No día de hoxe, 22 de febreiro de 2019, o sr. alcalde resolveu no decreto 79/2019 a relación definitiva dos candidatos/as admitidos/as e excluídos/as, o designación dos membros do tribunal e o lugar, o día e a hora da útlima fase do concurso (entrevista profesional).
O acto de homenaxe e recoñecemento será presidido polo alcalde, que estará acompañado de Isidoro Hornillos, presidente da federación galega de atletismo, e un conselleiro delegado do Real Club Deportivo da Coruña. Read more
No DOG nº35 do 19 de febreiro de 2019 publicouse a resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística onde se anuncia a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4.
Os cursos que se ofrecen na provincia da Coruña son os seguintes:
Presenciais
.. A Coruña ………………. Celga 2
.. A Coruña ………………. Celga 3
.. A Coruña ………………. Celga 4
.. Ferrol ………………… Celga 2
.. Ferrol ………………… Celga 4
.. Santiago de Compostela ….. Celga 2
.. Santiago de Compostela ….. Celga 3
.. Santiago de Compostela ….. Celga 4
2 Teleformación
.. 3 cursos a nivel Galicia ……. Celga 1
.. 1 curso a nivel A Coruña ….. Celga 3
.. 3 cursos a nivel A Coruña … Celga 4
O prazo para a presentación de solicitudes é de vinte días naturais dende o día seguinte á publicación no DOG desta resolución.
Para máis información poden dirixirse ao servizo de Normalización Lingüística do Concello.
O punto limpo móbil estará de novo a disposición dos veciños este mes de febreiro o día 22 no Campo da Feira.
Durante o mes de marzo o punto limpo virá a Carral os días 4 e 13
Máis información no servizo de medio ambiente do concello ou no teléfono 981670002
No día de hoxe, dezaoito de febreiro de dous mil dezanove, o Sr. alcalde deste Concello resolveu aprobar no decreto 73/2019 a relación provisional de candidatos/as admitidos/as e excluídos/as no procedemento de selección dun/ha educador/a social para o departamento de Servizos Sociais.
De acordo co punto 5 das bases outórgaselles aos interesados un prazo de dous días hábiles para reclamacións ou correccións.
A Concellería de Cultura do Concello de Carral organiza para o 16 de marzo unha viaxe de índole cultural á zona de Lalín para visitar o complexo etnográfico da Casa do Patrón e o Pazo de Liñares no que se empraza o Museo Galego da Marioneta.
É unha viaxe deseñada para a participación de familias con nenos, que terán prioridade na inscrición. Os participantes poderán visitar o museo etnográfico da Casa do Patrón, unha das maiores coleccións deste tipo en Galicia, a sala de arqueoloxía do Castro de Doade cunha réplica dunha casa castrexa; e o Pazo de Liñares, do século XVII e no que está emprazado o museo dedicado á marioneta. O xantar será tamén na Casa do Patrón a base cocido, comida típica desta zona nestas datas do Entroido. Os menores terán ocasión de escoller outro menú.
As inscricións para esta viaxe débese facer na Casa da Cultura do 18 de febreiro ao 6 de marzo. As prazas son limitadas. As persoas que desexen participar sen a compaña de menores, poden anotarse en reserva para o caso de que non se cubran as prazas por parte de familias.
O prezo da viaxe é de 28 euros para adultos e 14 euros para nenos.
O Concello de Carral iniciou o mércores 13 de febreiro, as actuacións para instalar o primeiro paso de peóns ‘intelixente’ do municipio. Esta nova senda dispoñerá dun sistema de iluminación capaz de alertar aos vehículos da presenza de peóns mediante unhas placas lumínicas implantadas no asfalto xunto con sinais verticais, tamén luminosas.
Os traballos iniciáronse nunha das sendas máis concorridas do municipio. En concreto, na situada na Avenida dúas Mártires.
Con todo, despois de probar a efectividade deste novo sistema, a intención do goberno local é repetir estas actuacións noutros sete pasos de peóns: catro deles do núcleo urbano e outros tres na parroquia de Tabeaio, sempre ao longo da N-550.
Para acometer este plan, o Concello investirá preto de 80.000 euros procedentes dunha subvención da Deputación da Coruña. O alcalde, José Luis Fernández Mouriño, explicou que “se trata dun proxecto pioneiro en Galicia co que melloraremos considerablemente as condicións de seguridade viaria non municipio”. Este sistema está a dar moi bos resultados en grandes cidades como Madrid, Barcelona e Bilbao.
O vindeiro mércores 13 de febreiro de 9:00 a 14:00 h estará a disposición dos veciños un punto limpo móbil no Campo da Feira
A instalación deportiva celebra o seu oitavo aniversario con promocións e melloras no equipamento. Read more
Teléfonos de interese
Concello: 981670002
Policía local: 689544311 / 981670002
Protección civil: 112
Casa da cultura/bibliotecas: 981672580
Edif. Social Toñito Espiñeira: 981613520
Centro de saúde:981672186
Outras formas de contacto: