Este ano desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organizamos unha actividade novidosa para aqueles/as rapaces e rapazas de entre 11 e 15 anos. Tratase dun campa entre o luns 26 e o venres 30 de xuño, entre as 10:00 e as 14:00 h. co Local Interxeracional coma punto de encontro.

Nesta actividade destacarán as saídas e as actividades ao aire libre polo que  intentaremos aproveitar ó máximo posible o noso entorno e a nosa vila. Ademáis de algún que outro obradoiro, como o de pintura mural, realizaremos rutas de sendeirismo, e destacamos tamén que a participación nesta actividade inclúe a excursión que realizaremos o día 28 de xuño, mércores, ó Aquapark de Cerceda.

Podedes anotarvos entre o mércores 14, a partir das 16:30 h., ata o 21 de xuño e recordámosvos que as prazas son limitadas. O prezo e de 20 € (inclue a saída ó Aquapark)

Como anotarvos? Tedes que enviarnos por correo electrónico (omix@carral.es) por whatsapp (674.793.475) ou de maneira presencial no Local Interxeracional (luns a venres de 16:30 a 20:30 h.) a folla de inscripción/autorización que atoparás aquí mesmo.

Autorización-Inscrición

Descarga

O Concello de Carral informa sobre as fogueiras de San Xoán:

  • Non se permite facelas en espazos públicos non habilitados.
  • Para facer cacharelas ou barbacoas en espazos privados ou en locais de hostalaría débese presentar unha comunicación ao Concello, presencialmente ou nesta ligazón: https://ow.ly/rYAN50OMEGT
  • A comunicación será válida exclusivamente na noite do 23 ao 24 de xuño.

A Casa da Cultura acolleu, esta tarde, o acto de entrega do XXVI Premio de Poesía Concello de Carral. Por unha banda, o acto serviu para conceder o galardón desta edición a Ciro Briones (Pobra do Caramiñal, 1996), que conquistou ao xurado con Oídos de espeleóloga. Pola outra, na cita presentouse oficialmente Trono e caléndula, a obra coa que Carlos Penela gañou a vinte e cinco convocatoria do certame.

Á entrega acudiu o alcalde, Javier Gestal, membros do goberno e da corporación municipal do Concello de Carral, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a profesora e representante do xurado, Antía Marante, o responsable de Edicións Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Vello, e os gañadores desta e da pasada edición, Ciro Briones e Carlos Penela, respectivamente.

Durante a súa intervención, o rexedor aproveitou a ocasión para felicitar aos gañadores da presente e da pasada edición. Gestal sinalou o compromiso do goberno por seguir apostando por este certame “un dos de maior traxectoria a nivel galego e que segue situando a Carral como un referente neste xénero”.  

Ademais da propia entrega, o evento contou coa presentación do recital poético e musical Os puntos do impacto, creado por Álex Mene e Margarida Mariño a  partir do poemario do mesmo título que se converteu, no 2021, no gañador do certame carralés.

Un cento de obras

Ciro Briones xa conta con galardóns como os de poesía e de ensaio da Universidade de Vigo (2020), o 1º premio de poesía Xuventude Crea (2020 e 2022), e o 2º premio do XXIII Certame de Poesía Díaz Jácome (2022).

O poemario de Briones foi escollido entre un total de 90 obras presentadas, o cal supón un récord para este certame que tiña a súa mellor cifra de participación en 56 libros.

O xurado salientou do libro gañador a súa coherencia, o ritmo, o coidado da linguaxe e a súa harmonía verbal. É un poemario que explora liricamente espazos da desolación e afonda na reflexión metafísica. O eu poético trasládanos a un espazo de escuridade que moito ten que ver cos cadros do pintor polaco Beksinski, e ofrece un discurso poético que alumea e libera entre tanta desolación.

O premio Concello de Carral está dotado con 3.500 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior.

Ademais da dotación económica, a obra de Briones pasará a formar parte da colección de Edicións Espiral Maior. O Premio de Poesía de Carral conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Cultura. 

Por decreto da alcaldía resolveuse elevar a definitiva a listaxe provisional de admitidos e excluídos no procedemento de selección dun peón xardineiro perceptor da Risga así como o nomeamento do tribunal cualificador e o día e hora das probas de selección.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento da achega recibida pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Modelo Decreto (17)

Descarga

SONY DSC

O pavillón do Espiño acollerá o sábado 10 de xuño, unha nova edición da Exhibición Municipal de Patinaxe Artística. Este acto, que está organizado polo Concello de Carral e o Club de Patinaxe Alquimia, comezará ás 17.30 h e terminará ao redor das 19.00 h.

Nesta clásica cita da patinaxe da comarca, está prevista a presenza de 7 clubs, colexios e escolas deportivas municipais que reunirán a uns 150 patinadores de todas as idades. Ao termo do certame, o alcalde Javier Gestal, fará entrega a todos os participantes dun agasallo conmemorativo.

Esta actividade, que pecha a programación deportiva de primavera, dá continuidade ao obxectivo de promoción e fomento do deporte que o Concello de Carral está a desenvolver durante este ano 2023. Con este tipo de programas, o goberno municipal pretende potenciar a práctica deportiva no termo carralés, e en especial entre un sector da poboación tan importante e sensible como é o infantil.

Para máis información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981.672.580 ou no mail deportes@carral.es.