O vindeiro día 17 de novembro, venres, ás 12:00 h. o alcalde de Carral, José Luís Fernández Mouriño, inaugurará o esperado local da xuventude, acto ao que están invitados todas/os as/os veciñas/os.

Dito local situado na rúa Alcalde Juan Seijas, nº 8, planta baixa, e que se inaugura co nome de “José Antonio Gilda Ferreiro” é un espazo para o ocio e o tempo libre, pero tamén para formarse e que serva de punto de encontro e de relación entre a xuventude de Carral.

Con case 200 m2, os usuarios e usuarias disporán de luns a venres entre as 16:30 a 20:30 horas, de varios espazos para o seu aproveitamento. Un aula equipada con 12 ordenadores, para buscar información, facer traballos escolares, impresión de documentos ou xogar na rede, unha aula taller na que reunirte e traballar en grupo, unha sala de audiovisuais para proxeccións, e un aula lúdica, equipada con diferentes consolas (Play Station, Wii) e videoxogos. Terás tamén a túa disposición diferente material deportivo e de ocio, nun local no que terás acceso libre a internet a través de rede wi-fi. Poderás tamén informarte de temas que che interesan, coma actividades para a mocidade, axudas, becas, ou cursos, e mesmo solicitar o Carne Xoven. Esperámosvos!!

Medio centenar de arqueiros acudirán este sábado á 1ª xornada da liga de equipos de Tiro con Arco 17/18.
Read more

Logo de que o martes 31 de outubro de 2017 se reunisen os membros do tribunal para valorar a documentación presentada polos/as candidatos/as admitidos/as definitivamente e posteriormente se procedese a realización da entrevista profesional, publícase anuncio que recolle a acta íntegra coa candidata proposta para ocupar o posto de técnico de museo e a formación da bolsa prevista nas bases para os próximos dous anos.

ACTA

Achégase anuncio relativo ao decreto de alcaldía do trinta de outubro de dous mil dezasete onde se aproba a relación de candidatos/as admitidos/as definitivamente para o posto de técnico de museo así como o día, o lugar e a hora da fase de entrevista profesional.

ANUNCIO ADMIT.DEFINITIVAMENTE E ENTREVISTA PROFESIONAL

CARTEL XOQUEA compañía Malasombra Teatro é a seguinte en ocupar o escenario do ciclo Teatro de Outono de Carral, para presentar a súa produción D.E.P. Será o vindeiro sábado 4 de novembro, ás 20:30 h, con entrada de balde ata completar o aforo.

D.E.P. é unha trepidante comedia na que se mostra con moito humor, o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que nos amosan o seu lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais: “que mamá morra axiña por favor! “. É unha obra que mostra unha situación ben recoñecible polo espectador: a pelexa pola herdanza. Pero aínda hai algo que a fai moito máis singular e é que neste caso, a herdanza é dunha nai que aínda non está morta.

D.E.P., dos autores teatrais Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez, está dirixida por Marcos Orsi e protagonizada por Xoque Carbajal e Jouse García.

A función levarase a cabo no local Xente Nova de Tabeaio. Prégase puntualidade xa que unha vez iniciada a representación, non se poderá acceder á sala.

Cartel La Oportunidad Carral.O grupo de teatro amador Charamusca, formado por actores de Carral e dirixido por Xosé Leis, estrean a súa nova produción A Oportunidade. Será mañá, 29 de outubro, dentro do ciclo Teatro de Outono que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Carral.

Na obra interveñen Verónica Méndez, Antonio Rodríguez, Xavier Veiras, Carmen Barros, Rubén Cabanas e Lucía Ugarte.

Enid é unha nai que viu como a súa vida foise vindo abaixo. Só lle queda como oportunidade que o seu fillo sexa descuberto grazas ao talento que só lle coñecen na casa. A Oportunidade é unha “case comedia” onde todos os personaxes buscan un soño e non sempre o acadan. É un espectáculo realista onde a complexidade do personaxe principal obriga a dividilo en dúas actrices para que nos amosen as fendas e os soños dunha nai que sempre quere o mellor para o seu fillo.

A función terá lugar en Tabeaio, no local Xente Nova, ás 20:30 h. A entrada é de balde e o aforo limitado. Prégase puntualidade porque unha vez iniciada a obra non se permitirá o acceso á sala.

 

Un ano máis, o festival Galicreques das Mariñas volve a Carral presentando dous espectáculos.la_mar_de_marionetas2

Os rapaces de Educación Infantil do colexio Vicente Otero gozarán da obra Cenicienta, da compañía madrileña La Mar de Marionetas. Será unha función escolar no local Xente Nova en Tabeaio o venres 27 de outubro.

Aberta a todo o público e recomendada para maiores de 6 anos de idade, a compañía galega A Xanela do Maxín, presentará no edificio Toñito Espiñeira o espectáculo As Aventuras de Gale. Será o sábado 28 de outubro, ás 18:00 h. A entrada é de balde e o aforo limitado. É necesario que as idades se axusten ao especificado pola compañía, e que se sexa puntual para non interrumpir a función unha vez comezada.

Cartel As Mariñas-Galicreques 2017-baixa

O sábado 28 de outubro a partir das 17:00 horas, o concello de Carral celebrará unha festa do Samaín para nenos e nenas.Samaín 2017 web

Será no pavillón do Espiño: maquillaxe, globoflexia, música, xogos e inchables para unha tarde de diversión.

Os participantes deberán achegarse co seu disfraz máis terrorífico.

 

cartel magostoApuntarse no Edificio Social Toñito Espiñeira 981613520