O verán pasado, máis de 50 nenos e nenas participaron nestes cursos durante o mes de xullo.

.

INDICACIÓNS:

  • As datas previstas para estes cursos serán desde o 1 ao 29 de agosto.
  • Os cursos impartiranse nas piscinas municipais
  • Os grupos están divididos en función das idades dos inscritos, tendo preferencia os empadroados, naqueles grupos nos que se superan os rateos alumnos/monitor.
  • Impartiranse clases de 45 minutos, nos seguintes horarios:
    • Grupo 1: nados do 2014 ao 2008, de 11:45 a 12:30 h.
    • Grupo 2: nados do 2017 ao 2015, de 12:30 a 13:15 h.
    • Grupo 3: nados do 2021 ao 2018, de 13:15 a 14:00 h.
  • O prazo de pago será dende o 29 de xullo e o 4 de agosto.
  • Formas de pago: (28 €/alumno/a)
    • Mediante transferencia bancaria (ES21 2100 5781 3102 0000 1826), para o cal será IMPRESCINDIBLE enviar o resgardo de ingreso ao mail complexo.deportivo@carral.es.
    • Con Tarxeta bancaria nas dependencias do Complexo Deportivo

INDICACIÓNS:

Máis información, no Complexo Deportivo de Carral (678.88.33.47 – complexo.deportivo@carral.es).

O goberno local continúa apostando pola conciliación da vida laboral e familiar dos veciños e veciñas durante as épocas non lectivas e tamén durante o período escolar. O Concello abrirá o vindeiro luns, 28 de xullo, o prazo de solicitude do servizo municipal de Madrugadores, xestionado directamente desde o departamento de Educación. A prestación estará dispoñible desde o 9 de setembro, primeiro día do curso académico 2025-2026, no CEIPP Vicente Otero Valcárcel.

Por medio deste servizo, os nenos e nenas poderán acceder ao centro de ensino ás 7.30 horas. Desde ese momento e ata o inicio das clases, os alumnos e alumnas estarán atendidos por un equipo de monitores.

As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. A ficha de inscrición está dispoñible xa na sede electrónica do Concello e deberá presentarse, xunto co resto de documentación, a través da sede ou presencialmente no rexistro municipal. O período de solicitude estará dispoñible entre o luns, 28 de xullo (9.00 horas) e o venres, 8 de agosto (ás 14.00 horas).

O Concello continúa ofrecendo unha ampla variedade de actividades deportivas durante os meses de verán. A oferta inclúe propostas para veciños e veciñas de todas as idades e pertencentes a distintas disciplinas. O Concello abrirá o luns, 14 de xullo, o prazo de inscrición para os seus cursos de natación de agosto e para o VIII Torneo de Pádel. Trátase de dúas iniciativas xa consolidadas e que reúnen, edición tras edición, a un gran número de persoas participantes.

Por unha banda, os cursos de natación de agosto contarán con 70 prazas para nenos e nenas de entre 3 e 15 anos, tendo preferencia aquelas persoas empadroadas no municipio. Os rapaces e rapazas estarán divididos en tres quendas en función das idades, comezando en primeiro lugar as clases para os máis maiores e rematando coas dos máis pequenos e pequenas. As sesións impartiranse entre as 11.45 e as 14.00 horas e terán unha duración de 45 minutos.

A inscrición poderá realizarse a través da sede electrónica ou, presencialmente, no rexistro municipal do Concello.

Torneo de Pádel

En canto ao VIII Torneo de Pádel, o Concello abrirá tamén o luns, día 14, o prazo de inscrición. As parellas que se anoten estarán divididas en función das idades, tendo un torneo escolar para aquelas entre 10 e 14 anos e un de adultos para as maiores de 15 anos.

O torneo de adultos consta de dúas categorías: a A, dirixida a xogadores/as dun nivel medio/alto, e a B, destinada ás parellas de nivel medio.

O torneo dará comezo o vindeiro 31 de xullo e prolongarase ata o 14 de setembro. Nas primeiras semanas disputarase unha fase de liguiña por grupos, da cal sairán as clasificacións para o cadro eliminatorio. Os partidos celebraranse en horario de tarde-noite, podendo modificarse os horarios sempre que haxa acordo entre as parellas enfrontadas.

O obxectivo desta competición é o fomento do deporte entre a poboación adulta, así como posibilitar a práctica de novas modalidades deportivas ás persoas habitantes de Carral. Por iso, a participación no torneo terá carácter gratuíto.

As persoas que necesiten máis información ou desexen tramitar a súa inscrición, poden facelo ata o 24 de xullo no Complexo Deportivo de Carral, no 678 338 847 ou a través do formulario web.

Un total de 54 nenos e nenas de entre 3 e 14 anos inauguraron, esta semana, os cursos de natación do mes de xullo de Carral. Trátase dunha das actividades estrela do verán e que congrega, ano tras ano, a unha gran cantidade de participantes que aprenden a nadar ou que perfeccionan a súa técnica na auga. O Concello está a preparar xa os cursos de agosto, cuxo prazo de inscrición arrincará o luns, 14 de xullo, podendo tramitarse as solicitudes no rexistro municipal e em a sede electrónica.

Os mozos e mozas inscritos nos de xullo están divididos en tres quendas en función das súas idades. As sesións de natación son de 45 minutos e realízanse entre as 11.45 e as 14.00 horas. Así mesmo, en cada quenda organízanse grupos de iniciación e perfeccionamento en función do nivel dos participantes.

Carral despediu, esta semana, a súa terceira Liga de Pádel, na que se enfrontaron un total de 24 parellas divididas en dúas categorías: a A, para os xogadores máis avanzados, e a B, para os de nivel intermedio. Tras unha dura contenda, a parella formada por Marcos Sande e Samuel Ferreiro proclamouse campioa na clase A, mentres que Rodrigo Fuentes e Alejandro Sánchez fixeron o propio na B. O alcalde, Javier Gestal, fixo entrega dos trofeos aos campións e subcampións, aos que felicitou por “o esforzo realizado durante a competición”.

Na primeira fase da liga, disputada entre febreiro e maio, celebráronse un total de 62 encontros. A continuación, comezou a fase eliminatoria, na que se clasificaron as catro mellores parellas de cada grupo. A gran final tivo lugar o pasado xoves, saíndo dela dous campións e dous subcampións en cada categoría. Nas segundas posicións quedaron Santiago Rivera e David Lameiro (A) e Manuel Cortés e Raúl Varela (B).

O Concello abrirá, proximamente, o prazo de inscrición para o Torneo de Pádel de Verán. A actividade dará comezo a mediados de xullo e prolongarase ata a metade de setembro.

Carral presentou, en maio, o peche do exercicio orzamentario de 2024. Fíxoo cun remanente de tesourería de 1.602.929,71 euros. Agora, tras o pleno extraordinario celebrado esta mañá, o Concello destinará máis dun millón (1.065.117,03 euros) do remanente para incrementar certas partidas e crear outras novas dentro do orzamento municipal. Do total, 809.442,77 euros dedicaranse á execución de novas obras e infraestruturas para os veciños e veciñas.


Tal e como explicou o alcalde, Javier Gestal, “o remanente que arroxan as arcas municipais é froito do esforzo de consolidación orzamentaria que vimos realizando desde a nosa entrada no goberno”. Como ya había avanzado el regidor, esta cantidad se usará para “facer realidade algunhas das solicitudes máis demandadas polos veciños e veciñas”. 


Na proposta aprobada esta mañá incluíronse 280.000 euros para a implantación do saneamento na zona da Atalaia (Cañás) e outros 100.000 euros para a reforma do pavillón de O Espiño. Así mesmo, incorporáronse outros 429.442,77 para a futura construción das bancadas no campo de fútbol de Vos Capelos. O Concello solicitou unha subvención para levar a cabo esta actuación (asumindo a Administración local o 50% do investimento total). Con todo, a expensas de saber se esta axuda concédese ou non, o goberno local ha decidido dispoñer de parte dos fondos para asumir a parte correspondente destas obras.


A estes créditos hai que sumar tamén outros 85.000 euros para a elaboración de proxectos de obra. Con este contrato, o equipo de goberno espera redactar os proxectos para a realización das seguintes actuacións: execución do saneamento da parroquia de Beira (en O Canedo e en O Curro), a ampliación de cunetas en O Quenllo, o acondicionamento dá zona do pavillón O Espiño, a construción dun vestiario no campo de fútbol de Os Capelos, a reparación da beirarrúa na rúa José Boga e o acondicionamento da pista anexa á igrexa de San Vicente.


Servizo de limpeza viaria e xardinería


A proposta que recibiu luz verde no pleno de hoxe incorporaba tamén 140.674,26 para licitar os novos pregos do servizo de limpeza viaria e xardinería.


Ademais, contémplase tamén unha partida de 30.000 euros para a contratación do ECCOM para a revisión e inspección das atraccións nas festas municipais.


O punto saíu aprobado por unanimidade cos 5 votos a favor de Alternativa dúas Veciños, os 4 votos do PP e un do concelleiro non adscrito.

O Concello de Carral súmase, un ano máis, á campaña Liberdade de Ser e Sentir da Deputación da Coruña. A iniciativa ponse en marcha co obxectivo de conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGTBQIA+, unha xornada para reivindicar a diversidade, a igualdade e os dereitos de todas as persoas, independentemente da súa orientación sexual, identidade ou expresión de xénero.

O verán pasado, máis de 115 nenos e nenas participaron nestes cursos entre os meses de xullo e agosto.

.

INDICACIÓNS:

  • As datas previstas para estes cursos serán desde o 1 ao 31 de xullo.
  • Os cursos impartiranse nas piscinas municipais
  • Os grupos están divididos en función das idades dos inscritos, tendo preferencia os empadroados, naqueles grupos nos que se superan os rateos alumnos/monitor.
  • Impartiranse clases de 45 minutos, nos seguintes horarios:
    • Grupo 1: nados do 2014 ao 2011, de 11:45 a 12:30 h.
    • Grupo 2: nados do 2017 ao 2015, de 12:30 a 13:15 h.
    • Grupo 3: nados do 2021 ao 2018, de 13:15 a 14:00 h.
  • O prazo de pago será dende o 25 ata o 29 de xuño (14:00 h).
  • Formas de pago: (28 €/alumno/a)
    • Mediante transferencia bancaria (ES21 2100 5781 3102 0000 1826), para o cal será IMPRESCINDIBLE enviar o resgardo de ingreso ao mail complexo.deportivo@carral.es.
    • Con Tarxeta bancaria nas dependencias do Complexo Deportivo

INDICACIÓNS:

Máis información, no Complexo Deportivo de Carral (678.88.33.47 – complexo.deportivo@carral.es).

Carral deu, esta semana, o pistoletazo de saída aos seus campamentos deportivos de verán. Trátase dunha actividade coa que o goberno local busca un dobre obxectivo: por unha banda, promover a conciliación da vida laboral e familiar dos veciños e veciñas durante a época estival e, pola outra, dar a coñecer aos pequenos e pequenas as distintas modalidades deportivas que se practican no municipio. Ao longo das dez semanas de duración do programa, tomarán parte nas actividades preto de 200 nenos e nenas.

As propostas levaranse a cabo nas instalacións do CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel e no pavillón deportivo. Ademais das iniciativas que celebrarán nestas dependencias, os e as participantes gozarán tamén de visitas ás distintas instalacións deportivas municipais, así como a espazos naturais do concello, saídas á praia e excursións a diferentes recintos culturais e deportivos de concellos limítrofes.

Os campamentos deportivos realizaranse en diferentes quendas, prolongándose ata o 29 de agosto. Máis aló das propias actividades, o Concello ofreceu ás familias solicitantes a posibilidade de dispor dos servizos de madrugadores e comedor, garantindo así un maior horario de atención para os cativos e cativas.

O Concello de Carral resultou beneficiario da subvención solicitada á Consellería de Política Social e Igualdade.

Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B).

Este programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.

Novas recentes