Acondicionamento do parque infantil de Tabeaio

O parque infantil de Tabeaio loce unha nova imaxe despois dos traballos de acondicionamento que se levaron a cabo neste lugar.

O plan incluíu a limpeza dos xogos, do firme e do mobiliario, a reposición dos asentos dun das randeeiras e a retirada dalgúns xogos en mal estado para substituílos por outros novos. Ademais, acometeuse a reparación e o pintado do valo que bordea a área infantil. Así mesmo, a intervención inclúe o lijado e pintado dalgúns elementos de mobiliario urbano, como os bancos, as mesas de picnic e as papeleiras.

Por último, como parte desta actuación habilitouse tamén unha zona de exercicio con varios aparellos biosaludables.

O Concello de Carral únese ao Pacto de Alcaldes para o Clima e a Enerxía da Unión Europea. A adhesión a este pacto aprobouse o luns 1 de abril no pleno cos votos a favor do Partido Popular de Carral e do PSOE, Asemblea por Carral non asistiu á sesión.

O Concello asume así o compromiso de contribuír cos indicadores que a UE fixa para o ano 2030: a redución do 40% de emisións de CO2 no territorio a través de medidas de eficiencia enerxética e dun uso de fontes de enerxía renovables, e a adaptación ao cambio climático. Ao subscribir o Pacto, Carral desenvolverá un plan de acción no prazo de dous anos.

Así mesmo, o pleno deu luz verde a delegar na Administración Xeral da Comunidade Autonómica de Galicia as competencias do Concello relativas á convocatoria de procesos selectivos para acceder ao corpo da Policía Local, así como ás prazas de auxiliares de Policía Local e ás de vixiantes municipais. A proposta de alcaldía aprobouse cos votos a favor do PP de Carral e do PSOE.

Durante a sesión plenaria realizouse tamén o sorteo e a designación dos membros das mesas que terán que actuar nas eleccións do 28 de abril.

Entre os días 22 de marzo e 12 de abril, no local da xuventude, todas e todos a/os que se acheguen, poderán observar a exposición “Reservas da biosfera”. Esta exposición foi cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), e poderedes visitala de luns a venres entre as 16:00 e as 20:00 h. no local da xuventude.

“Reservas da Biosfera” foi creada polo Grupo de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” no marco da presentación da candidatura da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

As reservas da Biosfera decláranse pola UNESCO, e a finais de 2012 había 563 reservas en 110 países. A súa finalidade é a de harmonizar a conservación do patrimonio natural e cultura, e o desenvolvemento sostible da súa poboación, podendo atopar nelas todos os ecosistemas e todas as culturas do planeta.

En España existen 40 das que 5 están en Galicia (Río Eo, Oscos e Terras do Burón, Terras do Miño, Ancares Lucenses, Área de Allariz, e a reserva transfronteiriza Gerês- Xurés).
Entre outros beneficios, a declaración dunha Reserva da Biosfera abre a oportunidade de :
• Situar ao territorio no mapa mundial.
• Dar prestixio ao territorio, ás súas empresas e aos seus produtos.
• Ampliación dos mercados para os produtos, a través das marcas de calidade.
• Recuperación das actividades económicas tradicionais.
• Incentivas e fortalecer as iniciativas ligados ao turismo sostible.
• Xerar oportunidade de capacitación e formación.
• Acadar apoio internacional, estatal e rexional para iniciativas e proxectos ligados ao
desenvolvemento sostible e á conservación ambiental.
• Mellorar a conservación ambiental e a información sobre os recursos naturais.

20190325104627_00001

o souto dos prodixios1cadA Concellería de Cultura do Concello de Carral ven de presentar a segunda edición do programa Papeques, que comprende espectáculos e cine para público infantil e familiar. Teatro, contacontos, películas e concertos configuran unha programación que se desenvolverá do 28 de marzo ao 12 de abril nas bibliotecas municipais, no local Xente Nova e no edificio social Toñito Espiñeira.

Todos os espectáculos son de balde e os aforos limitados. Para algúns deles será necesario retirar convites desde 48 horas antes da actividade.

Papeques comezará o xoves 28 de marzo con Un invento para chegar ao ceo, contacontos a cargo de Trinketrinke Teatro na Biblioteca da Casa da Cultura. Ao día seguinte proxectarase El bebé jefazo. O sábado 30 de marzo en Tabeaio presentarase a obra teatral O soutos dos prodixios de Producións Dispersas. A segunda sesión de cine será o xoves 4 de abril co clásico de Disney 101 Dálmatas. O primeiro espectáculo para bebés será un contacontos de Pavís Pavós na Biblioteca infantil o 5 de abril. Malasombra ofrecerá en Tabeaio un espectáculo para todos os públicos con pompas de xabón titulado Os fabulosos cleaners. Magín Blanco traerá o seu espectáculo musical Camiños ao Toñito Espiñeira o 11 de abril, e ao día seguinte, para pechar a programación, Títeres Babaluva ofrecerá un espectáculo sensorial para bebés titulado A alfombra máxica.alfonbraMaxica

O departamento de Cultura deseña este ciclo coa intención de que sexa vivido en familia. Cada función é unha aprendizaxe e un goce. É moi importante a implicación dos adultos para que os máis pequenos comprendan e asimilen os valores que se transmiten en cada espectáculo.

Tamén é importante que os pais leven os pequenos ás funcións que mellor encaixen coas súas idades. Na publicidade de Papeques distribuída polo municipio, así como na web municipal, indícase a información de cada actividade, as idades ás que se dirixe e se é necesario retirar convites previamente.

O Concello de Carral quere consolidar este programa no seu calendario anual. Nesta nova edición mudou de datas para trasladalo aos meses de marzo e abril, coa intención de mantelo nesta época do ano entre o Entroido e a Semana Santa.

Para algúns dos espectáculos cóntase coa participación da Deputación da Coruña, a través da súa Rede Cultural.

Programa Papeques 2019

 

Día Mundial da Auga 2019

aforro auga 2019

Sesenta nenos do Vicente Otero de Carral descobren o funcionamento da ETAP de Cañás

Como parte do programa ‘Carral nun día’, sesenta alumnos de 2º de primaria do CEIP Vicente Otero Valcárcel visitaron a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Cañás. Durante a excursión, os escolares percorreron as instalacións da ETAP, a primeira traída de auga da cidade da Coruña, e descubriron o proceso que segue a auga desde a súa recollida no río ata o seu posterior potabilización.

Sesenta nenos do Vicente Otero de Carral descobren o funcionamento da ETAP de Cañás

Os pequenos aprenderon o que é o ciclo da auga

 

A actividade non terminou na estación, senón que despois de coñecer a ETAP, os pequenos coñeceron tamén a área recreativa da Brexa. Acompañados por Protección Civil e por persoal do servizo de Educación e Benestar, os nenos aprenderon cales son as especies de animais que viven este lugar.

quintetoinvento3O local Xente Nova de Tabeaio acollerá este sábado 9 de marzo un concerto do Quinteto InVento, cun repertorio de recoñecidas pezas latinoamericanas.

O concerto, que comezará ás 20:30 h, combinará obras orixinais con adaptacións que permitan escoitar grandes obras cunha nova sonoridade. Interpretarán obras de Astor Piazolla, Paquito d’Rivera, Vinicio Meza e Julio Medaglia, entre outros autores.

O Quinteto InVento é un grupo galego de música de cámara que xorde da amizade dos seus compoñentes, provenientes dalgunhas das principais orquestras de Galicia. O quinteto está formado por flauta, oboe, fagot, trompa e clarinete.

A entrada ao concerto é de balde. A Concellería de Cultura do Concello de Carral, organizadora do concerto, pide ao público puntualidade para evitar molestias unha vez iniciada a actuación.

Publícase o anuncio do tribunal de selección de persoal coa proposta ao Sr. alcalde da aspirante con maior puntuación para cubrir o posto de educadora social, a xornada completa, para o departamento de Servizos Sociais.

Confíreselles a todos os interesados un prazo de dous días hábiles para reclamacións ou alegacións.

anuncio tribunal (2)

unhapraia-wEste xoves, 28 de febreiro, ás 18:00 h, Trinketrinke teatro presenta “Unha Praia particular”, contacontos teatral dirixido a nenos e nenas de tres a oito anos.

Será na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura ás 18:00 horas. As entradas son limitadas e de balde polo que é necesario retiralas previamente en calquera das bibliotecas a partir do 25 de febreiro.