A comisaria da exposición Francisco Llorens, pintor das Mariñas, Rosario Sarmiento, fará unha visita guiada pola mostra o venres 24 de agosto ás 19:00 h, da que poden gozar todas as persoas que o desexen. Xunto á comisaria estará comentando a exposición unha das fillas do pintor.
A mostra, que está instalada no Campo da Feira ata o 31 de agosto, fai un repaso pola traxectoria artística de Llorens, que é un dos paisaxistas de referencia na historia da arte do século XX en Galicia e en España. As Mariñas foi unha zona na que realizou múltiples obras. En Carral frecuentou o pazo de Vilasuso, desde onde pintou o fermoso Val de Barcia.
Para asistir á visita guiada, non é necesario anotarse previamente.
A exposición e a visita guiada están promovidas polo Consorcio das Mariñas, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Carral para a súa presentación no municipio.