ÁBRESE A INSCRICIÓN PARA Os CURSOS DE NATACIÓN DURANTE O MES DE XULLO

O verán pasado, máis de 200 nenos e nenas participaron nestes cursos entre os meses de xullo e agosto.

Un ano máis o concello de Carral convoca os cursos de natación para os meses de xullo e agosto para nenos e nenas de entre 3 e 16

 

anos.  As datas previstas para estes cursos serán desde o 4 ao 29 de xullo e do 1 ao 31 de agosto.

Os alumnos distribuiranse en grupos segundo as idades, e dentro de cada grupo estableceranse os niveis de iniciación e de perfeccionamento. Impartiranse en horario de mañá, entre as 11.00 e as 14.00 h segundo os grupos. As clases serán impartidas por monitores especialistas, e terán unha duración de 45 minutos por sesión de luns a venres, sempre coa presenza dun socorrista. O prezo do curso será de 28 €/alumno todo o mes.

Para todos aqueles interesados poderán informarse ou inscribirse desde o 15 ao 30 de xuño para a convocatoria de xullo e do 15 ao 27 de xullo para a convocatoria de agosto, no Centro Deportivo de Carral (tlfo. 981.67.25.80).