TrInketrinke Teatro volve á Biblioteca Municipal, e nesta ocasión para presentar o seu  espectáculo “O pequeno circo das mans”, con Lilí Gruyère.

O contacontos está dirixido a nenos e nenas a partir de tres anos e o aforo é limitado polo que é necesario recoller o convite previamente en calquera das bibliotecas.

Será o xoves 29 de novembro ás 6 da tarde na Biblioteca Pública Municipal da Casa da Cultura.

I Ciclocross Concello de Carral

A Casa Consistorial de Carral acolleu hoxe, venres 2 de novembro, a presentación oficial do I Ciclocrós Concello de Carral. Na proba, que terá lugar o próximo 25 de novembro, daranse cita ao redor de 300 ciclistas de toda Galicia e de todas as categorías.

Esta proba deportiva federada, organizada pola Peña Ciclista Monte Xalo en colaboración co Concello de Carral, realizarase nun circuíto habilitado en Ameás (parroquia de San Vicente de Vigo) e será puntuable para o campionato galego da especialidade.

Á presentación da proba acudiron representantes da Pea Ciclista Monte Xalo e o concelleiro de Deportes e Xuventude, Rubén Regueira Moar.

I CICLOCROSS CONCELLO DE CARRAL

Cartaz do I Ciclocross Concello de Carral

O Vicente Otero estreará o luns novas portas con saída de emerxencia

Os escolares e o equipo docente do CPI Vicente Otero Valcárcel volverán ás aulas o vindeiro luns, día 5 de novembro, cunha gran novidade no centro educativo: cunha nova entrada composta por doce portas con apertura de saída de emerxencias.

Este cambio é froito dun acordo entre o Concello de Carral e a Consellería de Educación, que se comprometeu a substituír as portas convencionais por outras de emerxencias.

 

Coa premisa de non entorpecer a programación lectiva do centro, os traballos para instalar as portas realizaranse entre hoxe, venres 2 de novembro, e mañá, sábado 3 de novembro. Esta nova entrada ” mellorará considerablemente as condicións de seguridade deste centro”, sinalou a concelleira de Educación, Traballo e Benestar, Florinda Duarte. O investimento total destinado a esta mellora ascende a preto de 8.000 euros.

 

O Vicente Otero estreará o luns novas portas con saída de emerxencia

Esta novidade é froito dun acordo entre o Concello e a Consellería de Educación, que se comprometeu a financiar esta mellora

Publícase o anuncio do tribunal de selección de persoal coa proposta ao Sr. Alcalde da aspirante con maior puntuación para cubrir o posto de auxiliar administrativo, a tempo parcial, para o departamento de Servizos Sociais.

Confíreselles a todos os interesados un prazo de dous días hábiles para reclamacións ou alegacións.

anuncio tribunal

Por decreto da alcaldía 418/2018, do 29 de outubro de 2018, resolveuse aprobar a listaxe de candidatos/as admitidos/as e excluídos definitivamente así como nomear aos membros do tribunal e convocar a todos os interesados a través de anuncio na web e no taboleiro do Concello para o 31 de outubro de 2018 na sala de xuntas do Concello co obxecto de realizar a última fase do concurso recollido nas bases.

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal do Concello no 981670002.

LISTA DEFINT.TRIBU.ENTREV.PROFES.

Entre os días 3 e 7 de marzo a OMIX de Carral, organiza unha excursión á neve, concretamente a Astún, estación de esquí do Perineo aragonés, para mozos e mozas a partir de 14 anos.

A saída realizaríase o día 3, desde a Casa da Cultura, ás 7:00 h. e o regreso ó mesmo punto ás 3:00 h. aproximadamente, da madrugada, xa do día 8.

O prezo da excursión é de 300 €uros, e inclúe o transporte, o aloxamento, a manutención (agás a comida do día 3 e a cea do día 7), o material deportivo (esquís, botas, bastóns e casco), o forfait para os catro días, clases de esquí (12 horas) e o seguro en pista e de viaxe así coma de responsabilidade civil.

Para facer mais cómodo o pago podedes realizalo en tres veces. O primeiro de 50 € no momento da inscrición, o segundo de 125 € ata o 15 de decembro, e o terceiro tamén de 125 € ata o 15 de febreiro. Temos que aclararche que si prefires recibir clases de snow terás que aboar un suplemento de 24 € (12 € polas clases e 12 € do equipamento deportivo), pero pola contra se tes o teu propio equipamento de esquí, pagarías 12 € menos e se levas o teu equipamento de snow, tampouco pagarías os 12 €.

Realizaremos unha reunión informativa da que avisaremos os/as participantes.

O prazo de inscrición remata o 15 de novembro e as prazas son limitadas. Para anotarte podes pasarte pola casa da cultura e se precisas mais información chamar ó 981.67.25.80

Cartel (imaxe)

Galicreques Carral 2018 -3wAlumnado de 1º e 2º de primaria do CEIP Vicente Otero tiveron ocasión de desfrutar do espectáculo da compañía arxentina Chachakün, Un secreto increíble. A función tivo lugar o pasado martes no local Xente Nova de Tabeaio.

A Concellería de Cultura do Concello de Carral optou por manter unha das funcións previstas do festival Galicreques das Mariñas, que contaba ata o presente ano co apoio do Consorcio das Mariñas; mentres que  nalgúns outros concellos onde tiña lugar a mostra, optaron por non programalo neste exercicio. En Carral decidiuse manter a función escolar de Galicreques para que os máis pequenos teñan unha opción máis de achegarse ao teatro de títeres.

Antes do inicio do espectáculo, o técnico municipal de Cultura explicoulles aos rapaces as características dunha función teatral, cal é o comportamento que hai que ter durante o espectáculo e animounos a participar d as múltiples disciplinas da cultura.

Con data do 23 de outubro de 2018 resolveuse aprobar a listaxe de admitidos/as e excluídos/as provisionalmente para a contratación dun/ha auxiliar administrativo/a para o departamento de Servizos Sociais (modalidade contractual de obra ou servizo determinado a tempo parcial) outorgándolles aos/ás exlcuídos/as un prazo de dous días hábiles para reclamacións ou correccións.

10599_Modelo Decreto admitidos provisional

20070612193323-samainO próximo sábado, 27 de outubro, o Concello de Carral celebra o Samaín cunha gran festa para tódolos nenos e nenas.

O pavillón do Espiño acollerá dende ás cinco da tarde, inchables, xogos e obradoiros de pintacaras e globoflexia.

Tres horas de diversión con música e baile e por suposto con disfraces propios da celebración.