O Concello de Carral ten por obxetivo establecer axudas complementarias para a financiación parcial de gastos ocasionados pola adquisición de libros de texto, material escolar, gastos de comedor escolar, transporte por estudos e gastos por pago de tasas e matrículas do alumnado matriculado en estudos durante o curso académico 2021/2022.

 

BENEFICIARIOS:

Estando empadroados/as no concello de Carral, as persoas que se atopen nalgunha/s das circunstancias seguintes:

  1. a) Estudantes de 2.º ciclo de educación infantil que cursen os seus estudos durante o curso 2021/2022 en centros de carácter oficial, públicos ou concertados.
  2. b) Estar matriculados/as en calquera curso dos estudos de educación postobrigatoria (ciclos formativos, bacharelato ou similares) durante o curso 2021/2022 nun centro de carácter oficial, público ou concertado.
  3. c) Estar matriculados/as na formación profesional básica durante o curso 2021/2022 nun centro de carácter oficial, público ou concertado.
  4. d) Estar matriculados/as durante o curso 2021/2022 en calquera curso das seguintes ensinanzas universitarias do sistema universitario español realizados en centros españois, públicos ou privados, con validez no territorio nacional: ensinanzas conducentes a títulos oficiais de Grao ou Mestrado/Máster (non Doutoramento); ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado/a, Enxeñeiro/a, Arquitecto/a, Diplomado/a, Mestre/a, Enxeñeiro/a Técnico/a e Arquitecto/a Técnico/a.

 

PRAZO:

Do 25 de maio ata o 14 de xuño tedes para presentar a documentación para solicitar axudas ao estudo relativas ao curso 2021/2022

 

SOLICITUDES:

Os anexos de solicitude podedes atopalos xunto coas bases  no boletin do 8 de abril. Tamén dispodes delas  no concello ou no Edificio Toñito Espiñeira.

Entregar pola sede electrónica ou no rexistro municipal.

 

COMPATIBLE COAS AXUDAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN.

 

Modelo solicitude axudas ao estudo curso 2021/2022

Bases reguladoras axudas ao estudo curso 2021/2022

Neste ano 2022 estase a conmemorar o bicentenario do nacemento en Betanzos de Antolín Faraldo, un dos pais da Revolución de 1846 que rematou co fusilamento dos coñecidos como Mártires de Carral. Por mor da efeméride, a editora Alvarellos ven de publicar o libro “Querida liberdade. Vida e obra dun precursor do Rexurdimento”, do que é autor Xurxo Martínez.

A Casa da Cultura acollerá o sábado 28 de maio, ás 12:30 h, a presentación do libro, na que intervirán, ademais do autor, o concelleiro de Cultura, Fran Bello, o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, e o editor Henrique Alvarellos. O acto servirá tamén que as persoas interesadas poidan adquirir o libro e que lle sexa dedicado polo autor.

O poeta vigués Carlos Penela Martín foi elixido gañador da 25ª edición do Certame de Poesía Concello de Carral co libro titulado Trono e caléndula.

O xurado salienta do libro gañador a composición dos poemas cunha esixencia rítmica pouco común que se proxecta no lingüístico e no simbólico.

Carlos Penela conta xa cunha salientable traxectoria literaria, obtendo os premios Espiral Maior, Eusebio Lorenzo Baleirón en dúas ocasións, Caixanova, Miguel González Garcés e o accésit do premio Esquío de Poesía. Colaborou tamén con diversas revistas literarias e xornais como Grial, A Trabe de Ouro, Revista da AELG, xornal Nós… Xunto a esas publicacións, nos últimos anos foi publicando numerosos ensaios e artigos literarios e culturais desde os seus blogs, dedicados, fundamentalmente, a dar a coñecer a cultura de Europa Central ao público galego. Ademais diso, traduciu varios títulos de literatura portuguesa e alemá. Actualmente reside en Viena (Austria).

Para esta edición do premio o Concello de Carral configurou o xurado con Inma Otero, Teresa Seara, Miguel Anxo Fernán Vello, Luciano Rodríguez e Álex Mene. Como presidente actuou o concelleiro de Cultura Francisco Bello e como secretario o técnico de Cultura Carlos Lorenzo.

Presentáronse a esta edición do premio un total de 44 libros.

O acto de entrega do premio terá lugar o venres 10 de xuño na Casa da Cultura, nun evento especial para conmemorar os 25 anos do certame, no que inaugurará unha exposición no Campo da Feira, a instalación nas luces públicas de Carral de lonas dedicadas a cada autor e autora que obtivo este galardón, a presentación do libro gañador na edición do 2021, Os puntos do impacto de Ález Mene, e os espectáculo poético e musical O idioma da tinta de Yolanda Castaño e Isaac Garabatos.

O sorteo celebrarase o vindeiro martes 24 de maio ás 13:00 no Salón de Plenos Municipal. Read more

Continuamos con Patea Carral, o programa de roteiros da OMIX (oficina municipal de información xuvenil) co que queremos dar a coñecer o noso concello e poñer en valor o noso patrimonio natural e paisaxístico.

Nesta ocasión faremos un roteiro ó Xalo, o sábado 28 de maio, saíndo coma sempre desde o campo da feiras ás 9:00 h., para estar de regreso sobre ás 14:30 h.

Pensado para persoas maiores de 15 anos, ten una lonxitude aproximada de 16 km. e pódese cualificar cun nivel de dificultade alto.

As recomendación son as que vos damos noutras ocasión, auga, algo para comer, calzado axeitado, gorra e se o tempo esta chuvioso un chuvasqueiro.

O prazo para anotarse remata o xoves 26 de maio e para elo tes que enviarnos a inscrición/autorización por Whatsapp ó 674.793.475 ou por e-mail a omix@caral.es, e  que atoparás no Facebook da omix_carral, na paxina web do concello (carral.es) ou no noso Instagram, omix_carral. A patear!

  • O concelleiro de Deportes, Francisco Bello, sinala que, ademais do programa provincial, o Concello terá tamén o seu propio programa “nunha nova aposta por promover a conciliación da veciñanza de Carral”.

O prazo de preinscrición para os campamentos deportivos da Deputación da Coruña estará aberto ata o 20 de maio. No caso de Carral, o ente provincial oferta cinco prazas para a terceira quenda, entre o 10 e o 15 de xullo.

O concelleiro de Deportes, Francisco Bello, sinala que, ademais do programa provincial, o Concello celebrará, este verán, os seus propios campamentos “nunha nova aposta por promover a conciliación da veciñanza de Carral”. A previsión, tal e como avanza o edil, é abrir o período de inscrición para o programa a principios do mes de xuño. A iniciativa municipal terá lugar entre o 27 de xuño e o 2 de setembro, organizándose varias quendas.

Os campamentos da Deputación están dirixidos a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos e levaranse a cabo no IES Rosalía de Mera. Os rapaces e rapazas que participen na iniciativa poderán gozar de deportes náuticos, actividades ao aire libre, dunha xornada de praia e de visitas culturais e etnográficas.

As inscricións poden tramitarse na Casa da Cultura (981 67 25 80) e no Complexo Deportivo de Carral (678 33 88 47 e en deportes@carral.es) ata o 20 de maio.

Por decreto da alcaldía do 11 de maio de 2022 resolveuse iniciar o procedemento de contratación de tres obreiros/as (albaneis) e un/ha electricista de acordo coa subvención concedida pola Excelentísima Deputación da Coruña ao abeiro do programa de axudas á contratación de persoal para execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia da Coruña (liña 1.1 PEL-CONCELLOS 2022).

Os/as interesados/as terán de prazo ata o vindeiro xoves día 19 de maio de 2022 inclusive para a presentación de solicitudes.

Máis información nas oficinas de contratación do Concello de Carral.

bases

Carral exaltará, ao longo da fin de semana, un dos seus produtos estrela: o seu pan. Farao coa celebración da XVIII Festa do Pan, organizada polo Concello e pola Asociación de Panadeiros. A Casa do Concello acolleu, esta mañá, a presentación da décimo-oitava edición, un acto no que estiveron presentes o alcalde, Javier Gestal, os concelleiros do goberno e representantes das panaderías participantes: Panadería Bonome Bouzas, Panadería Da Cunha, Panadería Manuel Rodríguez e Hijos, Panadería Mercedes, Panadería O Pincho, Panadería Paraíso, Panadería Pedro Fernández e Panadería Insua. Tanto o equipo de goberno como os propios artesáns encaran a celebración con “ilusión” e coa previsión de alcanzar unha cifra histórica: a de 8.000 bocadillos cardiosaludables vendidos na fin de semana.
Á venda e exaltación deste produto hai que sumar, ademais, a feira medieval, así como outra das propostas que solicitan unha maior aceptación na festa: os obradoiros de elaboración de pan para os nenos e nenas. Estas actividades realizaranse tanto o sábado, 7 de maio, como o domingo, día 8. Outra das grandes atraccións da feira será, sen dúbida, o clásico bocadillo cardiosaludable, elaborado a base de tomate, xamón serrano, aceite e, por suposto, pan de Carral.
O programa do sábado incluirá a actuación da charanga Noroeste, que interpretará temas durante todo o día, e a realización de talleres de xogos tradicionais a cargo de ACNUR e doutros artístico-lúdicos e de olaría. Todas as actividades para os pequenos e pequenas comezarán ás 16.30 horas. Ás 17.00 horas está prevista a exposición dos traballos feitos polo alumnado do CEIP Vicente Otero Valcárcel e a organización do primeiro pase do espectáculo de animación ‘O circo’. O pregón terá lugar ás 21.00 horas e, ás 21.30 horas, a orquestra Claxxon pechará a xornada cun concerto.
A segunda e última xornada do programa arrincará o domingo, ás 11.00 horas, co inicio da exposición e venda de pan e do bocadillo cardiosaludable e cos obradoiros para os pequenos. A esa hora levarase a cabo tamén unha exhibición de cetrería e, ademais, a charanga Alambique poralle o toque musical á mañá. Ás 12.30 horas está prevista a misa solemne e, ás 14.00 horas, a sesión vermú a cargo da orquestra Miramar. A oferta para os nenos e nenas retomarase en horario de tarde, a partir das 16.30 horas. A Asociación de Baile ‘O Rueiro’ de Tabeaio actuará ás 17.00 horas e, a continuación, o público asistente poderá gozar do espectáculo de animación ‘Bufóns e Trobadores’. O evento pecharase ás 20.00 horas coa música da orquestra Miramar.
Durante a presentación, o rexedor agradeceu “a enorme implicación e esforzo que os panadeiros realizan ao longo destes días, nos que ademais do traballo habitual nos seus obradoiros hai que sumar o que fan na Festa do Pan”.

CONSELLERÍA DE EMPLEO E IGUALDAD
ORDEN de 28 de abril de 2022 por la que se establecen las bases reguladoras del Programa extraordinario de las personas trabajadoras autónomas y microempresas  con actividades especialmente paralizadas por la crisis de la COVID-19, financiadas  parcialmente con fondos REACT-UE en el marco del programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte de la respuesta de la Unión a la pandemia de la COVID-19, y se procede a su convocatoria para el año 2022 (código de procedimiento TR760A)

Acceso á información premendo aquí

Publicadas as bases das axudas para paliar o impacto do incremento do custo do cumbustible.

A Deputación da Coruña publica no BOP as bases para paliar o impacto do incremento do custo do combustible e subministracións nos sectores agrario, gandeiro, pesqueiro e do transporte de mercadorías por estrada

A Deputación da Coruña ven de publicar as bases reguladoras das axudas enmarcadas no Programa de medidas urxentes para paliar o impacto do incremento do custo do combustible e subministracións nos sectores agrario, gandeiro, pesqueiro e do transporte de mercadorías por estrada (MUR_COMB_SUBM/2022). As bases do programa poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 76 do 22 de abril de 2022.

O prazo de presentación de solicitudes das axudas iniciarase o día 28 de abril de 2022 ás 09:00 horas e ata o esgotamento do crédito orzamentario aprobado ou en todo caso ata o 28 de xuño de 2022 ás 14:00 horas.

A presentación será telemática a través da plataforma SUBTeL.

BASES