Publícase a acta do tribunal cualificador nomeado no procedemento de selección para a contratación dun/ha auxiliar administrativa para o departamento de Servizos Sociais cos resultados da puntuación total acadada polos aspirantes nas probas recollidas no punto catro das bases que rexen a mencionada contratación.
Coa publicación desta acta outórgaselles a todas as persoas interesadas un prazo de dous días hábiles para que poidan presentar as reclamacións ou alegacións que estimen oportunas.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/08/Diseno-sin-titulo-18.png788940prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngprensa2023-08-08 14:56:482023-08-08 14:56:49AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A PARA SERVIZOS SOCIAIS: ACTA DO TRIBUNAL COS RESULTADOS DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
Carral conta, desde esta semana, con dous auxiliares de Policía Local que reforzarán, durante o verán, os labores que se realizan desde o corpo de seguridade. O alcalde, Javier Gestal, e a concelleira de Seguridade Cidadá, Susana Guimarey, deron a benvida aos novos axentes, que estarán en Carral durante agosto e setembro.
A incorporación dos auxiliares realizouse a través do convenio entre o Concello e a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e permitirá seguir “ofrecendo un mellor servizo á cidadanía”.
Nos últimos meses, o goberno local promoveu numerosas melloras na área de seguridade cidadá. Entre elas, destacaron as seguintes: a suma de dous efectivos policiais para cumprir coa cociente policial obrigatoria, a renovación da frota de vehículos policiais, a implantación dos últimos avances en tecnoloxía para a vixilancia e a ordenación do tráfico e a disposición dun programa que homogeniza e vincular á Policía Local de Carral con outras da contorna próxima.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/08/FOTO-CARRAL-Policia-Local-1.jpg8911360prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngprensa2023-08-03 12:48:252023-08-03 12:48:26O CONCELLO REFORZA O CADRO DA POLICÍA NO VERÁN COA INCORPORACIÓN DE DOUS AUXILIARES
Publícase a acta do tribunal cualificador, relativa á proba tipo test para a contratación dun/ha auxiliar administrativo/a para o departamento de Servizos Sociais realizada o mércores, 26 de xullo de 2023.
Coa publicación desta acta outórgaselles a todas as persoas interesadas un prazo de dous días hábiles para que poidan presentar as reclamacións ou alegacións que estimen oportunas.
https://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.png00prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngprensa2023-07-27 14:45:152023-07-27 14:47:25AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A PARA O DEPARTAMENTO DE SERVIVOS SOCIAIS: ACTA TRIBUNAL CUALIFICADOR
Publícase a plantilla coas respostas do exame tipo test, realizado o pasado 26 de xullo de 2023, para a selección dun/ha auxiliar administrativo/a para o departamento de Servizos Sociais.
O exame está a disposición das persoas interesadas no departamento de RRHH do Concello.
https://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.png00prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngprensa2023-07-26 15:53:332023-07-26 15:53:34RESPOSTAS DA PROBA TIPO TEST PARA A SELECCIÓN DUN/HA AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A PARA O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS
Aprobación da lista de admitidos provisionalmente que se eleva a definitiva por non existiren excluídos, nomeamento de tribunal cualificador así como día, lugar e hora da proba do exame tipo test para a selección dun/ha auxiliar administrativo/a para o departamento de Servizos Sociais.
Publícase o presente anuncio para xeral coñecemento das persoas interesadas no procedemento de selección.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/07/Diseno-sin-titulo-8.png788940prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngprensa2023-07-21 14:48:292023-07-21 14:48:30Lista de persoas admitidas para a selección dun/ha auxiliar administrativo/a
https://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.png00prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngprensa2023-06-28 17:48:002023-07-04 17:55:26CARRAL MELLORARÁ A SEGURIDADE NA RÚA DO VICENTE OTERO E A GALIÑA AZUL
https://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.png00Carloshttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngCarlos2023-06-21 13:26:392023-06-29 20:28:12APROL: APROBACIÓN DEFINITIVA ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS, NOMEAMENTO DE TRIBUNAL CUALIFICADOR E DATA E HORA DAS PROBAS DE SELECCIÓN
O Concello está celebrando a fase de liga regular do seu Torneo de Pádel, no que están participando preto de 20 parellas. Como noutras edicións, a cita deportiva tivo unha grande aceptación entre a veciñanza de todas as idades.
Nesta edición, o certame municipal conta con persoas inscritas con idades comprendidas entre os 15 e os 52 anos. A maiores, as agrupacións son masculinas, femininas e tamén mixtas.
Nesta primeira fase, as parellas foron divididas en dous grupos e, ao remate da mesma, todas terán xogado entre si. Segundo o calendario de partidos, esta primeira parte do torneo disputarase ata o 2 de xuño, ofrecendo un total de 56 encontros na fase regular.
As duplas que resulten gañadoras serán as que pasarán ás fases eliminatorias, que terán lugar entre o 5 e o 17 de xuño: cuartos, semifinais e finais.
https://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.png00prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngprensa2023-04-25 14:18:532023-06-21 13:19:17PRETO DE VINTE PARELLAS MIDEN AS SÚAS FORZAS NO TORNEO DE PÁDEL DE CARRAL
As actividades celebraranse o domingo, 19 de febreiro, no Campo da Feira
Carral xa ten todo organizado para festexar o seu particular Entroido que este ano contará con animación, moita música e cun desfile e concurso de disfraces no que se repartirán máis de 1.500 en premios. A cita será o domingo, 19 de febreiro, no Campo da Feira onde haberá carpa, bochinche e tamén bolos preñados.
As actividades comezarán ás 17:00 horas cos ‘Polis tolos’, quen poñerán o toque de humor e animación á tarde para, ás 18:00 horas, dar comezo ao desfile cuxa entrega de premios se realizará a partir das 20:30 horas.
A música soará desde as 19:00 horas coa actuación de Ángel Habana e tamén co espectáculo de Extraordinarios, previsto para as 23:00 horas.
Un concurso con máis de 1.500 euros en premios
Este ano o Concello repartirá un total de 1.600 euros en premios entre todas as categorías.
No caso dos disfraces infantís, recibirán agasallo os cinco nenos e nenas que vistan as súas mellores galas entroideiras. A maiores, outorgaranse outros nove premios entre as modalidades individual, por parellas e en grupo. Os galardóns serán os que a continuación se indican:
Categorías individual e por parellas:
1º premio: 150 euros
2º premio: 100 euros
3º premio: 50 euros
Categorías por grupos:
1º premio: 500 euros
2º premio: 300 euros
3º premio: 200 euros
As persoas participantes no concurso poderán comezar a desfilar a partir das 18:00 horas con saída desde o Campo da Feira. Desde ese punto, a comitiva pasará polas rúas Víctor Velasco, Manuel Ferrol, Paraíso e pola Avenida dos Mártires para voltar, de novo, ao punto de partida. Tras o remate do percorrido, un xurado encargarase de elixir aos reis e raíñas deste Entroido. Para este ditame o tribunal terá en conta aspectos como a orixinalidade, a simpatía, o vestiario e a maquillaxe das persoas participantes.
O prazo de inscrición para participar no concurso rematará o próximo venres, 17 de febreiro, ás 12:00 horas. Na páxina web municipal hai habilitado un formulario para anotarse que deberá ser remitido ao correo casadacultura@carral.es.
Máis información chamando ao teléfono 981 67 25 80.
https://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.png00prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngprensa2023-02-04 12:43:512023-06-21 12:44:31CARRAL PREPÁRASE PARA UN ENTROIDO CON MOITA MÚSICA E CON MÁIS DE 1.500 EUROS EN PREMIOS