Entries by prensa

,

RETIRADA DE PUNTOS DE INFORMACIÓN

Desde consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia informan que, por motivo da normativa de protección de datos, establécense restricións que imposibilitan o uso da pegada dixital nos puntos de información do Servizo Público de Emprego de Galicia, que desconectaranse proximamente. Nas vindeiras datas acudirá persoal enviado pola AMTEGA para a súa […]

,

INDEMNIZACIÓNS PARA COMPENSAR AS PERDAS POLA PRAGA DA PATACA

A Consellería de Medio Rural publica no DOG nº 199 do martes 15 de outubro de 2024 a orde ao abeiro da cal: As persoas particulares, comercios e explotación afectadas pola praga da Tecia que tiveran plantacións de patacas arrincadas, semente e/ou pataca de consumo poderán solicitar indemnizacións para compensar as perdas ocasionadas. O prazo […]

,

O CONCELLO REALIZARÁ A SINALIZACIÓN AMBIENTAL DA RUTA DA AUGA DE CARRAL

O goberno local, por medio das concellerías de Medioambiente e de Turismo, levará a cabo a sinalización ambiental da Ruta da Auga de Carral, a través dunha subvención do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Estas axudas están destinadas aos estudos e investimentos vinculadas á conservación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural, así […]

,

CARRAL INICIARÁ EN OUTUBRO AS ESCOLAS MUNICIPAIS, CUNHAS 40 ACTIVIDADES DIFERENTES

Carral abriu hoxe, luns 9 de setembro, o período de inscrición das Escolas Municipais para o curso 2024-2025. A oferta inclúe unhas 40 actividades promovidas tanto polo Concello como por distintas asociacións veciñais, culturais e deportivas do municipio. Como noutras ocasións, a convocatoria abarca propostas deportivas, culturais, educativas e de Servizos Sociais dirixidas a veciños […]

,

PRAZAS VACANTES NO PROGRAMA DE EMPREGO PARA MOZOS NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL ‘COIDADOS SOCIOSANITARIOS’

Desde o Concello informamos que se dispón de tres prazas no programa de emprego para persoas mozas inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil ‘Coidados sociosanitarios’. As persoas interesadas deberán chamar, con carácter urxente, ao edificio social Toñito Espiñeira a través do teléfono 981 61 35 20.

MÁIS DE 12.000 RACIÓNS VENDIDAS NA XLIX FESTA DA EMPANADA DE CARRAL

Carral reivindicouse, un ano máis, como capital da empanada. Fíxoo, ademais, con récord de vendas na que é xa a 49ª edición da súa festa na honra a este produto. As panadarías participantes, Panadaría Mercedes, Panadaría Pedro Fernández, Panadaría Cañás e Panadaría Da Cunha, puxeron o seu forno a todo funcionamento para lograr vender, ao longo desta […]