A Festa do Pan de Carral é unha celebración na que se unirán os produtos gastronómicos coas actividades de convivencia musicais, unindo historia, música tradicional e festa. Celebrarase o 9-10 de maio de 2015, dedicando todo un fin de semana á exaltación deste produto típico identificativo do concello de Carral.
Para información chamar ao departamento de Comercio do Concello de Carral 981613520.
Acércase a XIII Festa do Pan de Carral 2015 que serán o próximo 9-10 de maio de 2015, polo tanto ábrese o prazo para solicitar un lugar para formar parte da Feira medieval que se celebra no evento.
Quen estea interesado pode pode descargar a documentación necesaria nos enlaces de información ou chamar ao departamento de comercio ao 981613520 a partir do luns 6 de abril ata o 7 de maio de 2015.
Descargar bases para participar na Feira Medieval da XIII Festa do Pan de Carral
Logo de realizadas as entrevistas persoais, segundo a base 8ª das aprobadas para rexer a selección dun/ha traballador/a, publícase a puntuación das mesmas así como a puntuación total resultante da suma da fase de concurso e da fase de entrevista.
Logo de realizadas as entrevistas persoais, segundo a base 8ª das aprobadas para rexer a selección dun/ha educador/a social, publícase a puntuación das mesmas así como a puntuación total resultante da suma da fase de concurso e da fase de entrevista.
A Asociación Cultural e Teatral Abril de Lume e Ferro, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Carral, levará cabo os actos de recordo aos Mártires da Liberdade.
O sábado 25 de abril, ás 21:00 h, a asociación representará a obra Abril de Lume e Ferro, que escribiu en memoria dos Mártires de Carral o poeta Manuel María. A función terá lugar nunha carpa no Campo da Feira, e rematará cun concerto de Joandome que presentará o seu disco “Love as universal right avaliable”. A obra de teatro quere dedicarlla a asociación ao seu membro e actor Santiago Pardo, que finou recentemente.
O 26 de abril realizarase unha ofrenda floral no monumento aos Mártires de Carral, coa intervención do mestre David Otero e coa música do grupo de gaitas “Catalmibre Tradicional”.
A Asociación Cultural Aires de Carral, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Carral, levan a cabo unha nova Mostra de Música Coral, que terá lugar no Edificio Social Toñito Espiñeira, o sábado 25 de abril ás 20:00 h.
Na Mostra deste ano participarán, ademais de Aires de Carral, as corais polifónicas de Barreiros e Entenza de Salceda de Caselas.
A entrada ao concerto é libre.
A Concellería de Cultura do Concello de Carral ten programado durante o mes de abril unha serie de actos para conmemorar o mes do libro. Novas lecturas, contacontos, música , cine e teatro
Pablo Díaz estará en Carral co seu espectáculo “Cantacontos para bebés”, actividade encadrada dentro do programa “Ler Conta Moito” da Consellería de Cultura. Será o 25 de abril ás 5 da tarde na Biblioteca Pública Municipal (Casa da Cultura) Esta actividade ten aforo limitado e é necesario recoller as entradas na Casa da Cultura, a partir do 20 de abril.
O 22 e 23 de abril os nenos e nenas de infantil do CPI Vicente Otero e da escola Unitaria de Tabeaio virán a visitar a biblioteca onde os agardará o contacontos Caxoto.
Os nenos e nenos da escola infantil A Galiña Azul tamén están a facer visitas á biblioteca infantil.
O venres 24 de abril levarase a cabo o obradoiro “O pequeno artesán do libro”, na biblioteca pública municipal ás 18:00 horas.
Os usuarios poden gozar xa dun novo rincón de lectura, un lugar axeitado para ler a prensa e para relaxarse gozando dos libros. Ademáis terán á súa disposición as últimas novidades tanto en literatura para adultos como para nenos e nenas e o mellor cine, na nosa sección de audiovisuais. Son un importante número de obras as que acaban de chegar ó noso fondo.
Relación definitiva de solicitantes admitidos/as e excluídos/as do procedemento para a contratación laboral temporal de un/ha traballador/a social para o departamento de Servizos Sociais do Concello así como a puntuación da fase de concurso e o lugar, día e hora para a entrevista persoal prevista na base 8ª.
Ao amparo da base 9. par 1º das bases que rexen a convocatoria os/as candidatos/as terán un prazo de dous días hábiles para efectuar as reclamacións ou alegacións que estimen oportunas.
Relación definitiva de solicitantes admitidos/as e excluídos/as do procedemento para a contratación laboral temporal de un/ha educador/a social para o departamento de Servizos Sociais do Concello así como a puntuación da fase de concurso e o lugar, día e hora para a entrevista persoal prevista na base 8ª.
Ao amparo da base 9. par 1º das bases que rexen a convocatoria os/as candidatos/as terán un prazo de dous días hábiles para efectuar as reclamacións ou alegacións que estimen oportunas.
Relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as do procedemento para a contratación laboral temporal de un/ha educador/a social para o departamento de Servizos Sociais do Concello.
Ao amparo das bases que rexen a convocatoria os/as candidatos/as provisoriamente excluídos/as terán un prazo de dous días hábiles para os efectos de reclamacións ou subsanacións de erros.