Venres 1 de febreiro de 17:00 a 21:00 h e sábado 2 de febreiro de 10:00 a 14:00 h.
Prezo: 15 euros
Prazas: 20
Inscrición ata o 31 de xaneiro
Información e inscricións:
Departamento de Medio Ambiente (981670002)
maria.couto@carral.es
Venres 1 de febreiro de 17:00 a 21:00 h e sábado 2 de febreiro de 10:00 a 14:00 h.
Prezo: 15 euros
Prazas: 20
Inscrición ata o 31 de xaneiro
Información e inscricións:
Departamento de Medio Ambiente (981670002)
maria.couto@carral.es
O Instituto Galego de Vivenda e Solo, publica:
– DOG nº7 do xoves 10 de xaneiro de 2018
Axudas do bono alugueiro social
Prazo: ata o esgotamento do presuposto e, en todo caso ata o 13 de decembro de 2019
Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002.
O Instituto Enerxético de Galicia, publica:
– DOG nº4 do luns 7 de xaneiro de 2018
Se anuncia a convocatoria de axudas a particulares para a instalación, ampliación e mellora de caldeiras de biomasa e se procede á selección das empresas instaladoras
Prazo para a solicitude de adhesión como empresa colaboradora: hasta o 29/01/2019
Prazo para que a solicitude de axuda: 29/01/2019- 28/02/2019
Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002.
Publícase o anuncio do tribunal de selección de persoal coa proposta ao Sr. Alcalde da aspirante con maior puntuación para cubrir o posto de auxiliar administrativo, a tempo parcial, para o departamento de Servizos Sociais.
Confíreselles a todos os interesados un prazo de dous días hábiles para reclamacións ou alegacións.
Por decreto da alcaldía 418/2018, do 29 de outubro de 2018, resolveuse aprobar a listaxe de candidatos/as admitidos/as e excluídos definitivamente así como nomear aos membros do tribunal e convocar a todos os interesados a través de anuncio na web e no taboleiro do Concello para o 31 de outubro de 2018 na sala de xuntas do Concello co obxecto de realizar a última fase do concurso recollido nas bases.
Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal do Concello no 981670002.
Con data do 23 de outubro de 2018 resolveuse aprobar a listaxe de admitidos/as e excluídos/as provisionalmente para a contratación dun/ha auxiliar administrativo/a para o departamento de Servizos Sociais (modalidade contractual de obra ou servizo determinado a tempo parcial) outorgándolles aos/ás exlcuídos/as un prazo de dous días hábiles para reclamacións ou correccións.
2 E 3 DE NOVEMBRO DE 2018
Haberá clase teórica e saída ao camp
HORARIO: Venres de 20:00 a 22:00 h e sábado de 9:30 a 13:30
LUGAR: Ed. Social Toñito Espiñeira
PREZO: 10 euros
* Número mínimo de alumnos 15
Máis información e inscripcións no servizo de medio ambiente do Concello ou no teléfono 981670002
(maria.couto@carral.es)
Por decreto da alcaldía nº 389/2018 do 11 de outubro de 2018 aprobáronse as bases que rexerán a contratación laboral temporal dun/ha auxiliar administrativo/a para o departamento de Servizos Sociais, a tempo parcial, durante o tempo de IT da auxiliar administrativa de SS.
O prazo para a presentación de instancias será de cinco días naturais dende a publicación deste anuncio no taboleiro e na web do Concello.
Para calquera dúbida ou aclaración pode dirixirse ao departamento de Persoal do Concello de Carral en horario de nove a catorce horas.
No DOG nº 176, do 14 de setembro de 2018, publicouse a resolución do 7 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2018.
Máis información no servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carral ou no 981670002.