Carral ofrecerá, ao longo do mes de maio, unha nova edición do seu programa de espectáculos infantís ‘Papeques’, dirixido aos nenos e nenas do municipio. A programación arrincará mañá, venres día 7, e prolongarase ata o 27 de maio. Ao longo das vindeiras semanas, os pequenos e pequenas poderán gozar de funcións de teatro, contacontos, cine e mesmo música. Esta nova convocatoria estará estreitamente vinculada ao Premio de Poesía Concello de Carral e á celebración do Día das Letras Galegas.

A primeira actividade terá lugar mañá, venres 7 de maio ás 18.00 horas, na biblioteca da Casa da Cultura. A compañía Migallas Teatro relatará aos cativos e cativas o conto “Os tres porquiños”.

O programa continuará o xoves, 13 de maio ás 18.00 horas, na biblioteca da Casa da Cultura con “O Paroleiro” de Pablísimo. Ao día seguinte, 14 de maio ás 18.00 horas, terá lugar a proxección da película “Dora y la ciudad perdida” na Casa da Cultura.

A primeira función teatral aterrará o sábado, 15 de maio ás 18.00 horas, no local Xente Nova de Tabeaio. A interpretación correrá a cargo da Asociación Teatral Paso de Valverde con “Ultrasónica”. A agrupación Talía Teatro collerá a testemuña o xoves, 20 de maio ás 18.00 horas, coa obra “Rosa Caramelo” (Casa da Cultura).

O calendario continuará coa proxección do filme “A Familia Adams” o venres, 21 de maio ás 18.00 horas, na Casa da Cultura.

Lydia Botana traerá a Carral “A feira das linguas”, un espectáculo que mestura música e teatro dirixido a nenos e nenas maiores de 7 anos. Será o sábado, 22 de maio ás 18.00 horas, no local Xente Nova de Tabeaio.

O grupo de música Mamá Cabra tomará parte tamén nesta 4ª edición de ‘Papeques’ co seu obradoiro de arrolos. O evento levarase a cabo o domingo, 23 de maio, ás 12.00 horas no local Xente Nova de Tabeaio.

Este ciclo pecharase co contacontos “Festa da Poesía das Catro Estacións” de Trinketrinke Teatro. Será o xoves, 27 de maio ás 18.00 horas na Casa da Cultura.

Todas estas actividades levaranse a cabo atendendo a un estrito protocolo de seguridade para reducir o risco de contaxio pola covid-19. Así, as entradas –de balde- serán limitadas co fin de garantir a distancia interpersoal entre o público asistente e os aforos. As persoas interesadas poderán obter os seus convites chamando ao 981 67 25 80 -72 horas antes da celebración da actividade-.

‘Papeques’ conta coa colaboración da Deputación da Coruña, a través da súa Rede Cultural, e da Xunta de Galicia por medio de Ler conta moito

O dia 22 de abril comeza o prazo para solicitar as axudas ao estudo do Concello de Carral do curso actual 2020/2021

Entregar solicitude no rexistro municipal ou pola sede electrónica https://sede.carral.es/opencms/gl/1.

PRAZO: ata o 12 de maio

Requisitos: empadroad@s en Carral

     Estudos postobrigatorios de carácter público: bacharelato, ciclos formativos, fp básica ou similares

     Estudos universitarios públicos ou privados

     Estudos de 2º ciclo de infantil de carácter público

Inscricións no BOP do día 15 de marzo de 2021 :

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/03/15/2021_0000001952.pdf

Tamén no Edificio Social Toñito Espiñeira ou no rexistro do Concello. Para máis información no Departamento de Educación educación@carral.es ou no 678338872

Ata o 5 de maio podes solicitar a inscrición nas accións formativas do programa Pel Emprego Sustentable no ámbito rural. Programa desenvolto pola Excma Deputación de A Coruña.

As accións a desenvolver son:

Competencias Clave nivel 2 Matemáticas e Lingua Castelá

Competencias Clave nivel 3 Matemáticas e Lingua Castelá

Sedes máis cercanas a Carral: Oleiros e Ordes

Horario de mañan

Acceso por orde inscrición e cumprimento de requisitos na sede electrónica de carral.es ou no teléfono do servizo municipal de educación 678338872 ou por mail educacion@carral.es

https://sede.carral.es/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/AccionFormativa_PEL_Sustentable

As dúas farmacias de Carral súmanse á campaña do Colexio Oficial de Farmacéuticos e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para realizar un cribado de saliva  SARS-COV-2, coas que detectar posibles asintomáticos entre adolescentes de 12 a 17 anos.

Os interesados ou interesadas en participar neste  cribado poderán recoller de xeito gratuíto a súa proba para partir do luns, 19 de abril. Ao ser menores de idade deberán levar un xustificante ou ir acompañados dos seus titores legais, ademais do seu número de tarxeta sanitaria. Na propia farmacia daranlles as instrucións para realizar o test de forma correcta.

Ademais, desde as farmacias poñeranse en contacto coa Consellería de Educación para sensibilizar aos mozos e mozas da importancia de participar neste  cribado.

A Biblioteca Municipal leva a cabo este xoves a sesión mensual de contacontos teatral de animación á lectura. Trinketrinke Teatro, compañía encargada destas actividades, presenta nesta ocasión Os ratiños da caixa.

A sesión, dirixida a nenas e nenos de 4 a 8 anos, comezará ás 18:00 h. e é necesario reservar convites chamando ao 981 672 580. As localidades son limitadas atendendo ás medidas de protección contra o Covid19.

Por decreto da alcaldía nº 101/2021, do 10 de marzo, resolveuse aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos dos candidatos/as presentados para a contratación de cinco traballadores/as (4 albaneis e 1 electricista) para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais subvencionada pola Deputación da Coruña, “Programa de Integración Laboral” dos Concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes 2021 ,a xornada parcial, modalidade contractual de obra e servizo.
Outórgaselles aos interesados un prazo de DOUS DÍAS HÁBILES (xoves 11 e venres 12 de marzo de 2021) para reclamacións ou correccións segundo o establecido nas bases que rexen o procedemento.
Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal no 981670002.

Ver lista provisional de persoas admitidas e excluídas

Desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) elaboramos unha enquisa para coñecer cales son as demandas e inquedanzas dos mozos e mozas do noso concello. Para elo deberás entrar no enlace e responder a unhas cuestión. Por suposto é anónima, e tan só che levará un par de minutos! Agradecémos a túa colaboración!

https://forms.gle/KWKXLyENpxfBVLqg8

ANUNCIO

Con data 22 de xaneiro dende o Concello de Carral establécese a CONCESIÓN DEFINITIVA DE AXUDAS PEL REACTIVA (FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA) DO CONCELLO DE CARRAL.

O obxecto desta concesión é financiar gastos correntes das persoas traballadoras por conta propia e autónomas e as microempresas radicadas no termo municipal de Carral directamente afectaddas pola crise sanitaria ocasionada pola Covid 19 e a entrada en vigor do RD 463/2020 de 14 de marzo.

Fondo de financiamento para reactivación económica e social da provincia da Coruña da Excma Deputación da Coruña PEL Reactiva (Plan de Emprego Local) e Concello de Carral.

Con data 5 de xaneiro de 2021 a Alcaldía ditou a resolución de concesión provisional de axudas PEL REACTIVA, cofinanciadas nun 80% pola Excma Deputación da Coruña e cun 20% polo Concello de Carral. Axudas dirixidas a persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores ao seu cargo e microempresas afectadas pola crise santiaria ocasionada pola Covid 19, para paliar os efectos ocasionados pola situación actual. Podedes consultar a vosa concesión na seguinte ligazón:

O Concello de Carral leva meses traballando para reaxustar a programación de Nadal á situación sanitaria provocada pola COVID-19. En palabras do goberno local, “o obxectivo era manter a programación de Nadal, pero adaptándoa á nova normalidade para garantir, por enriba de todo, o benestar dos veciños e veciñas”. Para conseguilo, e baixo o título ‘Un Nadal diferente pero con alternativas’, o Concello organizou un completo programa de actividades que se realizarán, tanto de xeito telemático, como presencialmente -neste último caso, cumprindo, en todo momento, cun estrito protocolo de seguridade-.

Por unha banda, a programación da Oficina Municipal de Información á Xuventude inclúe numerosas propostas. Entre elas, un Concurso de Postais de Nadal no que poderán participar nenos de entre 3 e 9 anos (divididos en dúas categorías) ata o 22 de decembro. O Concello propón tamén o certame ‘Anima o Nadal de Carral en TikTok’, no que terán a posibilidade de tomar parte rapaces e rapazas a partir de 10 anos -ata o 30 de decembro-. O vídeo gañador recibirá un premio. Así mesmo, e co fin de que os cativos e cativas poidan formular os seus desexos aos Reis Magos, o Concello porá en marcha un servizo de videochamada para o que será preciso reservar cita no teléfono 674 793 475 -dispoñible para nenos e nenas de ata 9 anos-. Esta é a alternativa que o Concello ofrece á tradicional recepción dos Reis Magos.

Pola outra banda, a oferta cultural inclúe un acto de animación musical o 24 de decembro no que se interpretarán panxoliñas ao longo de todo o municipio. O 26 de decembro ás 17.00 horas, o local Xente Nova de Tabeaio acollerá ‘Cantando polo Nadal’, con Xavi Longueirón. Durante o espectáculo, o artista dedicará unha canción á tradicional figura do Apalpador. A maiores, o 5 de xaneiro ás 20.00 horas emitirase un vídeo da recepción dos Reis Magos por parte do alcalde, Francisco Javier Gestal. Os nenos e nenas que desexen formular os seus desexos ás Súas Maxestades de Oriente poderán facelo depositando as súas cartas no buzón real situado diante da Casa Consistorial. Este elemento estará disposto desde o 26 de decembro ata o 5 de xaneiro.