O poeta vigués Carlos Penela Martín foi elixido gañador da 25ª edición do Certame de Poesía Concello de Carral co libro titulado Trono e caléndula.

O xurado salienta do libro gañador a composición dos poemas cunha esixencia rítmica pouco común que se proxecta no lingüístico e no simbólico.

Carlos Penela conta xa cunha salientable traxectoria literaria, obtendo os premios Espiral Maior, Eusebio Lorenzo Baleirón en dúas ocasións, Caixanova, Miguel González Garcés e o accésit do premio Esquío de Poesía. Colaborou tamén con diversas revistas literarias e xornais como Grial, A Trabe de Ouro, Revista da AELG, xornal Nós… Xunto a esas publicacións, nos últimos anos foi publicando numerosos ensaios e artigos literarios e culturais desde os seus blogs, dedicados, fundamentalmente, a dar a coñecer a cultura de Europa Central ao público galego. Ademais diso, traduciu varios títulos de literatura portuguesa e alemá. Actualmente reside en Viena (Austria).

Para esta edición do premio o Concello de Carral configurou o xurado con Inma Otero, Teresa Seara, Miguel Anxo Fernán Vello, Luciano Rodríguez e Álex Mene. Como presidente actuou o concelleiro de Cultura Francisco Bello e como secretario o técnico de Cultura Carlos Lorenzo.

Presentáronse a esta edición do premio un total de 44 libros.

O acto de entrega do premio terá lugar o venres 10 de xuño na Casa da Cultura, nun evento especial para conmemorar os 25 anos do certame, no que inaugurará unha exposición no Campo da Feira, a instalación nas luces públicas de Carral de lonas dedicadas a cada autor e autora que obtivo este galardón, a presentación do libro gañador na edición do 2021, Os puntos do impacto de Ález Mene, e os espectáculo poético e musical O idioma da tinta de Yolanda Castaño e Isaac Garabatos.

O sorteo celebrarase o vindeiro martes 24 de maio ás 13:00 no Salón de Plenos Municipal. Read more

Continuamos con Patea Carral, o programa de roteiros da OMIX (oficina municipal de información xuvenil) co que queremos dar a coñecer o noso concello e poñer en valor o noso patrimonio natural e paisaxístico.

Nesta ocasión faremos un roteiro ó Xalo, o sábado 28 de maio, saíndo coma sempre desde o campo da feiras ás 9:00 h., para estar de regreso sobre ás 14:30 h.

Pensado para persoas maiores de 15 anos, ten una lonxitude aproximada de 16 km. e pódese cualificar cun nivel de dificultade alto.

As recomendación son as que vos damos noutras ocasión, auga, algo para comer, calzado axeitado, gorra e se o tempo esta chuvioso un chuvasqueiro.

O prazo para anotarse remata o xoves 26 de maio e para elo tes que enviarnos a inscrición/autorización por Whatsapp ó 674.793.475 ou por e-mail a omix@caral.es, e  que atoparás no Facebook da omix_carral, na paxina web do concello (carral.es) ou no noso Instagram, omix_carral. A patear!

  • O concelleiro de Deportes, Francisco Bello, sinala que, ademais do programa provincial, o Concello terá tamén o seu propio programa “nunha nova aposta por promover a conciliación da veciñanza de Carral”.

O prazo de preinscrición para os campamentos deportivos da Deputación da Coruña estará aberto ata o 20 de maio. No caso de Carral, o ente provincial oferta cinco prazas para a terceira quenda, entre o 10 e o 15 de xullo.

O concelleiro de Deportes, Francisco Bello, sinala que, ademais do programa provincial, o Concello celebrará, este verán, os seus propios campamentos “nunha nova aposta por promover a conciliación da veciñanza de Carral”. A previsión, tal e como avanza o edil, é abrir o período de inscrición para o programa a principios do mes de xuño. A iniciativa municipal terá lugar entre o 27 de xuño e o 2 de setembro, organizándose varias quendas.

Os campamentos da Deputación están dirixidos a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos e levaranse a cabo no IES Rosalía de Mera. Os rapaces e rapazas que participen na iniciativa poderán gozar de deportes náuticos, actividades ao aire libre, dunha xornada de praia e de visitas culturais e etnográficas.

As inscricións poden tramitarse na Casa da Cultura (981 67 25 80) e no Complexo Deportivo de Carral (678 33 88 47 e en deportes@carral.es) ata o 20 de maio.

Por decreto da alcaldía do 11 de maio de 2022 resolveuse iniciar o procedemento de contratación de tres obreiros/as (albaneis) e un/ha electricista de acordo coa subvención concedida pola Excelentísima Deputación da Coruña ao abeiro do programa de axudas á contratación de persoal para execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia da Coruña (liña 1.1 PEL-CONCELLOS 2022).

Os/as interesados/as terán de prazo ata o vindeiro xoves día 19 de maio de 2022 inclusive para a presentación de solicitudes.

Máis información nas oficinas de contratación do Concello de Carral.

bases

Carral exaltará, ao longo da fin de semana, un dos seus produtos estrela: o seu pan. Farao coa celebración da XVIII Festa do Pan, organizada polo Concello e pola Asociación de Panadeiros. A Casa do Concello acolleu, esta mañá, a presentación da décimo-oitava edición, un acto no que estiveron presentes o alcalde, Javier Gestal, os concelleiros do goberno e representantes das panaderías participantes: Panadería Bonome Bouzas, Panadería Da Cunha, Panadería Manuel Rodríguez e Hijos, Panadería Mercedes, Panadería O Pincho, Panadería Paraíso, Panadería Pedro Fernández e Panadería Insua. Tanto o equipo de goberno como os propios artesáns encaran a celebración con “ilusión” e coa previsión de alcanzar unha cifra histórica: a de 8.000 bocadillos cardiosaludables vendidos na fin de semana.
Á venda e exaltación deste produto hai que sumar, ademais, a feira medieval, así como outra das propostas que solicitan unha maior aceptación na festa: os obradoiros de elaboración de pan para os nenos e nenas. Estas actividades realizaranse tanto o sábado, 7 de maio, como o domingo, día 8. Outra das grandes atraccións da feira será, sen dúbida, o clásico bocadillo cardiosaludable, elaborado a base de tomate, xamón serrano, aceite e, por suposto, pan de Carral.
O programa do sábado incluirá a actuación da charanga Noroeste, que interpretará temas durante todo o día, e a realización de talleres de xogos tradicionais a cargo de ACNUR e doutros artístico-lúdicos e de olaría. Todas as actividades para os pequenos e pequenas comezarán ás 16.30 horas. Ás 17.00 horas está prevista a exposición dos traballos feitos polo alumnado do CEIP Vicente Otero Valcárcel e a organización do primeiro pase do espectáculo de animación ‘O circo’. O pregón terá lugar ás 21.00 horas e, ás 21.30 horas, a orquestra Claxxon pechará a xornada cun concerto.
A segunda e última xornada do programa arrincará o domingo, ás 11.00 horas, co inicio da exposición e venda de pan e do bocadillo cardiosaludable e cos obradoiros para os pequenos. A esa hora levarase a cabo tamén unha exhibición de cetrería e, ademais, a charanga Alambique poralle o toque musical á mañá. Ás 12.30 horas está prevista a misa solemne e, ás 14.00 horas, a sesión vermú a cargo da orquestra Miramar. A oferta para os nenos e nenas retomarase en horario de tarde, a partir das 16.30 horas. A Asociación de Baile ‘O Rueiro’ de Tabeaio actuará ás 17.00 horas e, a continuación, o público asistente poderá gozar do espectáculo de animación ‘Bufóns e Trobadores’. O evento pecharase ás 20.00 horas coa música da orquestra Miramar.
Durante a presentación, o rexedor agradeceu “a enorme implicación e esforzo que os panadeiros realizan ao longo destes días, nos que ademais do traballo habitual nos seus obradoiros hai que sumar o que fan na Festa do Pan”.

CONSELLERÍA DE EMPLEO E IGUALDAD
ORDEN de 28 de abril de 2022 por la que se establecen las bases reguladoras del Programa extraordinario de las personas trabajadoras autónomas y microempresas  con actividades especialmente paralizadas por la crisis de la COVID-19, financiadas  parcialmente con fondos REACT-UE en el marco del programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte de la respuesta de la Unión a la pandemia de la COVID-19, y se procede a su convocatoria para el año 2022 (código de procedimiento TR760A)

Acceso á información premendo aquí

Publicadas as bases das axudas para paliar o impacto do incremento do custo do cumbustible.

A Deputación da Coruña publica no BOP as bases para paliar o impacto do incremento do custo do combustible e subministracións nos sectores agrario, gandeiro, pesqueiro e do transporte de mercadorías por estrada

A Deputación da Coruña ven de publicar as bases reguladoras das axudas enmarcadas no Programa de medidas urxentes para paliar o impacto do incremento do custo do combustible e subministracións nos sectores agrario, gandeiro, pesqueiro e do transporte de mercadorías por estrada (MUR_COMB_SUBM/2022). As bases do programa poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 76 do 22 de abril de 2022.

O prazo de presentación de solicitudes das axudas iniciarase o día 28 de abril de 2022 ás 09:00 horas e ata o esgotamento do crédito orzamentario aprobado ou en todo caso ata o 28 de xuño de 2022 ás 14:00 horas.

A presentación será telemática a través da plataforma SUBTeL.

BASES

[siteorigin_widget class=”SiteOrigin_Panels_Widget_Button”][/siteorigin_widget]

Tras o parón pola covid-19, o Local Interxeracional abriu de novo as súas portas esta semana. A instalación, sita na rúa Alcalde Juan Seijas, funciona como punto de encontro e como lugar de convivencia entre a mocidade e as persoas maiores do municipio.

A dependencia conta con dúas plantas e con alternativas de lecer para os veciños e veciñas de todas as idades. Deste xeito, o espazo dispón de televisións, xogos de mesa, futbolín, mesa de ping pong, etc. A maiores, hai unha sala con ordenadores e proxector para a realización de posibles cursos, obradoiros e para facer traballos O piso de abaixo conta, así mesmo, cunha sala de reunións que está á disposición das entidades e clubs que estean no Rexistro de Asociacións do Concello.

O Local Interxeracional é, ademais, o lugar onde se levan a cabo as sesións do Servizo de Atención Temperá compartido entre os Concellos de Carral, Abegondo e Bergondo. A instalación funciona de luns a venres de 16.30 a 20.30 horas.