O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), a través da Fundación Biodiversidade, ofrece unha “Formación en emprendemento vinculado a restauración ecolóxica e infraestruturas verdes”

Está dirixido a persoas emprendedoras, residentes en España, con proxectos ou ideas de negocio que persigan un impacto positivo no medio ambiente e que aspiren a crear unha nova empresa nos próximos 12 meses. Tamén poderán participar persoas que xa sendo autónomos/as, queiran crear unha nova empresa con personalidade xurídica diferente e que cumpran cos criterios de participación. Darase prioridade a persoas que pertenzan aos grupos prioritarios: mulleres, mozas ata 35 anos, maiores de 45 anos, persoas inmigrantes, persoas con discapacidade e residentes en áreas protexidas e/o zonas rurais

 

Existen 3 itinerarios diferentes que permite a participación de persoas que queiran levar a cabo emprendementos en diferentes etapas ou momentos do proceso.

Mais información neste enlace

Inscricións ata o 31 de outubro de 2022

Publícanse para xeral coñecemento as bases para a selección de alumno/traballador e persoal do Obradoiro de emprego  Reserva da Biosfera: Emprego Verde II.

 

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse á Axente de Emprego e Desenvolvemento Local no teléfono 981613520.

 

Xte_BASES OE RES BIOSFERA 2022

Xte_BASES OE RES BIOSFERA 2022

O 30 de setembro remata o prazo para solicitar o prazo pata solicitar o “Bono consolida economía social”. Código procedemento TR802L  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220629/AnuncioG0656-150622-0003_es.html

  • Teñen o obxectivo de apoiar a consolidación de entidades de economía social e reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética, incrementando a súa competitividade.
  • A quen se destina?: Sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego.
  • Que gastos son subvencionables?
    • Equipos informáticos.
    • Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
    • Marketing, comunicación e relanzamento comercial.
    • Mellora da eficiencia enerxética.
    • Adquisición de equipos.
    • Reforma do local de negocio.
    • Mobiliario
    • Obtención de certificacións de calidade.
    • Creación e desenvolvemento de imaxe corporativa da entidade.
    • Plan de protección de datos.
  • Cal é a contía da axuda?: Ata un 80% do custo total dos gastos subvencionables.

Ayudas y préstamos parcialmente reembolsables para la financiación de proyectos de inversión empresarial en el sector alojamiento 2022

Desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organizamos os días 9, 10 e 11 de agosto dous cursos de actividades marítimas.

Dentro do programa MAR-E ANDO, durante tres días poderedes aprender vela, paddel surf ou kayak. Esta actividade está programada para rapaces e rapazas a partir de 12 anos.

A saída a realizaremos desde o local Interxeracional, ás 8:45 h. e o regreso ó mesmo lugar ás 14:15 h.

O prezo son 50 euros polos tres dias, as prazas limitadas e o prazo para anotarse é do 1 ó 5 de agosto.

A autorización podes atopala, na web do concello (carral.es), no Facebook (omix carral) ou no noso Instagram (@omix_carral). E tes que enviala por whatsapp ó 674.793.475, por correo electrónico a omix@carral.es. ou entregala na OMIX (Local Interxeracional, rúa Alcalde Juan Seijas, nº 8, baixo).

Non fagas o pago ata que che confirmemos a praza.

 

O Concello de Carral convoca unha reunión informativa para todos os notificados da parroquia de Tabeaio para que xestionen a biomasa nas parcelas da súa propiedade.

Será o próximo luns, 1 de agosto ás 11:00 horas no local social de Tabeaio.

 

bando_informativo

  • Hai 40 prazas entre os cursos de iniciación e perfeccionamento
  • O prazo para formalizar a inscrición remata o vindeiro 27 de xullo

 

Xa está aberto o prazo para formalizar a inscrición nos cursos de natación do mes de agosto no Complexo Deportivo de Carral.

 

O curso vai dirixido a nenos e nenas entre os 3 e os 15 anos, que se dividirán segundo o seu nivel en iniciación e perfeccionamento.

 

Os cursos, que teñen un prezo de 28€/mes, empezan o 1 de agosto e rematarán o día 31. O horario é de luns a venres, entre as 12h e as 14h, con quendas divididas segundo a idade. As clases terán unha duración de 45 minutos.

 

Hai 40 prazas en total, e o prazo para formalizar a inscrición remata o mércores 27 de xullo no caso de non esgotar antes as prazas.

FICHA INSCRICIÓN

  • Debido á execución dos traballos cortarase o tráfico de Sergude-Cañás-Sergude.
  • Javier Gestal destaca que “por fin conseguimos desbloquear esta obra tan agardada, que beneficiará a vehículos e tamén aos peóns”.

 

O Concello de Carral iniciou hoxe as obras de mellora de seguridade viaria da Ponte da Brexa, ampliando a plataforma e permitindo gañar espazo para o paso dos vehículos e dos peóns.

 

Debido á execución dos traballos cortarase o tráfico de Sergude-Cañás-Sergude. Desde o Concello de Carral piden desculpas aos usuarios e usuarias da vía que se poidan ver afectados por este corte ata que rematen as obras.

 

A actuación contempla a ampliación da plataforma da ponte, conseguindo un sobreancho considerable que permitirá o paso, con total seguridade, de vehículos e peóns.

 

O alcalde de Carral, Javier Gestal, destaca que “por fin conseguimos desbloquear esta obra tan agardada, que beneficiará a vehículos e tamén aos peóns” e explica que “o retraso que houbo foi debido a problemas no desenvolvemento do proxecto, pola falta nun primeiro momento dun estudo xeotécnico e por falta do cálculo de resistencia”.

Desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) de Carral organizamos unha excursión ó Galipark para o mércores 20 de xullo.

Tiro con arco, tiralinas, rocódromo, piscina, deslizador acuático ou circuítos multiaventuras, durante todo a día.

Esta actividade para nenas e nenos a partir de 10 anos, ten un prezo de 17 euros, e a saída está programada para as 9:30 h. desde o Local Interxeracional e a chegaremos ás 19:30 h. ó mesmo lugar.

Tedes de prazo ata o 18 de xullo para anotarvos. Enviándonos a folla de autorización/inscrición, que tamén atoparedes no Facebook e no Instagram da OMIX de Carral, a omix@carral.es, por whatsapp ó 674.793.475 ou entregándoa na OMIX (Local Interxeracional, r/ Alcalde Juan Seijas, nº 8, baixo).

Non facer o pago ata que se confirme a praza!