O Concello de Carral inicia o expediente para a contratación dun/ha auxiliar administrativo/a para o departamento de Servizos Sociais. Coa publicación das presentes bases iníciase o prazo para a presentación de solicitudes.

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de RRHH do Concello.

O Concello de Carral inicia o expediente para a contratación dun/ha oficial de primeira/albanel para o departamento de Obras. Coa publicación das presentes bases iníciase o prazo para a presentación de solicutes.

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de RRHH do Concello.

Carral conta, desde hai uns meses, cun novo centro especializado en 3D e videoxogos. Dirixido pola A.C. AMIGA (Animación Made in Galicia), o centro está acollendo, nestes momentos, a produción da súa primeira película de animación, ‘Chica y lobo’. Con todo, este non é, nin moito menos, o único proxecto en marcha. De feito, o centro (localizado no antigo colexio Víctor Velasco) celebrará, a partir do mes de setembro, o seu primeiro curso de formación. Este estará centrado en Blender, un programa informático para o modelado, animación e creación de gráficos tridimensionais que se está empregando, precisamente, na elaboración do filme.

Aproveitando o congreso Mundos Digitales na Coruña, AMIGA e o Concello de Carral deron, onte, a coñecer as novidades desta nova instalación, así como as vindeiras actividades que se levarán a cabo no centro.

O alcalde de Carral, Javier Gestal, e o concelleiro de Cultura, Francisco Bello, acompañaron ao responsable de AMIGA, Xosé Zapata, durante a presentación do proxecto. O rexedor sinala que esta dependencia está situando “Carral no punto de mira no campo da tecnoloxía e produción audiovisual ligada á animación 3D ou videoxogos, algo que está atraendo a empresas e traballadores deste sector ata a nosa localidade”.

El Concello de Carral acaba de abrir el plazo de inscripción para el VII Torneo de Pádel de Carral que se disputará durante estos meses de verano. En la 6ª edición, celebrada en los meses de julio y agosto del 2022, fueron un total de 42 jugadores (21 parejas) los inscritos en esta competición con formato de parejas y mixto.

El torneo dará comienzo el próximo 24 de julio y se prolongará hasta el 3 de septiembre. En las primeras semanas se disputará una fase de liguilla por grupos, de cuyas clasificaciones saldrá el cuadro eliminatorio. Los partidos se disputarán en horario de tarde-noche, pudiendo modificarse los horarios siempre con el acuerdo entre las parejas enfrentadas.

El objetivo de esta competición es el fomento del deporte entre la población adulta, así como posibilitar la práctica de nuevas modalidades deportivas a los habitantes de carraleses. Por ello, la participación en el torneo tendrá un carácter gratuito.

Para todas aquellas parejas que deseen más información o inscribirse, pueden hacerlo hasta el 19 de julio, en el Complejo Deportivo de Carral, en el 678.33.88.47 o a través del formulario web habilitado para tal fin.

A conciliación da vida laboral e familiar é unha prioridade en Carral. Un obxectivo que se cumpre grazas aos campamentos que o Concello organiza durante a época estival. Agora mesmo, están en marcha os deportivos que contan, na súa segunda semana, coa participación de 130 nenos e nenas de entre 3 e 15 anos.

Como en convocatorias anteriores, esta edición ofrece cun horario ampliado para favorecer, aínda máis, a conciliación das familias do municipio. Deste xeito, as persoas solicitantes tiveron a posibilidade de solicitar o servizo de Mañanceiro e o de xantar, garantindo a atención dos pequenos e pequenas desde as 7.30 ata as 16.00 horas.

Unha vez rematados os deportivos, continuarase coas dúas quendas restantes, que se desenvolverán ata o mes de setembro. Os English Sport Camp levaranse a cabo entre o 17 de xullo e o 4 de agosto e o de Deportes e Natureza celebrarase entre o 7 de agosto e o 1 de setembro.

O alcalde, Javier Gestal, encara o seu segundo mandato á fronte do Concello de Carral. Faino tras alcanzar a maioría absoluta nas eleccións do pasado 28 de maio. O rexedor elevou ao pleno do xoves 29 de xuño, a súa proposta para configurar o novo goberno local. O equipo de goberno estará conformado por sete áreas desde as que se traballará para “seguir mellorando vos servizos e infraestruturas dúas veciños e veciñas”.

A nova relación de áreas será a que a continuación se indica:

  • Alcaldía: Javier Gestal
  • Economía e Facenda, Réxime Interior, Recursos Humanos e Seguridade Cidadá: Susana Guimarey García
  • Cultura, Deportes, Xuventude e Participación Cidadá e Protección Civil: Francisco Javier Bello Hermida
  • Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Obras e Servizos, Medio Ambiente e Medio Rural: Javier Lendoiro Santos
  • Sanidade, Educación e Emprego: Mercedes Caridad López
  • Servizos Sociais e Igualdade: Inmaculada Mantiñán Insua
  • Comercio e Turismo: Natalia Patiño Cañás

A primeira tenencia de Alcaldía será para Susana Guimarey e a segunda para Francisco Javier Bello.

Dedicacións:

En canto ás dedicacións, a proposta do rexedor inclúe o seguinte reparto:

  • Dúas dedicacións exclusivas:
  1. Alcalde
  2. Concelleiro de Cultura, Deportes, Xuventude e Participación Cidadá e Protección Civil
  • Tres dedicacións parciais
  1. Concelleira de Economía e Facenda, Réxime Interior, Recursos Humanos e Seguridade Cidadá (dedicación ao 80%)
  2. Concelleira de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Obras e Servizos e Medio Ambiente e Medio Rural (dedicación ao 80%)
  3. Concelleira de Sanidade, Educación e Emprego (dedicación al 50%)

Polo tanto, haberá dúas concelleiras sen dedicación e que cobrarán por asistencias a órganos colexiados.

O alcalde propuxo, ademais, a creación dun novo posto de persoal de confianza. O posto estará ocupado polo concelleiro de Obras, Servizos, Medio Ambiente e Protección Civil durante o pasado mandato, Rubén Caamaño, que manterá un salario similar ao que percibía como edil.

Esta proposta de organización implica reducir o gasto destinado a soldos e retribucións do equipo de goberno. De feito, neste mandato abonarase un soldo menos que entre 2019 e 2023, debido a que dous das concelleiras non terán dedicación.

Durante o pleno, Gestal incidiu en que se continuará “traballando de xeito diario para seguir mellorando a calidade de vida dúas veciños e veciñas de Carral”.

Órganos colexiados

En canto ás dietas, todos os membros da corporación, excepto os que desempeñen o seu cargo con dedicación exclusiva ou parcial, percibirán asistencias pola súa concorrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados dos que formen parte, fixadas en: 100 euros por plenos, 200 por xuntas de goberno e 100 por comisións informativas.