Entries by prensa

,

CHARLAS NAS PARROQUIAS AFECTADAS POLA PRAGA DA PATACA

Tal e como advertiu a Consellería de Medio Rural, hai varias parroquias do municipio afectadas pola praga da pataca. Co fin de informar da situación á veciñanza e de axudarlle a cubrir os impresos necesarios, persoal da Concellería de Medio Ambiente desprazarase a estas parroquias nos vindeiros días. Estes encontros levaranse a cabo desde o […]

A PRAGA DA PATACA AFECTA A VARIAS PARROQUIAS DE CARRAL

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se actualizan as zonas demarcadas pola presenza da praga da couza guatamalteca da pataca. Durante as prospeccións realizadas producíronse novas deteccións desta praga, que está a afectar a distintas parroquias do Concello de Carral. Este feito obriga a declarar as parroquias de Cañás […]

O CEIP VICENTE OTERO VALCARCEL ACOLLERÁ OS TALLERES PRÁCTICOS ‘EDUCANDO EN REDE’

O CEIP Vicente Otero Valcarcel acollerá os talleres prácticos de ‘Educando en rede’, enfocados a nais, pais e educadores. Estas clases terán lugar os seguintes luns, de 18:00 a 20:00 horas: As persoas interesadas pódense inscribir a través do 659 553 938 ou do ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal. Estas actividades están organizadas polo departamento de Servizos Sociais e […]

, ,

O CONCELLO APOSTA POLA PREVENCIÓN DE CONDUTAS DE RISCO COA ORGANIZACIÓN DE CHARLAS PARA O ALUMNADO DO INSTITUTO

A Policía Local impartiu, en colaboración da Xefatura Provincial da Coruña da Dirección Xeneral de Tráfico, unhas xornadas sobre seguridade viaria. A acción formativa levouse a cabo como parte da campaña informativa de educación e seguridade viaria que a Policía Local realiza desde fai anos no municipio. Lonxe de ser unha acción puntual, nas próximas […]