Aos efectos do establecido no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administraciónes Públicas [na súa parte subsistente trala declaración coma contrario á orde constitucional de competencias efectuada pola Sentenza do Tribunal Constitucional Pleno do 18 de maio de 2018] , sométese a consulta pública o texto da proposta de modificación da ORDENANZA FISCAL Nº 22 REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E CULTURAIS MUNICIPAIS, para que (segundo o establecido no artigo 82.2 da devandita Lei 39/2015) no prazo de DEZ DÍAS HÁBILES dende a publicación deste anuncio, efectuada o 23 de xaneiro de 2020, no portal web do Concello de Carral, os suxeitos e as organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma se poidan pronunciar sobre:
a).- Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa. (A adecuación da taxa á existencia actual dunhas pistas de pádel municipais cubertas )
b).-A necesidade e oportunidade da súa aprobación. (Acreditada no expediente).
c).-Os obxectivos da norma. (A axeitada regulación da taxa polo uso da devandita instalación municipal)
d).- As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.
Asemade, dáse audiencia á cidadanía afectada e recábanse cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades.
Os devanditos pronunciamentos ou achegas poderán facerse chegar ao Concello de Carral por escrito presentado na sede electrónica do Concello ( https://sede.carral.es ) ou na oficina da Casa do Concello que presta asistencia para a presentación electrónica de documentos.
Carral, 23 de xaneiro de 2020
O ALCALDE
Francisco Javier Gestal Pose
O expediente pódese consultar na seguinte ligazón:
Exposición pública web proxecto modificación ordenanza fiscal taxa uso instalacións deportivas e culturais