fixeron unha pequena introdución sobre o feminismo e, ademais, presentaron viñetas con frases escritas por eles mesmos e traballos artísticos con motivo do 8 de marzo. O acto incluíu, así mesmo, a lectura do manifesto por parte da técnico de Igualdade do Concello de Carral.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/03/FOTO-CARRAL-Acto-8M-2.jpg10001500prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2024-03-08 18:03:392024-03-08 18:04:00JESSICA OTERO, DA ASOCIACIÓN SALVEMOS O VAL DE BARCIA E O MONTE XALO, FAISE CO ‘PREMIO 8 DE MARZO’
Tal e como advertiu a Consellería de Medio Rural, hai varias parroquias do municipio afectadas pola praga da pataca.
Co fin de informar da situación á veciñanza e de axudarlle a cubrir os impresos necesarios, persoal da Concellería de Medio Ambiente desprazarase a estas parroquias nos vindeiros días.
Estes encontros levaranse a cabo desde o luns, 11 de marzo, ata o día 25 de marzo.
As persoas que precisen máis información poderán chamar ao teléfono 981 67 00 02.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/03/potatoes-1585057_1920.jpg12581920prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2024-03-05 17:40:432024-03-06 12:05:41CHARLAS NAS PARROQUIAS AFECTADAS POLA PRAGA DA PATACA
O goberno local exporá dedicar 795.398,20 euros do Plan Único da Deputación á execución de obras en todo o termo municipal. A contía provincial usarase cun dobre obxectivo: por unha banda, servirá para poñer o foco na seguridade viaria e na accesibilidade tanto no núcleo urbano como nas parroquias e, polo outro, a achega da Deputación empregarase tamén na mellora de servizos e infraestruturas para os veciños e veciñas. A proposta elevarase no pleno extraordinario de hoxe, martes 6 de febreiro, ás 19.00 horas.
En materia de seguridade viaria exporanse varios proxectos: a mellora da capa de rodadura e formación de cunetas e beirarrúas en Quembre (entre Montecelo a Cimadevila); a mellora das cunetas en Tabeaio (na zona de Gosende); a construción de beirarrúas na rúa Río Canles; a mellora dunha vía en Balbén e, por último, os labores de humanización da rúa Souto.
No que a infraestruturas e servizos se refire, o equipo de goberno proporá a renovación da rede de iluminación con LED en Grela de Paleo, o proxecto de reforma interior do centro deportivo e a rehabilitación da pista polideportiva de Tabeaio e espazos anexos. A proposta que se elevará en pleno contempla tamén dedicar outros 65.640,82 euros a gasto corrente.
Gastos sociais O goberno local elevará, ademais, a proposta de POS+Adicional para gastos sociais extraordinarios. Neste caso, os fondos da Deputación servirán para reforzar a área de Servizos Sociais. A contía provincial destinarase a contratar a unha nova traballadora social, a ampliar a partida municipal de emerxencia social e a sufragar os gastos da modalidade de dependencia do servizo de axuda no domicilio. Estes tres conceptos supoñen un gasto anual de 116.151 euros, dos cales a Deputación subvencionará 57.273,49 euros.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/02/Pleno.jpg7681024prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2024-02-06 13:54:092024-02-06 13:54:10O GOBERNO LOCAL BUSCARÁ REFORZAR A SEGURIDADE VIARIA NO MUNICIPIO COS FONDOS DO PLAN ÚNICO
A Policía Local impartiu, en colaboración da Xefatura Provincial da Coruña da Dirección Xeneral de Tráfico, unhas xornadas sobre seguridade viaria. A acción formativa levouse a cabo como parte da campaña informativa de educación e seguridade viaria que a Policía Local realiza desde fai anos no municipio. Lonxe de ser unha acción puntual, nas próximas datas impartiranse tamén novas charlas no CEIP Vicente Otero Valcárcel.
O obxecto fundamental desta campaña é a concienciación entre os máis mozos da prevención dos accidentes de tráfico. Para logralo, a Policía Local de Carral, organizou unha charla sobre vítimas de accidente de circulación. A ponencia, que se levou a cabo no edificio Toñito Espiñeira, estivo dirixida ao alumnado do IES de Carral e contou coa participación de Martín Varela Dourado, vítima dun accidente deste tipo. Trátase, tal e como explica a concelleira de Seguridade Cidadá, Susana Guimarey, dunhas charlas que teñen “unha enorme aceptación entre os mozos e mozas e que son esenciais para previr condutas de risco”. A edil incide en que tanto a Dirección Xeneral de Tráfico como a Policía Local cumpren unha función “crucial” na formación da rapazada e agradece “a implicación amosada polo organismo de tráfico e o corpo de seguridade, así como por Martín Varela, que lles contou o seu relato persoal aos rapaces”.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/02/2bc90fa2-f6b5-4e9b-a231-706b0875f9fd-scaled.jpeg12442560prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2024-02-02 16:23:592024-02-02 16:38:44O CONCELLO APOSTA POLA PREVENCIÓN DE CONDUTAS DE RISCO COA ORGANIZACIÓN DE CHARLAS PARA O ALUMNADO DO INSTITUTO
Carral volverá festexar o seu Entroido cun concurso e dun desfile de disfraces no que se repartirán máis de 2.000 euros en premios. A cita terá lugar o domingo, 11 de febreiro, no Complexo Deportivo e Cultural de Paleo. O Concello organizará, entre outras actividades, un concurso con diferentes categorías: infantil (para nenos e nenas de 0 a 11 anos), individual e por parellas (para maiores de 12 anos e, por último, en grupo (que deberá estar formado por un mínimo de cinco persoas) e carrozas (que terán que ter, como mínimo, 10 integrantes).
O Concello repartirá máis de 2.000 euros en premios entre todas as categorías. No caso dos disfraces infantís, recibirán agasallo os cinco nenos e nenas que vistan as súas mellores galas entroideiras. A maiores, o Concello outorgará outros 12 premios entre as modalidades individual, por parellas e en grupo. Os galardóns serán os que a continuación se indican:
Categorías individual e por parellas:
1º premio: 150 euros
2º premio: 100 euros
3º premio: 75 euros
4º premio: 50 euros
Categorías por grupos:
1º premio: 300 euros
2º premio: 200 euros
3º premio: 100 euros
Categorías por carrozas:
1º premio: 499 euros
2º premio: 400 euros
3º premio: 300 euros
4º premio: 200 euros
5º premio: 100 euros
As persoas participantes no concurso deberán tomar parte no desfile, que partirá, ás 17.30 horas, desde a rúa Víctor Velasco. A comitiva percorrerá as rúas Manuel Ferrol, Paraíso, avenida dos Mártires, Víctor Velasco, Belvís de Paleo e rúa Paleo e rematará o seu tour no Complexo Deportivo.
Unha vez remate o percorrido, un xurado encargarase de elixir aos reis e raíñas deste Entroido. Para tomar a decisión, o tribunal terá en conta aspectos como a orixinalidade, a simpatía, o vestiario e a maquillaxe das persoas participantes.
O prazo de inscrición estará aberto desde o día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia e ata o 9 de febreiro. As persoas que precisen máis información poderán contactar coa Casa da Cultura no teléfono 981 67 25 80 ou no correo casadacultura@carral.es.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/01/DSC06365-scaled.jpg14402560prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2024-01-31 17:16:182024-02-01 18:02:19CARRAL REPARTIRÁ MÁIS DE 2.000 EUROS EN PREMIOS NO SEU CONCURSO DE DISFRACES DE ENTROIDO
Máis de sesenta xadrecistas de diferentes idades e procedentes de toda a provincia se deron cita, o pasado sábado, no XXII Torneo de Nadal de Xadrez de Carral.
Algúns dos competidores eran de Carral, pero o certame reuniu tamén a xente doutros municipios como Cambre, Sada, Betanzos, A Coruña, Oroso, Santiago de Compostela, Ferrol, Cee ou Noia, entre outros. En canto ás idades, o certame carralés atraeu aos máis pequenos e pequenas e contou tamén con participantes de ata 76 anos.
Na categoría Sub 10º, o primeiro posto foi para Marco Marcote, o segundo para Christian Noya e o terceiro para Mar Rodríguez. No Sub 14º, Andrés Blanco fíxose co primeiro premio, Emma Campelo conseguiu o segundo e Emma Cernadas o terceiro. Na categoría de Absoluto, o ránking foi o seguinte: primeiro posto para Jorge Rodríguez, segundo posto para David Cernadas e terceiro para Marcos Javier Martínez. A nivel local, entregóuselle un premio ao xadrecista Xosé Manuel Zapata Pérez.
O alcalde, Javier Gestal, e o concelleiro de Deportes, Francisco Bello, foron os encargados de entregar os premios ás persoas gañadoras en cada categoría, ás que felicitaron polo seu enorme talento.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/12/FOTO-CARRAL-Torneo-Xadrez-Nadal-3.jpg8391817prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-12-27 12:42:222023-12-27 12:42:22A ELITE DO XADREZ REÚNESE NO MUNICIPIO PARA PARTICIPAR NO TORNEO DE NADAL
O Concello continúa a trabllar no impulso de medidas que promovan a actividade turística e comercial durante o Nadal. Así, ademais do concurso Tapeando Carral, o Concello porá en marcha unha nova edición da súa campaña Volve a Carral no Nadal, na que se repartirán 2.000 euros en premios ás persoas que fagan as súass compras nos negocios adheridos.
A iniciativa estará en funcionamiento durante un mes, entre o 12 de decembro e o 12 de xaneiro de 2024. Durante esos días, as personas que fagan as súas compras nos comercios adheridos poderán optar a premios de entre 100 e 300 euros. En total, o Concello repartirá 30.000 rascas entre os que se encontrarán dous galardóns de 300 euros, catro de 200 e seis de 100. O funcionamento da iniciativa é sinxelo: as persoas que fagan o consumo mínimo recibirán un rasca. En caso de resultar agraciada, a persoa deberá entregar o boleto premiado no Concello, xunto co ticket de compra, ata o 30 de xaneiro. A cambio, expediráselle un cheque coa cuantía correspondente.
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-12-02 15:21:532023-12-02 15:33:07O Concello repartirá 2.000 euros en premios durante a súa campaña de comercio Volve a Carral no Nadal
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
El almacenamiento o acceso técnico sea estrictamente necesario con el fin legítimo de posibilitar la utilización de un determinado servicio expresamente solicitado por el abonado o usuario, o con la única finalidad de efectuar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.El almacenamiento o acceso técnico que se utilice exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una citación, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet o registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada solo con este propósito generalmente no se puede usar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento técnico o el acceso son necesarios para crear perfiles de usuario para enviar publicidad o rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.