Presentación oficial Festa da Empanada de Carral

A Festa da Empanada de Carral achégase ao medio século de vida, e faio cunha saúde de ferro: afianzándose como unha cita gastronómica de referencia en toda a comarca e coa previsión de que este xoves véndanse máis de 12.000 racións desta delicatessen con selo carralés.

Hoxe, martes 4 de setembro, o Concello de Carral e as panaderías participantes presentaron a nova edición da festa, que cumpre corenta e cinco anos de vida. Ao acto asistiron o alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, a concelleira de Educación, Traballo e Benestar, Florinda Duarte, e representantes dos catro obradoiros: Panadería Da Cunha, Panadería Cañás, Panadería Manuel Rodríguez e Panadería Pedro Fernández.

PRESENTACIÓN FESTA DA EMPANADA DE CARRAL

O Concello de Carral e os panadeiros organizaron hoxe, martes 4 de setembro, a presentación oficial da Festa da Empanada

O rexedor, José Luis Fernández Mouriño, animou aos veciños de toda a comarca a achegarse a Carral para degustar un dos seus produtos máis emblemáticos. Así mesmo, destacou o traballo que leva para os panadeiros, quen recoñeceu que esta semana traballarán “ as 24 horas do día”.
Pouco haberá que esperar xa para degustar as deliciosas empanadas artesanais que se cocen nos fornos carraleses. A Festa da Empanada celebrarase este xoves 6 de setembro a partir das 17.00 horas, aínda que se espera que as horas de maior afluencia sexan as 19.00 e as 20.00 horas. O prezo da ración estará unificado: as variedades de bacallau, bacallau con pasas, bonito, pito con champiñóns e carne terán un prezo de 3 euros, mentres que as de polbo e zamburiñas serán de 4,5 euros a ración. O custo do resto de empanadas estará marcado por cada un dos obradoiros. Este prezo incluirá viño de forma gratuíta por cortesía das panaderías.
Ambientación musical
Boa comida, pero tamén boa música. A partir das 17.30 horas están previstas varias actuacións de música e baile a cargo das seguintes agrupacións: da Banda de Gaitas Ferreñas de Vilarmaior, dos Grupos de Baile Tradicionais “Son d’aquí” da Coruña, do Grupo de Gaitas Xebre da AAVV Oza Gaiteira Os Castros da Coruña e do Grupo de Gaiteiros e Cabezudos de Ordes.

O Instituto Galego de Vivenda e Solo, publica:

– DOG nº158 do 21 de agosto de 2018

Axudas para a mellora da eficiencia enerxética, da conservación, da seguridade e da accesibilidade das vivendas

Prazo: 1 mes

Máis información no Servizo de medio ambiente do Concello ou no teléfono 981670002

 

AnuncioC3Q2-090818-0001_gl

No DOG nº 155 do 14 de agosto de 2018 publícase resolución da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega cursos preparatorios para os certificados de lingua galega que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

AnuncioG0164-030818-0002_gl

Foron 13 as actividades deportivas que comezaron esta pasada semana, xuntando a máis de 410 alumnos/as. Read more

Este ano a celebración da Festa da empanada de Carral vai ser o xoves 6 de setembro a partir das cinco da tarde. Como cada ano, diferentes panaderías carralesas venderán as súas empanadas para tódolos gustos: bonito, bacallau, zamburiñas, carne,..etc entre outras viandas..Poderemos disfrutar dunha tarde agradable comendo no campo da feira e bebendo viño de forma gratuita.

Ademáis estarán grupos folclóricos amenizando a tarde con gaitas, pandeiretas e baile tradicional galego.

Festa gastronómica de grande interese turístico no que se poden achegar tanto persoas veciñas como foráneas a desfrutar das elaboracións dos fornos carraleses.

En breve publicaremos o cartel…

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, publica:

– DOG do mércores 4 de xuño de 2018

AXUDAS PARA EVITAR OS CORTES DE LUZ A CONSUMIDORES VULNERABLES
Prazo ata o 15 de decembro de 2018

Máis información no Servizo de medio ambiente do Concello ou no teléfono 981670002

AnuncioG0424-260618-0001_gl

Publícase a acta do tribunal de selección de persoal coa proposta ao Sr. Alcalde dos cinco aspirantes con maior puntuación acadada para cubrir os postos de oficial de primeira, oficial de segunda e peóns (albaneis).

Confíreselles a todos os interesados un prazo de dous días hábiles para reclamacións ou alegacións.

ACTA TRIBUNAL

Con data do 4 de xullo de 2018 resolveuse aprobar a listaxe definitiva de admitidos e excluídos para os cinco postos de albaneis (un oficial de primeira, un oficial de segunda e tres peóns) así como fixar o día e a hora da entrevista profesional e nomear aos membros do tribunal para o procedemento de selección.

Achégase copia dixital do decreto onde os admitidos definitivamente poden comprobar a hora de estimación fixada para a última fase do concurso.

DECRETO ADMT. DEF. TRIBUNAL E ENTREV. PROFESION.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, publica:

– DOG nº123 do xoves 28 xuño de 2018.

Axudas para o alugamento de vivendas

Prazo: 1 mes

Máis información no Servizo de medio ambiente do Concello ou no teléfono 981670002.

AnuncioG0423-210618-0004_gl
AnuncioG0423-210618-0005_gl
AnuncioG0423-210618-0006_gl